.:Libros:. Resistencia
Desta volta decídome a presentarvos unha novela en galego, para introducirnos un pouco no panorama actual tan prometedor que está vivindo a nosa literatura. O nome de Rosa Aneiros aínda non é moi coñecido, pero o certo é que a súa mestría para a narrativa xa está traspasando fronteira.
En concreto, Resistencia atópase entre o mellor da súa producción. A novela transpórtanos até o Portugal de primeiros do século vinte, para ir relatando a historia de dúas familias portuguesas ó longo de todo o século, centrándose especialmente nas figuras de Filipa e Dinís, dous namorados que verán as súas vidas marcadas pola ditadura primeiro e pola revolución despois.
A pesares do que poda parecer, a obra no seu transcurso foxe de todos cantos estereotipos hai, presentando a historia de amor dende un punto de vista lonxano ó pastel habitual, anque mantendo en todo momento unha perspectiva poética e intimista, que afonda nos sentimentos das dúas personaxes principais e nos mostra como lles afectan os acontecementos que os arrodean.
Ademais, non deixa de botar unha ollada interesante á evolución social de Portugal ó longo do século pasado, mostrando os feitos máis importantes que viviron os seus habitantes dende a perspectiva das personaxes, aproveitando as descricións para plasmar costumes e modos de vivir.
De certo que non é unha lectura rápida, porque o estilo está moi coidado e busca a poesía da linguaxe en todo o que expresa, pero a historia atrapa ó pouco de comezar e anima constantemente a seguir ó longo das case catrocentas páxinas das que consta.
Concluíndo, é unha lectura para saborear despacio e con paciencia, pero que atrapa rápido e sen dúbida merece a pena.
Resistencia, de Rosa Aneiros. Publicada por Xerais en galego.




4 Abril, 2006 ás 18:12
No soy muy dada a dejar comentarios porque no es fácil ser imparcial, pero desde luego lo que he visto hasta ahora merece la pena, que sigan así estos cómentarios. No conocía esta obra y dudo que la hubiera llegado a conocer de no ser por NF, y desde luego esto invita a la lectura. Espero que siga así mucho tiempo. Mucho ánimo con esos comentarios que lo estás haciendo muy bien.
4 Noviembre, 2006 ás 13:39
Thank you!
[url=http://lndzjzrf.com/rvqs/iujw.html]My homepage[/url] | [url=http://motyzdzj.com/aazb/wiko.html]Cool site[/url]
4 Noviembre, 2006 ás 13:40
Thank you!
My homepage | Please visit
16 Noviembre, 2006 ás 9:50
Well done!
My homepage | Cool site
18 Noviembre, 2006 ás 11:35
Nice site!
My homepage | Cool site