.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Diciembre, 2005

Cando falamos dos xoves

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, A xuventude, a debate Xa van 10 comentarios →

Antonio ValínCando se fala dos xoves, sempre se provocan múltiples reacción e opinións encontradas: ou se está a favor de todo canto fan ou en contra dos mesmos. Sempre é así, pero quen di iso, quen opina? Normalmente, cando escoitamos estas voces, e buscámo-los rostros que as din, non son precisamente xoves; son persoas relacionadas con este mundo, pero persoas que peitean canas e tentan disimular algunhas arrugas.
Que din os xoves disto? Que opinan eles mesmos do que son e lles preocupa? Que teñen que decir a cantos os demonizan ou aplauden? Como se sitúan?
Este é o tema que plantexamos nesta entrega de Nova Fronteira. Queremos escoita-las voces máis xoves e que nos digan qué se lles pasa pola cabeza, qué é o que lles angustia e fai felices, que medos e inquedanzas hai neles… e que o fagan desde eles mesmos, tal e como son, coas súas luces e sombras, coas súas ambigüidades.

“Muchos jóvenes se encuentran perdidos porque no tienen referentes”

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Concha Quintela, profesora de secundaria Tema: A Fondo, A xuventude, a debate Ninguén dixo nada →

Concha Quintela¿Cuáles son las preocupaciones y los intereses de los jóvenes hoy? Difícil pregunta porque no tiene una única respuesta.
Aparentemente sólo les preocupa su situación personal y el pequeño mundo que les rodea y sus intereses son divertirse y disfrutar al máximo el momento; no son jóvenes idealistas con ganas de cambiar el mundo, más bien son “niños protegidos” que no se esfuerzan porque siempre les dieron todo hecho y que piensan que siempre estarán los adultos para solucionar los problemas, sin darse cuenta que en breve tiempo ellos serán adultos y habrá otros jóvenes exigiendo, pidiendo…; pero esta respuesta surge pensando en los jóvenes (más bien adolescentes) como colectivo con el que trabajo a diario durante el curso escolar; no se interesan por nada, no les motiva nada, parecen seres amorfos seguidores de modas impuestas por las series de televisión.
Sin embargo, al pensar en algún joven en concreto sus preocupaciones e intereses son distintos. Algunos sólo piensan en conseguir un trabajo con el que ganar dinero para vivir bien; otros quieren formarse para dedicarse a lo que más les gusta, otros piensan poder ser independientes cuanto antes, incluso algunos, no muchos, quieren formarse para después ayudar a mejorar este mundo y muchos de ellos se encuentran “perdidos” porque no tienen referentes para poder crecer y madurar.

Xuventude, xeración de luces e sombras

31 Diciembre, 2005 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: A Fondo, A xuventude, a debate Xa van 3 comentarios →

José RamónPodemos partir da constatación obxectiva de que estamos non só nunca época de cambios, senón tamén ante un cambio de época no que todos estamos incluidos, non só os nosos xóvenes, e que polo tanto tamén nos toca ós adultos cuestionar o noso mundo para poder dar unha resposta positiva ó deles.

Unha das características máis subliñables que vexo, é que os nosos xóvenes están ante un futuro incerto que os abruma e no que quizáis non pensen con demasiada madurez, pero tamén é certo que éste, que podería ser un valor, deixa de selo porque prima na súa vida o presente, o “xa” e o “agora”. Pensar no futuro quedou esquinado en pro da búsqueda do pasalo ben, disfrutar da vida, e adquirir no menos espacio de tempo todo tipo de experiencias que os fagan homes e mulleres, tamén “xa” e “agora”. E ó mesmo tempo a xuventude é unha idade autorreferencial, é decir, defínese en referencia a sí mesma independentemente do mundo adulto.

Non é menos chamativo o ver como o ser xove é un obxectivo en si mesmo, polo tanto é lóxico deducir que os xóvenes non están nin moito menos apurados por ser adultos, viven a xuventude como unha etapa válida en sí mesma, viven unha especie de presente continuo que non se define por ningunha finalidade e proxecto que os trascenda, é máis, os compromisos que vaian adquirindo son puntuais, unha vez adquiridos ou acadados, dilúense. O mundo adulto foise desmitificando como meta atractiva e incluso xa os adultos queren voltar a ser xóvenes.

