Bendita inconformidade
¿Por que sempre vemos o lado negativo das cousas? Case sempre que se fala da xuventude saen a relucir os seus “defectos”, que se é egoísta, que se é consumista, que se só pensa en pasalo ben sen importarlle os demais, que se tal, que se cual, que sei eu…
Xa é hora de romper unha lanza a favor da nosa xeneración (si, eu todavía me considero xoven). É certo que temos moitos defectos, como todo o mundo, pero non somos un cúmulo de defectos; tamén temos moitas virtudes. Os defectos debémosllos en gran parte á sociedade que nos educou (non digo ós nosos educadores, senón á sociedade na que nos imos insertando). Por iso é inxusto que agora se acuse ós xoves de ser como son.
A xuventude actual non é mellor nin peor que a de xeracións anteriores, é distinta como distinta é a sociedade, como distinto é o mundo, como distinta é a situación socioeconómica, política, cultural, etc…
Dicían hai unhas semanas que a xuventude actual non confía nas institucións, entre elas a Igrexa. Isto máis que como unha catástrofe ou un ataque hai que velo como un revulsivo. Ó mellor algo estamos a facer mal (ó mellor non, seguro). A xuventude non comparte os valores que a nós nos gustaría, pero iso non significa que non teña valores, haberá que ver cales son os seus valores e saber aproveitalos.
Un síntoma desta enfermidade que chamamos xuventude é o idealismo que se convirte en inconformismo ante unha realidade imperfecta. A medida que maduramos ímonos amoldando ó que hai e afogamos ese idealismo. Por iso é valiosa, necesaria e imprescindible a xuventude; porque é o toque de atención que nos di que as cousas non deben ser así, que debemos seguir esforzándonos por mellorar.
Valoremos á nosa xuventude por como é, que ten moitas cousas boas, e non a critiquemos por non ser como nos gustaría que fose.
Xoves, ánimo, que a nosa voz siga sendo un berro en favor do idealismo, da utopía.




27 Abril, 2006 ás 11:42
Me encanta este colaborador. En el buen sentido. Si al final hasta logrará cambiar mi forma de pensar. Y acabaré por comprometerme el algo “si no lo estoy ya implicitamente”. Eso si me gusta lo ver las cosas en positivo me gusta más. La visión de Fran y la de esta otra chica, Carmela, creo que están bien. Tenemos fuerza los jóvenes, eso si que es innegable. Pues, adelante como dice Fran
27 Abril, 2006 ás 11:51
Eu tamén penso como Fran, debe ser pola afinidade laboral. Nesa liña ía o que comentaba ai dous días. Bendita inconformidade. Certamente temos moito potencial, pero pechámonos a deixalo saír, o mellor cabería analizar o poruqe deste pecharse, pero dende logo precisamos moito desa inconformidade e seguir buscando a utopía.
27 Abril, 2006 ás 13:56
Buenas! La verdad es que no sabía muy bien en que entrada dejar mi comentario, porque creo que voy a hacer referencia a varias de las aportaciones del -que hasta día de hoy- es el último “A fondo”. (a ver que sale, que esto va sobre la marcha).
Dice Fran que la juventud es idealismo, vitalidad, inconformismo… lo que nos llevaría irremediablemente a la lucha, al querer cambiar todo aquello que no gusta, en definitiva al compromiso. De acuerdo.
Si le damos la vuelta llegamos a la idea de Moncho de que compromiso=juventud; que no necesariamente juventud=compromiso. ¿Cómo se resuelve esta paradoja?
Jóvenes ancianos, indiferentes, como cansados, “a su bola”… Dice Silvio en una de sus canciones que “el que siga buen camino tendrá sillas peligrosas que lo inviten a parar”. No creo que los jóvenes de hoy en día seamos, por definición, más pasotas, indiferentes o menos comprometidos, etc. que los que en otros días levantaron su voz contra todo aquello que les disgustaba. Sí creo que cada vez encontramos más sillas en el camino, que nos invitan a parar, que nos invitan a descansar cuando nuestro camino está todavía empezando. Aunque, como decía Concha, tampoco se trata de una característica exclusiva de los jóvenes (¡ni mucho menos!). No se debe de luchar contra la Sociedad; pero sí, por Ella.
