Cando falamos dos xoves
Cando se fala dos xoves, sempre se provocan múltiples reacción e opinións encontradas: ou se está a favor de todo canto fan ou en contra dos mesmos. Sempre é así, pero quen di iso, quen opina? Normalmente, cando escoitamos estas voces, e buscámo-los rostros que as din, non son precisamente xoves; son persoas relacionadas con este mundo, pero persoas que peitean canas e tentan disimular algunhas arrugas.
Que din os xoves disto? Que opinan eles mesmos do que son e lles preocupa? Que teñen que decir a cantos os demonizan ou aplauden? Como se sitúan?
Este é o tema que plantexamos nesta entrega de Nova Fronteira. Queremos escoita-las voces máis xoves e que nos digan qué se lles pasa pola cabeza, qué é o que lles angustia e fai felices, que medos e inquedanzas hai neles… e que o fagan desde eles mesmos, tal e como son, coas súas luces e sombras, coas súas ambigüidades.




24 Enero, 2006 ás 20:32
Dinlle moitas voltas a este tema desde que o vin aquí colgado e finalmente, e aínda non moi convencida, decidín aportar a miña perspectiva.
Teño dezanove anos, ¿adolescente ou adulta? Non estou de acordo en que a idade sexa un factor que defina cal é o paso da adolescencia á madurez. É un factor que inflúe, por suposto, pero se saímos á rúa podemos atopar unha rapaza de dezaseis anos tan madura ou máis que unha de vinte, independentemente da experiencia que aportan os anos.
Tampouco estou de acordo coas xeralizacións, para nada. Nen coas críticas persistentes ós xoves. Nen estou de acordo coa xente que quere dicir: “o los/as tomas, o los/as dejas”. E que conste, que todas estas “negacións” que aquí describo, non son froito da “rebeldía da pubertade”; eu eso xa fai uns anos que o pasei…
Moitas son as cousas que nos preocupan ós xoves. A cada xove preocúpannos cousas nas que podemos, ou non, coincidir, igual que lle pasa a calquera persoa sexa cal sexa o seu momento evolutivo. ¿Entón porqué facer diferenciación coa xente nova? Hai a xoves ós que lles preocupa a solidaridade, a familia, os amigos, os coches, o ecoloxismo, a igualdade, ter un traballo, rematar os estudos, saír de marcha o sábado e facer antes o botellón cos amigos, botar en parella, aforrar cartos para mercar ese instrumento que fai tanto tempo desexas… ¿Difire tanto das persoas denominadas “maiores”? Sí, as responsabilidades. Certo é que non é lóxico que un xove teña a cargo unha familia que manter ou unha vivenda que pagar, pero ¿son menos importantes as responsabilidades dun xoven? ¿A caso non hai persoas que teñen que pagar un piso, un coche ou manter unha familia e son uns irresponsables? ¿…?
Vale, certo é que hai un gran sector da xuventude que está, como diría miña nai, “fóra do tarro”, que non lle teñen un respeto a nada nen a ninguén, que non teñen valores, que pensan que a súa palabra é a única que vale, a única que se pode oír. Xuventude que non valora nada, que non se moven por ninguén, que soamente pensan no seu benestar e en ter a última PlayStation para fardar ante “as nenas” ou comprar esa minisaia para “ghastar pista” o sábado na discoteca, pero ¿de quen é culpa en parte iso? ¿Onde están ese pais tan hiper – responsables que deberían de estar educando a eses fillos e a esas fillas? ¿Soamente son uns irresponsables eses xoves ou hai uns adultos por detrás que aínda son peores que os xoves? Ben sei tamén que cando o carballo nace torto non hai quen o poña dereito, pero non sempre é así. Non tódolos nenos e nenas nacen rebeldes de por sí e medran sendo rebeldes. Hai que inculcar valores, teñen que ver exemplos, moverse en espazos enriquecedores, e eu penso que esa é un dos pilares nos que moitos xoves coxean.
Tampouco me proclamo defensora dos xoves por excelencia, soamente procuro que non se xeralice, pois todos coñecemos xente responsable e irresponsable independentemente da idade.
Hai unha cousa que ós xoves non se lles pode negar: esa forza e esas ganas por moverse, por cambiar, por innovar, esas ganas de gritarlle ó mundo, de impoñerse e de intentar, por moi pouco que sexa, cambiar as cousas. Non considero ós xoves egoístas… hainos, igual que hai adultos e persoas da terceira idade.
E para ir rematando, estou totalmente de acordo con Valín en que moitas das persoas que opinan son “persoas que peitean canas e intentan disimular algunhas arrugas”. Non hai que esquecer que todos foron xoves, a pesar das profundas diferencias cos tempos que corren. “Xuventude só hai unha…”
19 Julio, 2006 ás 6:02
Good design!
[url=http://vrrjwunn.com/lkni/eikb.html]My homepage[/url] | [url=http://iemesvjd.com/hfuj/esoi.html]Cool site[/url]
19 Julio, 2006 ás 6:03
Thank you!
My homepage | Please visit
23 Agosto, 2006 ás 0:50
Nice site!
My homepage | Cool site
26 Agosto, 2006 ás 22:28
Good design!
My homepage | Cool site
16 Noviembre, 2006 ás 17:55
Good design!
My homepage | Cool site
19 Noviembre, 2006 ás 8:58
Great work!
My homepage | Cool site
23 Abril, 2007 ás 0:38
en q lugar se encontran os xoves hoxe en día é unha pregunta moi usual na sociedade, mas as conclusións q se chegan eu diría q non son as máis correctas.
a miña opinión é q, como de costume, a xente limítase a falar e non a escoitar, e ese é o maior problema dos xoves. é moi fácil evadir as nosas culpas en todo isto, en lugar de recoñecer como os nosos erros afectan as xeracións vindeiras. a educación conforta os pilares da persoa, e se non reparamos nesta responsabilidade non temos o dereito de crítica.
eu teño 19 anos, e con todo isto non estou querendo dicir q os xoves somos santos, pero a imaxe demonizada q se nos otorga tampouco non é a máis correcta.
7 Mayo, 2007 ás 13:19
suoneria polifonica nokia 3200…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Cando falamos dos xoves…
5 Junio, 2008 ás 15:11
None…
None…