26 Febrero, 2009
Escrito por: Redacción NF
Temas: Caixón de sastre
O pasado luns 23, en pleno entroido, xuntábase na Casa de Exercicios de Santiago máis dun centenar de xoves, animadores, monitores,… de Galicia nun Encontro organizado pola Interdiocesana de Pastoral Xuvenil de Galicia.
O encontro estaba animado por Martín Valverde, a súa muller Elizabeth e Kiki, un músico arxentino que colabora con eles. Entre canción e canción, testemuños, xogos e moita música, foi pasando o día.
Esta experiencia foi semellante á vivida por quen se achegou ó Cine Salesianos en Vigo, ou ó Auditorio de Vimianzo, onde o cartel “Non hai entradas” tivo que ser colgado. Os concertos, longos e animados, foron un compartir música, vivencias, fe e sentimentos. Quen tamén puido compartir con eles todo iso, foron os presos do Centro Penitenciario de Teixeiro que tiveron a posibilidade de ver actuar a estes músicos, e incluso compartir con eles, xa que alí hai un grupo que anima as celebracións do cárcere, e que actuaron de “teloneros” de Martín Valverde e a súa banda.
Sen duda, foi un soplo de aire fresco
Xa van 4 comentarios
07 Febrero, 2009
Escrito por: Redacción NF
Temas: Convocatorias, Música


A verdade é que non se ve moito o folleto informativo, polo que aquí vai o resto:
+ Concertos de Martín Valverde:
Venres, 20 febreiro: Cine Salesianos, de Vigo. 20.30 h.
Domingo, 22 febreiro: Auditorio de Vimianzo. 19.00 h.
As entradas pódense conseguir anticipadamente a través das Delegacións diocesanas de P. Xuvenil, na Librería “Egeria” de Santiago e na Librería Salesiana de Vigo.
+ Curso de Música: sábado, 21 febreiro no Centro Xoan Paulo II do Monte do Gozo en Santiago. 9.30 – 18.00 h.
+ Curso de formación para animadores, catequistas, xoves, monitores,…: 23 de febreiro, na Casa de Exercicios de Santiago. 10.30 – 19.30 h.
Para calquera consulta ou para apuntarse: dedinexmf@yahoo.es
Xa van 25 comentarios
23 Mayo, 2008
Escrito por: Redacción NF
Temas: Convocatorias

Dende a Delegación de Infancia e Xuventude chéganos algunhas das actividades que terán lugar na nosa diocese durante o verán:
- Encontro Gran de Mostaza (nenos)
data: 14 xuño
lugar: casa diocesana de Miño
horario: 11.30 h. a 18.00 h. aprox.
destinatarios: nen@s ata 12 anos.
información: nas parroquias e na secretaría de Dedinex (As Pedreiras 6. 27800 Vilalba. 982510406)
data: 11-20 xullo
lugar: mosteiro Vilanova de Lourenzá (Lugo)
destinatarios: nenos e nenas nacidos entre 1992-99
información: nas parroquias ou campadiocesano@hotmail.com
- Encontro Gran de Mostaza (adultos)
data: 12-14 setembro
lugar: casa diocesana de Miño
destinatarios:
animadores xóvenes: chegarían o día 12 ás 21.00h. ata o domingo.
rapaces de 16-18 anos: só o día 13 neste horario: 10.30 ata 18.00 h. aprox.
Estás convidado!
Xa van 29 comentarios
21 Mayo, 2008
Escrito por: Redacción NF
Temas: Caixón de sastre