Y todo esto nos lleva a… no lo sé muy bien. Supongo que a lo de siempre, a que no debemos parar, a que sí podemos descansar pero no dormirnos en el camino, a que hay muchas cosas por hacer pero que ya hemos hecho unas cuantas, a que no podemos desanimar porque nunca caminamos sólos. Me molestan los tópicos, pero tengo ojos en la cara y aunque a lo mejor llegue el día en que acallemos nuestro incorformismo, ese día todavía no está aquí. Queda mucho por hacer, así que… ¡a ello!
27 Abril, 2006 ás 17:09
BIEN!!!!
27 Abril, 2006 ás 19:24
Totalmente de acordo con Álvaro, hai que tirar para adiante co que somos e co que temos, e non conformarnos nunca, intentar mellorar as cousas, non deixarnos tentar por esas “sillas peligrosas” (preciosa canción).
28 Abril, 2006 ás 2:15
lembrade como sigue a canción esa que mencionades: “pero vale la canción buena tormenta, y la compañia vale soledad, siempre vale la agonía de la prisa, AUNQUE SE LLENE DE SILLAS LA VERDAD”.
Non hai que ter medo, e a xuventude é máis unha actitude ante a vida que unha cuestión de idade, e iso seino eu MOI MOI BEN :).
Tampouco hai que ter medo a ser poucos, nin a parecer únicos ou raros, ou cousas desas…O que si hai que facer é con palabras de S. Paulo…”Revestirse do Home Novo”, “fortalecerse coas armas da luz” porque isto é unha carreira de fondo, e non sempre será doado.Ah, e non esquecer outra cousa moi importante que lle dixo Xesús ós seus amigos, algo así como “Medrades máis si estades xuntos”. Xuntos, non pegados como se non houbera máis persoas no mundo, xuntos para medrar non para pecharnos no noso, xuntos para abrir portas a outros e outras.Bicos.
28 Abril, 2006 ás 18:14
Tere, quitáchesme o comentario do teclado; cando lía o comentario de Álvaro pensaba no remate da canción.
Iso é o que debemos ter claro. O que temos entre mans vale a pena. Ahí está a diferencia co pasotismo (eu non creo que os xóvenes sexamos máis pasotas agora que fai anos, o que pasa é que os temas que nos preocupan son outros).
Ernesto, alégrome que os meus comentarios che gusten. (Agora que non nos oe ninguén: seguro que se buscas ben, tamén atoparás en ti ese compromiso por algo, ainda que sexa compromiso por non estar comprometido).
30 Abril, 2006 ás 20:01
[…] persoas [Actualización; 20,06: Fran G. Dopico, responsable de Pastoral Vocacional, acláranos nos comentarios que os seus datos indican unnha participación aproximada de 300persoas]. […]
14 Septiembre, 2006 ás 8:08
Well done!
[url=http://wigetttz.com/kkpy/mtvs.html]My homepage[/url] | [url=http://ilcneyty.com/zosd/nriq.html]Cool site[/url]
14 Septiembre, 2006 ás 8:08
Nice site!
My homepage | Please visit
14 Septiembre, 2006 ás 8:08
Great work!
http://wigetttz.com/kkpy/mtvs.html | http://jgbzjxah.com/eviu/rytf.html
14 Septiembre, 2006 ás 8:09
Nice site!
[url=http://usqijnaa.com/zhff/ztaj.html]My homepage[/url] | [url=http://zxbsnebt.com/uwug/cyow.html]Cool site[/url]
14 Septiembre, 2006 ás 8:09
Great work!
My homepage | Please visit
14 Septiembre, 2006 ás 8:09
Thank you!
http://usqijnaa.com/zhff/ztaj.html | http://wiusqqms.com/ioff/nrzn.html