Facer unha análese de cómo é a nosa xuventude non é doado en tan poucas liñas, quizáIs os xa indicados sexan uns rasgos entre outros moitos que a caracterizan pero que non deixan de acotala. Así e todo teño postas ilusións e esperanzas nesta xuventude á que todos criticamos con demasiada facilidade pero á que nos custa ver como o motor da nosa sociedade e como a fiestra do noso futuro.

“Observo, maravillada, lo que pueden dar de si todos aquellos que se sienten jóvenes…”

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago Tema: A Fondo, A xuventude, a debate Xa van 5 comentarios →

Carmela LamasEscribir sobre las preocupaciones de los jóvenes escapando de los mitos y los tópicos, resulta complicado. Parece que sólo hay dos opciones, estar con ellos o contra ellos; resaltar su vitalidad o destacar su falta de interés por las cosas realmente importantes. Creo que el hecho de que tenga 21 años me sitúa claramente en una de las dos posturas, la de los que creen en el poder de la juventud, en su ilusión, en sus ganas de revolucionarlo todo. Me gusta pensar que los jóvenes podemos cambiar el mundo, o por lo menos, mantener la esperanza de que una sociedad mejor es posible.
Miro a mi alrededor y observo, maravillada, lo que pueden dar de si todos aquellos que se sienten jóvenes… Pienso en lo que nos inquieta y me ilusiona ver que estamos intranquilos, que somos capaces de movilizarnos ante las injusticias, de decir que no cuando algo no nos convence o de echar una mano cuando los demás lo necesitan… Me acuerdo ahora de todas las imágenes de los voluntarios del Prestige, que con motivo del tercer aniversario invaden de nuevo la televisión; todas aquellas personas que se acercaron a la Costa da morte, esas pequeñas hormigas blancas luchando contra un gran gigante negro. Observo que a los jóvenes nos preocupa nuestra familia y nuestro futuro, también nuestro presente, aprovechar ahora que conservamos esa capacidad para creernos mágicos, para hacer nuestra una frase de José Saramago: “En el mundo hay dos grandes superpotencias, una es Estados Unidos, la otra… eres tú”.

“O ecoloxismo, a xustiza, a solidaridade… non son focos de interese dos xoves”

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor Tema: A Fondo, A xuventude, a debate 1 persoa dixo algo→

Fran Dopico Para empezar gustaríame sinalar que creo que as xeneralizacións nunca son boas, por non ser fieis ó que sucede na realidade. O que eu percibo que lles preocupa ós rapaces e rapazas de hoxe en día debuxa un amplo abano de posibilidades que sería imposible abarcar nin en tódolos megas que o correo electrónico nos permite.

Pero, caendo no gran perigo da xeneralización, creo que a xuventude actual está preocupada por infinidade de cousas, todas elas cun denominador común. Non creo as afirmacións dos políticos (de tódalas cores e tamaños posibles) cando din que a xuventude está preocupada polo ecoloxismo, a xustiza, a solidaridade ou cousas así; non digo que esos temas non lles preocupen ós xoves, a lo menos a algúns, pero non creo que eses sexan os seus focos de interese.

Con moito pesar constato con demasiada frecuencia que os xoves que eu coñezo (dentro da Igrexa e tamén fora dela) teñen centrada a súa vida nas cousas materiais; cousas non despreciables, xa que algunhas son indispensables para a vida. ¿Canta xente nova non vive pendente de atopar un bo traballo, de ter un bo coche, de comprar un piso, de disfrutar da fin de semana a tope, de permitirse tal ou cal capricho,….? Xa digo que estas cousas non son malas, por necesarias (a lo menos algunhas).

