.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Junio, 2006

Nomeamentos diocesanos

21 Junio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Xa van 5 comentarios →

Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo - Ferrol, ven de facer os seus primeiros nomeamentos nesta semana, que afectan á organización da diocese. Renóvase o Consello de Consultores, algunhas delegacións e a dirección dos seminarios, maior e menor, que contarán con dous novos rectores.

Segundo o Servicio Diocesano de Comunicación, os nomeamentos son os seguintes:

  • Antonio Rodríguez Basanta, novo Vicario Xeral, en substitución de Félix Villares
  • Félix Villares, delegado de Patrimonio e membro do Colexio de Consultores
  • Gonzalo Varela, rector do Seminario Maior, en substitución de Segundo Pérez. Antonio Valín será o novo Director Espiritual, en substitución de Leocadio Posada
  • Segundo Pérez, encargado das relacións do Cabildo co mundo da Cultura, novo coengo
  • Cárlos Gómez Iglesias, novo rector do Seminario Menor de Mondoñedo, en subsitución de Félix Villares
  • Carlos Miranda Trevín, novo Secretario Diocesano de Pastoral. Elimínanse as vicarías territoriais
  • O colexio de consultores quedaría conformado por: Félix Villares Mouteira, Antonio Rodríguez Basanta, José Bello Lagüela, Segundo L. Pérez López, Rafael Lombardero García, Ramón Otero Couso, Juan Carlos Rodríguez Alvarez, Alfonso Gil Montalvo e José Antonio Llenderrozos López
  • Os novos delegados diocesanos son: José Velo Nieto, Misións; José Manuel Carballo Ferreiro, Catequese; José Manuel Quintana Amado e María Luisa Castro Mirás, de ensinanza; Félix Villares Mouteira, Patrimonio; e Carlos Gómez Iglesias, Beca Parroquial.

Santo Xuño

12 Junio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 115 comentarios →

Para os estudiantes, o mes de xuño é sagrado. Acábase un camiño iniciado en setembro ou outubro. Selectividade, exames finais, os últimos coletazos dun curso académico que nos fai saber que somos un ano máis vellos.

Cando chega xuño hai menos tempo para todo. Case todos os colaboradores de Nova Fronteira son estudiantes ou docentes, o que fai que coste máis escribir, por falta de tempo ou porque a angustia das probas require máis concentración da conta.

As nosas portas seguen abertas, e o noso enderezo de correo electrónico segue a funcionar, para todo canto material, crónicas de actividades ou ideas para lanzar ó mundo queiramos compartir entre todos.

De feito, trataremos de manter a actividade durante o verán. Fagamos de Nova Fronteira a fiestra na que nos encontrar con tanta xente á que probablemente non veremos ata que as aulas empecen a quentar motores.

E… se a necesitades… Moita sorte nos exames!

  • Últimas actualizacións na sección parroquias:

.:NF:. Vilalba -Pinchos solidarios por Malawi (da man das catequistas Angeles, Carmen e Mª Cruz)

.:NF:. Vilalba - Festa de Pascua (fotos e crónica de Angeles, Carmen e Mª Cruz, catequistas)

De convivencia en Foz

12 Junio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades Ninguén dixo nada →

Chéganos esta crónica, escrita en conxunto por rapaces de confirmación de varias parroquias da Unidade Pastoral de Vilalba. Os rapaces animan a todos a ser xornalistas por un día e escribir tamén as súas crónicas para seren publicadas en Nova Fronteira.

En abril, a finales, nos fuimos con nuestros catequistas hasta Foz, a un colegio de monjas para tener una convivencia. Ibamos a ser de toda la costa, pero al final sólo fuimos nosotros, Vilalba y demás.

Con todas las coñas, nos juntamos casi 50 de varias parroquias que llevan estos curas; también fueron nuestras catequistas. Allí estaban dos personas esperandonos: un tal Simón, que es profe de religión en S. Cibrao, y otra colega, Tere, que da clase en Burela. Ellos son los que llevaron la convivencia.

