A relixión e as súas celebracións
¿Son relixión e celebración dúas palabras complementarias? ¿Son necesarias a realización dunha delas para a supervivencia da outra? ¿Non existe relixión sen celebración? Non falo de Celebración, con maiúsulas, senón de do que significa celebrar. Por suposto que as Eucaristías son bastante fundamentais para a relixión, pero non así todos eses actos paralelos que nos montamos ao principal.
A maioría de nós, en algún momento tomamos algún contacto coa Igrexa, tanto directa como indirectamente. Uns bautizáronse e aí quedaron, outros fixeron a primeira comunión e esquecéronse de todo. Os que deron outro paso, confirmáronse. Pero deles, non todos fixeron todo esto polo significado que iso ten, nin polo feito de pertencer á Igrexa e ser parte activa dela.
Non poucos o fixeron pola celebración, polo feito de conseguir moitos regalos, de estrear traxe, de facer unha comilona, de irse de festa… Por non falar de todo esa algarabía que se desprega nas vodas, e do pouco que se ten en conta o que iso significa en termos relixiosos… sen contar aos que se casan pensando na separación… ¡que mo expliquen!
Parece que na nosa sociedade, moitas persoas só ven o momento do nacemento dun neno como un gasto á hora do bautizo; que a 1ª Comuñón é un empeño porque non sabes que traxe poñer; que na voda a ver onde fas o banquete… pero non queremos darlle importancia ao que niso celebramos, simplemente ao como celebralo. Deberiamos ter en conta que ningunha desas celebracións existiría sen a relixión nin sen unha Igrexa viva. E iso é o que debemos manter.
Bautizáronnos para pertencer á Igrexa, tomamos o corpo de Cristo porque cremos niso, recibimos ao espírito santo porque así o quixo El, e se casamos prometémonos moitas cousas diante de Alguén…

Porque la Navidad es como las olimpiadas, no como las de ahora, sino como las de antes. En la antigua Grecia cuando se celebraban los juegos todo se paraba: el trabajo, las guerras… para que la gente acudiera a Olimpia a disfrutar de las competiciones. Era un tiempo de paz.
Para variar un pouco nas nosas leituras, de cando en vez convén submerxirse no mundo da poesia, que nos permite desfrutar de pezas curtas, intensas e de gran beleza. Unha boa maneira é acudir á obra de Mario Benedetti, por exemplo con unha antoloxia dos seus mellores poemas.
Esa é, precisamente, parte da sua xenialidade: sinxelos ou non, todos os seus poemas entran na nosa mente e nos resultan agradábeis, mesmo non sabendo dicer por que. Tal era o seu empeño en que isto acontecese que chegou a compor alguns para que fosen cantados e asi se divulgasen mellor.
Antes de comenza-lo advento reunímonos en comunidade para falar sobre cómo imos vivilo e qué facer ó longo dese tempo de preparación para estar ben atentas á chegada do Señor Xesús en cada acontecemento e vivencia.