A veces atopo xente, cada vez máis, cunha necesidade case que enfermiza de “ocupar” a cabeza coas cousas materiais e cando consiguen o que queren xa están desexando outra cousa (¿sera para encher algún valeiro?). Sinceramente creo que a culpa non é dos xoves, a lo menos non toda, somos (inclúome) o que mamamos, e iso é moi difícil cambialo. E iso si que é preocupante, que non nos preocupamos de cambialo.

.:Música:. Kairoi, un grupo que vive intensamente

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Javier Santiago, sacerdote diocesano Tema: Música Xa van 6 comentarios →

Escoita ó tempo que navegas!Esta canción chámase Carta a un general, do album Contracorriente.

Javier SantiagoPalabra grega, do plural Kairós, significa o tempo vivido intesamente. Con este nome o grupo musical Kairoi aportou ó ámbito musical cristiá momentos intensos de vivencia coas súas cancións, sendo un Kairós para todo o mundo da presencia de Deus Pai e Nai que nos ama e salva en Xesús.
KAIROI nace no ano 75 dende a experiencia dun grupo de irmáns maristas que comprenderon a música como un excelente medio para a evanxelitzación. Dende 1988 ata 1992 tiveron un gran número de actuacións en público, popularizando entre os movementos de xoves e as parroquias as cancións que xa apareceran en grabacións. Actualmente preparan temas novos e colaboran en proxectos musicais diversos.

Pode que este grupo a moita xente non lle diga nada, pero se participamos nunha eucaristía de calquera das nosas parroquias onde exista un coro xuvenil, de seguro que se examinamos os seus repertorios musicais descubriremos cancións de Kairoi.
Por exemplo: Jesús es, Jesús es Señor…; El Señor está aquí, nos regala su paz…; Caminad mientras teneis luz…; María, madre del amor das tu corazón al pie de la cruz…; El Señor es la esperanza de la vida y el amor…; Vale más hablar con Dios…; El Señor nos has reunido junto a Él…; Me has seducido, Señor, con tu mirada…; Tantas cosas en la vida nos ofrecen plenitud…; Como el Padre me amó yo os he amado…; Querido Padre cansado vuelvo a ti…; Paz en la tierra, paz en las alturas…; etc.
Como podedes comprobar, dende o ano 1979 que comezaron a darse a coñecer, Kairoi editou diversos proxectos musicais, a maior parte deles en lingua catalá, pero que tiveron gran difusión.

Portadas dalgúns discos de Kairoi

.:LIBROS:.Crónica de una muerte anunciada

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Suso Arnau, estudiante de Telecomunicacións en Vigo Tema: Libros Xa van 2 comentarios →

Suso ArnauSantiago Nasar morre asasinado diante da porta da súa casa. Así comeza e así remata esta historia, porque dende a primeira frase o narrador volve ó pasado e lembra todo o acontecido na vila dese personaxe os días antes de falecer.

Deste xeito sabemos do axuste de contas, por cuestión de honra, no que se veu envolto sen querelo, e como este o conduce á morte. Todos na aldea saben que o van matar, pero a novela transcorre sen que ninguén faga nada contundente para evitalo, até chegar ó final, xa anunciado dende o principio.

Crónica… é unha pequena xoia da novela latinoamericana, breve e cunha linguaxe coidada anque sinxela, asequíbel a todos e que fai a lectura fácil e agradábel. A pesares de coñecerse o desenlace, o argumento consegue manter o interese até o final (cousa que Dan Brown non conseguiu por moita intriga que lle botou) .
Crónica de una muerte anunciada
Ademais, deixa un oco libre para a reflexión: a Santiago Nasar vano matar por tema de honra, pero nin os mesmos asasinos o queren facer de boa gana, fano só porque se senten obrigados pola moral da súa sociedade, polos seus costumes supostamente relixiosos que transforman a honra familiar en algo máis importante cá vida dun alleo. O autor realza o absurdo desta situación para dar a entender o equivocados que están, e o irracional que resulta defender actitudes violentas dende o punto de vista da relixión.

E non dou máis detalles, que quero animarvos a que o leades vós mesmos. En resumo, unha novela fácil e interesante que non se pode perder!

(Publicada entre outros por DeBolsillo, e recomendada para lectores expertos e/ou maiores de dezaseis anos)