.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Enero, 2006

Exames

31 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 5 comentarios →

Día da paz

Comeza febreiro, e con el, a época de exames para os universitarios. Días para o estudio máis intensivo, para os agobios ou para tentar condensar e memorizar a materia de catro meses. Menos actividade social (e menos visitas a NF, segundo o contador), máis viaxes ás bibliotecas (que se enchen), e máis oracións que de cotío, esperando a aparición milagreira dun santo, ou a inspiración divina.

Aínda que cremos nalgúns milagros, por se acaso, moita sorte a todos!

Día Mundial da paz

30 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios, Oración Ninguén dixo nada →

Día da paz

Hoxe é o Día Mundial da Paz. Unha festa que na actualidade parece celebrarse só na escola. Nós celebrámolo á nosa maneira, falando de cine e lembrando algún poema. No día de hoxe o equipo de NF deséxavos a todos toda a paz do mundo, todo o amor que o corazón do home é capaz de dar.

Xeneral, o teu tanque é máis forte ca un coche

Xeneral, o teu tanque é máis forte ca un coche.
Arrasa unha fraga e aplasta a cen homes.
Pero ten un defecto:
precisa un conductor.

Xeneral, o teu bombardeiro é poderoso.
Voa máis axiña que a tormenta e carga máis ca un elefante.
Pero ten un defecto:
precisa un piloto.

Xeneral, o home é moi útil.
Pode voar e pode matar.
Pero ten un defecto:
pode pensar.

Bertold Brecht

O gran dictador

30 Enero, 2006 Escrito por: Raquel Barreira, profesora de Relixión Tema: Cine Xa van 226 comentarios →

Raquel BarreiraConsiderada como unha das mellores películas da historia, O gran dictador, do xenial Charles Chaplin, é tamén un canto á paz e á liberdade fronte ós totalitarismos de todo tipo.

A película estreouse en Estados Unidos en 1940, en medio de fortes presións e críticas. Chaplin tivo moitos problemas para facela, xa que os Estados Unidos eran neutrais naquel momento na guerra que asolaba Europa, pero axiña se convertiu nun gran éxito de público. Conta a historia dun barbeiro xudío que combatiu co exército de Tomania na primeira guerra mundial, e que volve á casa anos despois da fin do conflicto. Amnésico, non recorda practicamente nada do que aconteceu durante eses anos, e non coñece a situación política do país, no que Hynkel, un dictador fascista e racista, chegou ó poder e iniciou a persecución do pobo xudeu, a quen considera responsable da situación de crise que vive Tomania.
Fai click para ampliarChaplin utiliza a figura de Hitler para realizar unha brillante parodia de todas e cada unha das ideas políticas, culturais, sociais e económicas nas que se sustentaba o réxime nazi, desde a superioridade da raza aria á sumisión incondicional do individuo ao Estado, pasando polo antisemitismo.

Na época na que se rodou e se estreou O gran dictador o mundo non sabía do xenocidio que os nazis estaban levando a cabo co pobo xudeu. Tralo descubrimento de todo ese horror, Chaplin afirmou: “Se tivera coñecemento dos horrores dos campos de concentración non podería rodar a película, non podería burlarme da demencia homicida dos nazis; pero estaba decidido a ridiculizar a súa absurda mística en relación cunha raza de sangue puro.”

O gran dictador é unha película atemporal, que non perde vixencia co paso dos anos, unha mensaxe de esperanza e confianza na paz, na xustiza e na liberdade, que ten aínda máis forza se pensamos que foi escrita e rodada uns meses antes do inicio da segunda guerra mundial. A mensaxe do filme, clara e contundente, é suliñada por Chaplin no mítico discurso final: “Temos que axudarnos uns a outros, os seres humanos somos así. Queremos facer felices ós demais, non facelos desgraciados. (…) Neste mundo hai sitio para todo o mundo. O camiño da vida pode ser libre e fermoso, pero perdémolo. A codicia envelenou as almas, levantou barreiras de odio, empuxounos cara á miseria e as matanzas. (…) O odio dos homes pasará e caerán os dictadores e o poder que tomaron ó pobo seralle reintegrado ó pobo e así, mentres o home exista, a liberdade non desaparecerá.”

|Título orixinal: The Great Dictator| Dirección, producción e guión: Charles Chaplin|1940, EUA| Reparto: Charles Chaplin (barbeiro xudeu e Hynkel), Paulette Godard (Hannah), Jack Oakie (Benzino Napoloni)|

