Chega o advento
“Mira: Mándoche diante o meu mensaxeiro, para que prepare o teu camiño. Unha voz clama no deserto: preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.
Presentouse Xoan no deserto bautizando: pregoando un bautismo de conversión, para lograr o perdón dos pecados.” Mc. 1,1-4.
Autor:
Xabier Cortada, Nado en Albany (Nova York) de pais cubanos é avogado e un home moi comprometido no traballo xudicial con xovenes e nenos en Miami Dade onde reside dende neno. Cortada pon o seu talento artístico ó servicio da creación de obras de forte contido social.
Reflexión:
A obra que presentamos posúe unha gran forza, pola súa combinación de cores e a potencia do seu significado, amosa nunha ollada a vida e misión de Xoan Bautista, capaz de pregoar a súa boa nova despois de morto; todo o seu ser convértese na súa propia voz, esa que berra no deserto, esa que non pode calar nunca porque a denuncia do inxusto non debe calar. Porque nada, nin niguén pode calar a quen ten algo que dicir para o mundo.
As nosas, as miñas pregunta para este Nadal, tremendamente descafeinado, enormemente consumista, nun mundo cheo de inmensas diferencias, fames, guerras, maltratos:
- Son consciente destas realidades que me envolven?
- Cales son os desertos onde debe berrar hoxe a miña voz?
- Como cristián/á a miña forma de vivir e actuar está de acordo co evanxeo?
- É a miña unha actitude de denuncia, de compromiso concreto nestas datas para que algo mellore ou cambie?
Non é tarefa fácil, a algúns levoulles “a cabeza e maila vida”, por iso cada vez atopamos máis persoas que nin siquera queren celebrar o Nadal, non significa para eles nada de nada.
Invítote nos comentarios a facer a túa propia reflexión sobre o cadro, sobre o que está aquí escrito, sobre as tuas propias preguntas sobre o Nadal, pode que entre todos…





11 Diciembre, 2006 ás 23:59
O Nadal está moi arraigado entre nos como unha tradición culturalmente aceptada de xeito holistico, e é moi difícil que non se celebre aínda que sexa do xeito máis mínimo. A min encántame o Nadal, pero tamén sei ver os aspectos precarios e sobre todo consumistas que se fan destas datas, mezclando o agarimo e o sentimento do Nadal co consumo. É moi difícil non consumir algo mais da conta nestas fechas, e tamén sei que se nos paramos a pensar nas persoas que morren, que teñen fame, que nen sequera teñen onde pasar estas festas (persoas do noso carón, sen ir mais lonxe) chegámonos a sentir miserables e culpables por esta sociedade que alimentamos se queremos sobrevivir nela; pero por outra parte, tamén estamos no noso dereito a disfrutar estas fechas do mellor xeito que podamos ou saibamos… e isto diceo unha educadora social en proceso. Non quero que sone de xeito egoísta, nen estou dicindo que non nos debamos de preocupar polas persoas mais desfavorecidas… o que me molesta é que o sentimento de “solidariedade” só asome no Nadal porque estamos mais susceptibles grazas ós anuncios dourados das burbullas de Freixenet, ó turrón de “vuelve a casa por Navidad” ou o mítico anuncio ó que se lle outorga o cliché de calidade de Coca – Cola. A realidade na que vivimos está vixente os 365 dias do ano, as 24 horas do día, e debemos de preocuparnos por estas desigualdades das que, volvo a falar, temos ó noso carón, no noso propio pais, na nosa comunidade, na nosa cidade, pobo ou barrio. O sentimento de compromiso, esta vena sentimentaloide que nos xorde deberiamos de aplicala sempre, e non de xeito sectorial. Por iso, entendo que para moita xente o Nadal sexa unha fecha “falsa”, chea de sentimentos que non son reais, falsos, aínda que soe forte.
¿É a miña actitude nestas fechas, unha actitude de denuncia? A miña actitude de denuncia é sempre, e por iso ó mellor lle atopo outro sentido ó Nadal que moita xente non lle atopa. Considero que é moito peor a falsedade que o consumismo navideño.
Dito sexa de paso… boas festas : )