Después de hacer juegos de presentación, de esos que sirven para no pasar más corte, rezamos un poco y nos metimos en el tema: Ser cristiano. Preparó Tere un powerpoint y un pequeno trabajo de grupos. Y a comer!
Estuvimos jugando un rato en el pedazo pabellón que tiene ese colegio (qué pasada! ya nos gustaría, ya!) y después de la puesta en común, y otra oración, nos fuimos a la playa.

De regreso hablamos muchas historias, pero sí coincidimos en algo: nos gustó, lo pasamos bien y aprendimos cosas. Además, muchos vamos al mismo instituto, y así pasamos un día juntos.

Uno de los catequistas me animó a escribir esto, y el cura me dijo que le habían pasada las fotos, así que me animé. La verdad es que estuvo bien, y… en las fotos no estamos nada mal, sobre todo alguno y algunas.

Conclusión: cuándo hacemos otra? No sé que hablaban por ahí con el cura de ir a Cerceda en el verano; yo… me apunto por si se animan (habrá que animarse…

No pongo mi nombre, me da corte, pero si que me gusta escribir. Oye tíos, por que no contáis qué hacéis? Los catequistas nuestros nos animan a escribir, y vosotros que?

.:NF:. As fotos, no espacio web da parroquia de Vilalba

Ano rosendiano

04 Junio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Ninguén dixo nada →

O patrón da nosa diocese chámase San Rosendo. Naceu no 907, e tivo unha fonda pegada en Galicia, sobre todo na diocese de Ourense e Mondoñedo-Ferrol. Agora, estamos a punto de conmemorar o XI centenario do seu nacemento, e a maquinaria da nosa diocese púxose a traballar para celebrar a data como se merece.

San Rosendo non é un santo moi coñecido, aínda que si admirado, ó que moitas persoas en Galicia lle teñen unha grande devoción. Con este XI Centenario a nosa diocese, en colaboración con todas as de Galicia (en especial coa de Ourense) pretende achegar a figura deste santo a todos os diocesanos, e para iso teremos un Ano Xubilar, no que se enmarcarán diversas actividades: dende obras sociais ata congresos, exposicións, e mesmo un selo de correos.

Pero…¿quen é San Rosendo? O delegado do bispo para o centenario, Segundo Pérez López (coñecido xa de NF) resume en poucas palabras unha biografía cargada de grandes feitos: “foi bispo de San Martiño de Mondoñedo (Foz) Iria ( Santiago de Compostela) e promotor da fundación de numerosos mosteiros por todo o territorio do Noroeste peninsular, sendo a súa fundación emblemática o mosteiro de Celanova (Ourense) onde falecería o día 1 de marzo de 977. Esta abadía foi centro de referencia para máis de cincuenta mosteiros e priorados de toda España. Foi canonizado a finais do século XII polo cardeal Xacinto, legado pontificio, quen en chegando a Papa estendeu o seu culto para toda a Igrexa”. (sigue lendo).

Segundo Pérez, rector do Seminario Maior e do Instituto Teolóxico Compostelán dirixe unha comisión nomeada polo bispo, Manuel Sánchez Monge, na que hai dende estudiosos e académicos ata xornalistas ou párrocos de numerosas parroquias. Este grupo de traballo púxose en marcha hai meses para preparar o ano Xubilar que comezará tras o verán. Nel poderemos disfrutar dun amplo programa de actividades que xa adianta a páxina web creada para o centenario.

Os medios de comunicación xa se fixeron eco do centenario, comezando por Dumio, o suplemento diocesano de La Voz de Galicia, que lle adica un espacio relevante ó centenario. Nel podemos atopar unha entrevista con Segundo Pérez, a carta do bispo anunciando o centenario e unha primeira versión do programa. Podes acceder a toda a información sobre o centenario dispoñible na rede na web creada para tal fin.

.:Diocese:. Web especial para o XI Centenario do nacemento de San Rosendo