Os leigos debaten sobre a súa función na Igrexa

29 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades 1 persoa dixo algo→

Fai click para ampliar

Máis de 150 leigos celebraron o pasado sábado unha xuntanza en Mondoñedo, baixo o lema “Todos formamos un único corpo en Cristo”, que presidíu o bispo de Mondoñedo - Ferrol, Manuel Sánchez Monge.
Aínda que a neve cubría boa parte da diocese e a circulación por estrada non era doada, leigos de toda a diocese encheron o salón de actos do Seminario Menor de Mondoñedo, para debatir o seu papel no contexto parroquial, e compartir as experiencias nas súas respectivas parroquias de orixe.
Durante a súa ponencia, Sánchez Monge falou da necesidade de consellos parroquiais como órganos activos e de importancia no funcionamento pastoral, e animou na súa tarefa ós que xa están en funcionamento. Ó fío das reflexións do bispo, os asistentes xuntáronse por grupos para falar de experiencias particulares e xeitos de traballar.

Fai click para ampliar

O encontro, que comezou cunha oración dirixida por José Antonio Llenderrozos, contou coa representación de movementos como a HOAC ou Junior, entre outros. Ó remate, os asistentes compartiron un xantar, tralo que voltaron ós seus lugares de orixe.

Todas as imaxes do encontro atoparalas na nosa sección fotos

Dous días para o amor e as familias

28 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias 1 persoa dixo algo→

Cartel anunciador do encontroBaixo o lema “Amor e familia”, o amor cristián e de parella, o matrimonio, a educación na familia… serán tratados no encontro interdiocesano de animadores que se celebrará en Santiago os vindeiros 1 e 2 de abril.
Trátase dun encontro organizado por tódalas delegacións de xuventude das dioceses galegas, que contará con ponencias e talleres durante unha fin de semana. Entre os ponentes, o bispo de Mondoñedo - Ferrol, Manuel Sánchez Monge, que falará sobre o matrimonio cristián e presidirá a eucaristía do primeiro día. Tamén se escoitarán testimonios de matrimonios xoves, entre outros.
A este curso poden asistir animadores maiores de 18 anos de toda Galicia, e a data límite para enviar a inscrición é o 24 de marzo.

Sábado 1 de abril
10,00 Acollida
10,30 Oración
11,00 Ponencia: “O amor que é e que non é”, Fernando Moreno Muguruza
12,00 Descanso
12,30 Ponencia: “O matrimonio cristián”, Manuel Sánchez Monge
14,00 Xantar
16,30 Ponencia: “Educación na familia dende a liberdade”, familia Olguín
18,00 Café
18,30 Mesa redonda cos ponentes
20,00 Eucaristía presidida por Manuel Sánchez Monge
21,00 Cea e festival de títeres, co grupo Valiván

Domingo 2 de abril
09,00 Almorzo
10,00 Oración
10,30 Taller
12,00 Descanso
12,30 Comunicacións: Xornada Mundial da Familia de Valencia
14,00 Xantar
16,30 Eucaristía
17,30 Despedida

|Encontro Interdiocesano de Animadores “Amor e familia”| Casa de espiritualidade do Campus Sur, Santiago de Compostela |1 e 2 de abril | Información e inscripcións: Dedinex, Avda/ As Pedreiras, 27800 Vilalba. Teléfono: 982510406 | Precio do curso completo (pensión completa): 30¤ |

Malos tratos, violencia de xénero, violencia doméstica

28 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: A Fondo, Malos tratos 1 persoa dixo algo→

Cando hai uns días tratabamos en NF os malos tratos na nosa sección a fondo, faltábanos un punto de vista imprescindible: o legal. Gracias a Loli Prado, avogada de Vilalba e coñecedora da situación e realidade xudicial actual, adentrámonos con facilidade nos aspectos máis importantes da lexislación sobre o tema.

