A adoración do cordeiro
“ Ó outro día estaba outra vez Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: Velaquí o Año de Deus. Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús.”
O centro da escena está protagonizado polo Año sobre o altar. O sangue brota do seu peito e cae nun cáliz. Sobre él está o Espírito Santo. Varios anxos rodean ó Año cos instrumentos da paixón e incenso. Diante do grupo central hai unha fonte, a Fonte da Vida, da que mana a auga da vida Eterna; referencias unidas ó Bautismo e Eucaristia. A ambos lado da fonte grupos de persoas en actitude de adoración: profetas, apóstoles, patriarcas, papas, bispos. Na parte superior saindo do bosque dous grupos de santos mártires (levan a palma do martirio). Destaca na obra a súa estructura simétria e a meticulosidade descriptiva propias da pintura flamenca en xeral e de Jan Van Eyck en particular.
(Arte e Historia, traducción)
Adoración do cordeiro místico, 1425-29 (Fai click na imaxe para ampliar)
| Autor: Jan Van Eyck, pintura flamenca | Museo: Catedral de San Bavón | Oleo sobre tabla 137,7 x 242,3 cm.|
Reflexión
“Cando xa calou o canto dos anxos,
cando xa se foi a estrela do ceo,
cando os Magos xa voltaron ás súas terras,
e os pastores voltan ós seus rebaños,
entón comeza o programa do Nadal:
buscar ó que está perdido, curar ó ferido,
alimentar ó famento, liberar ó prisioneiro,
reconstruir as nacións,
conquerir a paz entre os irmáns,
encher de música o corazón”.
(Howard Thurman)





2 Agosto, 2007 ás 9:27
diane lane nude…
.:Nova Fronteira:. ” Blog Archive ” A adoración do cordeiro…