É unha das actividades estrela de cada verán. O Campamento Diocesán da nosa diocese espera xa as inscricións de todos aqueles nenos e nenas nacidos entre 1992 e 1999. Este ano celebrarase no fermoso mosteiro de Lourenzá entre o 11 e o 20 de xullo. O prezo da actividade é de 100 euros e a data tope para preinscribirse remata o 16 de xuño.
Se estás preparado para vivir na natureza, facer moitos amigos e compartir unha experiencia distinta con Xesucristo, non o dubides. Este é o teu lugar.
Deixámosche o tríptico para te inscribir (.doc). Se tes dúbidas, podes escribir a campadiocesano@hotmail.com ou chamar ó 636010678. Se o precisas, tamén podes falar co teu párroco ou catequista para recabar máis información sobre o campamento. Esperamos verte en Lourenzá!
Descarga o tríptico con toda a información (.doc)
Xa van 28 comentarios
19 Mayo, 2008
Escrito por: Redacción NF
Temas: Convocatorias, Crónica de actividades, Música
Por decimoterceiro ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita o sábado 26 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional.
O lema deste ano era: Pon voz á esperanza!!, entendido como unha chamada que Deus nos fai a ser a súa voz, a pronunciar sempre unha palabra de esperanza cristiá, a anunciar incansablemente a Boa Nova da Salvación, tendo en conta a última encíclica de Benedicto XVI (Spe Salvi).
Ás dez e media da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes unas 250 persoas.
Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil e o grupo gañador da categoría xuvenil do ano pasado, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar o concerto que nos ofreceu Nico Montero, cantautor cristián coñecido en toda España.
No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación, un trofeo e un CD de Nico Montero. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes, e por colaboradores da Delegación de Pastoral Vocacional entendidos en música. O primeiro premio da categoría infantil foi para o grupo do Colexio Xesús Maestro de Ferrol, das Discípulas de Xesús, de Ferrol. Na categoría xuvenil os tres grupos participantes decidiron que as súas actuacións non entrasen en concurso, compartindo as súas cancións pero evitando competir entre eles.
Ninguén dixo nada →
24 Abril, 2008
Escrito por: Redacción NF
Temas: Caixón de sastre

Unha nova edición do Festival da Canción Vocacional celébrase en As Pontes esta fin de semana.
Ademáis do tradicional concurso de cancións, o festival botará o peche co tradicional artista invitado, que ofrecerá un concerto-testemuña. Este ano trátase de Nico Montero. O cantautor, cooperador salesiano, leva 15 anos compoñendo e cantando sempre dende o compromiso católico.
Dende a Delegación de Pastoral Vocacional mándanos o programa do día:
10,30.- Chegada e acollida
11,00.- Saudo. Oración
(mentras reúnense os representantes dos grupos para sorteo e indicacións)
11,30.- Actuacións sección infantil
12,30.- Ensaio cantos
13,00.- Celebración
14,00.- Xantar
16,00.- Actuacións sección xuvenil
17,00.- Concerto –Testemuño (Nico Montero)
18,30.- Descanso. Merenda
19,00.- Entrega de premios e diplomas ós participantes. Despedida
Moita sorte a todos!
Xa van 6 comentarios
24 Enero, 2008
Escrito por: Redacción NF
Temas: Pascua Xove
Pode que xa teñas visto este cartel na túa parroquia. O equipo que cada ano organiza a Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol xa está a traballar para facer da semana do ano máis importante para un cristián unha experiencia única.
O lema escollido este ano é “Sede auga”, nun cartel que combina un chisqueiro cunha chamarada líquida. Segundo a propia organización, “o chisqueiro é o símbolo do lume por excelencia, de gran simbolismo na nosa celebración. A auga recolle moita da base do cristianismo xa que por ela entramos no bautismo”.
A Pascua invita abertamente a tódolos rapaces e rapazas de 15 anos en adiante a pasar eses días en comunidade, reflexión e celebración. ¿Qué pode esperar da Pascua alguén que nunca fora? A organización responde: “Esperar, ó mellor espera pouco. Ademáis, hai moitos prexuizos. O que está claro é que alí vaise atopar co que non espera: unha forma de vivir os momentos mais importantes para un cristian dunha maneira xove, emocionante e que se entende”.
O prezo polo material, aloxamento e comida os catro días é de 45¤, con axudas dispoñibles en caso de necesidade.
As inscricións pódense mandar directamente a pascuaxove [arroba] gmail.com ou por correo postal a: Asociación Pascua Xove. Seminario Menor de Sta Catalina. Praza do seminario, s/n 27740 Mondoñedo (Lugo). Todas as inscricións deberán incluir: nome completo, data de nacemento, enderezo postal e electrónico, teléfono e parroquia. Os menores de 18 anos precisan, asimesmo, unha autorización paterna firmada.
Dúbidas ou suxerencias, no seguinte teléfono:636010678.
Descarga o cartel a tamaño completo | Descarga o tríptico | A Pascua outros anos
Xa van 10 comentarios