A xustiza e os malos tratosLa familia constituye el mayor espacio de privacidad de la persona. Pero, finalmente, el Estado ha tenido que “meterse” en la familia.
No sólo la ley, sino que la propia sociedad ha tomado conciencia de que hay un “problema”, y demanda soluciones a los poderes públicos.
Está claro que la solución pasa por un radical cambio cultural, pero entretanto, la “víctima” ha de ser, cuando menos, reconocida como tal, y después, protegida.
En lo que a la legislación se refiere, el camino se ha iniciado en 1999, con algunas pequeñas reformas en la ley penal, y ha continuado con medidas sociales y de protección de mayor calado, hasta llegar a la Ley de Protección Integral y a la reforma del Código Civil, con el llamado “divorcio-express”, de junio 2005. Algunos de los mayores esfuerzos se han centrado en decidir y concretar exactamente qué se entiende por malos tratos, violencia doméstica y violencia de género, con la creación incluso del Observatorio para la violencia doméstica y de género.
Se trata de comprender cómo en el hogar familiar se producen situaciones de especial desprotección para con mujeres, ancianos o niños, y perseguirlas penalmente. No es que los actos concretos de violencia quedaran impunes con la aplicación de la Ley General anterior: se trata de perseguir de manera especial, con la creación de un nuevo tipo penal, la violencia que tiene lugar en el hogar familiar, y como consecuencia de la convivencia.
Se tuvieron de tomar otro tipo de medidas, ente otras, la celebración de “juicios rápidos” (la respuesta al maltratador ha de ser inmediata), creación de juzgados de guardia; orden de protección y alejamiento… todas ellas acompañadas de modificaciones orgánicas de orden práctico, como son que todos los asuntos del mismo núcleo familiar hayan de tratarse en el mismo juzgado, incluso en un mismo procedimiento, para evitar el “peloteo de asuntos” que sólo perjudica a la víctima; o la creación de un registro central de las denuncias relacionadas con la violencia doméstica en el Ministerio de Justicia.
A xustiza e os malos tratosSin embargo, todo esto resultó insuficiente, y en el año 2004 se aprobó la ley 1/04 de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género (descargar PDF).
Con ella, el término de “violencia de género” se convierte en España en un concepto estricto, refiriendose a la violencia contra la mujer, en el hogar o en la pareja. La ley define a la violencia como “…manifestación de la discriminación, la situación de desigualdad y las relaciones de poder de los hombres sobre las mujeres…”. De su lectura se puede suponer que incluye la violencia de mujer a hombre, cuando se da como manifestación de una situación de poder, así como la violencia entre parejas homosexuales. No lo expresa claramente, así que los supuestos podrían restringirse a la violencia doméstica
Con la nueva ley, las penas al maltratador, aunque se agravan, son las que se fueron incluyendo en las sucesivas reformas desde 1999 hasta 2004. La medida estrella es, sin duda, la creación de los juzgados de violencia de género, con la apertura de juzgados en las mayores capitales, y la especialización de los jueces donde los juzgados especializados no lleguen.
Entre las lagunas, los puntos que se refieren a medidas de protección integral contra la violencia de género, quizás por las prisas con las que fue tramitada (influidas por la promesa electoral de Rodríguez Zapatero). Además, algunas cuestiones habrían de debatirse más detenidamente, con la ayuda de expertos, acompañando las medidas de más dotación económica.
En definitiva, y tras ver que los casos de violencia doméstica no disminuyen en número ni en gravedad, llego a la conclusión de que cualquier sociedad que haya de entrar a legislar los mínimos conflictos que puedan producirse entre la convivencia de sus ciudadanos está debilitada de raiz. Sin duda el reto es que el derecho penal se quede en la “intervención mínima”, y que la convivencia adecuada y correcta entre los ciudadanos derive de un propio convencimiento por la convivencia pacífica, la igualdad, la dignidad de todos… y no del temor al castigo y a la represión.

Más información en el Ministerio de Justicia, en la Guardia Civil, y en reportajes especiales de medios de comunicación.

O mundo lembra

27 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios, Oración Ninguén dixo nada →

Imaxe escollida pola ONU para o Día Internacional de conmemoración anual do Holocausto
Holocausto

Más que una pupila
que ve las dimensiones
y que registra lo que existe,
y que compara,
Dios es una ilimitada oreja
donde los vientos de plegarias
y los golpes del mar
contra las rígidas rompientes
se acumulan.

Dios no está sordo,
percibe el grito
de cada brizna pisoteada.
Pero su boca enmudeció.

Pupila que no registra ya, que no compara.

Una lágrima muy roja
cae sobre una montaña de cenizas.

Rodolfo Modern

Hoxe é o día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto