.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘A voltas co entendemento entre credos’

Atentado contra la libertad de expresión

18 Diciembre, 2006 Escrito por: Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos Xa van 3 comentarios →

Jose Ramon LopezTengo que confesar que hasta ahora no había leído la ya famosa clase magistral de Benedicto XVI en Ratisbona. Lo único que sabía es que algo había en ella que estaba crispando a mucha gente; algo del Islam…

Ahora que conozco el contenido del discurso y que localicé el centro de la polémica, pienso que quizás se le haya dado más importancia de la que tiene, que sólo es una cita de otro autor y que forma parte de un conjunto de ideas mucho más amplio.

Al mismo tiempo que surgían las críticas hacia las palabras del Papa, otras voces se alzaban porque se estaba atentando contra la libertad de expresión. ¿Será que estamos acabando con ella?

Según el diccionario la libertad de expresión es el estado de una persona que no está sometido a otro en lo que se relaciona con la manifestación de aquello que piensa.

La libertad de expresión está, ya para empezar, limitada por la ley, por ejemplo en lo que se refiere a la apología del terrorismo.

Pero no es la ley la que está acabando con ella. Terminan con la libertad de expresión los prejuicios porque, por sistema, hay que acallar determinadas voces que parece que nada le tienen que decir a esta sociedad.

Mata la libertad de expresión el miedo a la verdad, porque la verdad (no digo que sea el caso) a veces duele.

Acaba con la libertad de expresión la falta de respeto, porque no se trata de mi libertad, sino también de la libertad del otro para expresarse como quiera.

Muchas veces fallan también las formas, porque no hay solo una manera de decir las cosas, porque muchas veces somos más de la crítica destructiva que de la constructiva…

Unhas reaccións desproporcionadas

15 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos Xa van 185 comentarios →

Rematando xa co ‘a fondo’ acerca do entendemento entre relixións, reproducimos un artigo da pedagoga Ana de Canido sobre o tema.

Nun primeiro momento pensei que isto non era máis ca un novo ataque contra a Igrexa, dos moitos que se producen, dende os medios de comunicación, porque de todos é sabido que poucas son as noticias que falan positivamente da Igrexa.

Pero a medida que aparecían datos, artigos e crónicas do que estaba acontecendo nos países islámicos, sentinme na obriga de saber que “fora en realidade” o que “se dixera”, parecíame que tiña que ser moi grave, e serio, o dito, para que as reaccións tomaran tal calibre.

O Papa, no seu discurso fai mención ó profesor Theodore Khoury que edita o diálogo que un emperador bizantino, Manuel II Paleólogo, mantivo cun persa culto sobre o cristianismo e o Islam alá polo ano 1391 en Ankara; este diálogo fai alusión ás estructuras da fe contidas na Biblia e no Corán.

No sétimo diálogo editado por Khoury, o emperador toca o tema da “yihad”, a guerra santa, e diríxese ó seu interlocutor coa pregunta central sobre a relación entre relixión e violencia dicindo: “Amósame tamén o que Mahoma trouxo de novo, e somente atoparás cousas malas e inhumanas, como a súa directriz de difundir por medio da espada a fe que predicaba”, “Deus non se complace coa sangue –di o emperador-; non actuar segundo a razón é contrario á naturaza de Deus (…) Quen queira levar a fe a outra persoa precisa a capacidade de falar ben e razoar correctamente, e non recorrer á violencia nin ás ameazas (…)”.

O Papa o único que fixo foi mencionar, no seu discurso sobre “Fe, razón e universidade. Recordos e reflexións”, a esta publicación; en ningún momento da súa disertación fixo súas estas palabras, simplemente as citou… Con isto non quero decir que fose ou non o momento axeitado para tratar o tema; nin que estea ou non de acordo co dito. O que sí, é que me parecen moi desproporcionadas as reaccións posteriores no mundo musulmán (lanzamento de bombas incendiarias contra varias igrexas, asesinato dunha monxa, queima de símbolos da nosa relixión…); agora recordo o acontecido, non hai tanto tempo, cunhas “caricaturas” de Mahoma aparecidas nalgún xornal… as reaccións foron moi semellantes, e os xornáis debéronse retractar; nesta ocasión tamén o Papa, e no seu defecto o Vaticano, tiveron que dar explicacións…

Será que os únicos que temos que pedir perdón somos os occidentais? Será que os “outros” non teñen nada de que “arrepentirse”? Será que o perdón e o arrepentimento so nos “corresponden” ós católicos? Quero pensar que simplemente foi un malentendido, ou unha versión que chegou distorsionada do que en realidade aconteceu e se dixo; de non ser así, que nos queda ós cristiáns? Teremos que “mirar” antes de falar e opinar sobre as nosas conviccións, non sexa que con elas “manquemos” a alguén? deberemos andar con “pés de plomo” neste mundo tan plural no que estamos a vivir? que acontece con nós cando dende “outros” frentes somos atacados? cal é, ou cal debería ser a nosa resposta a eses ataques?

De multiculturalidade, respecto, tolerancia e outras herbas

10 Noviembre, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos Xa van 4 comentarios →

Tere NécegaMoitas veces penso que estas son simplemente palabras coas que políticos, profesores, relixiosos de diferentes confesións, ou simplemente persoas de a pé, enchemos a nosa boca pero que logo é moi difícil poñer en práctica.

Cando vexo cousas como as que ocorreron con motivo das viñetas de Mahoma, ou as de agora coas palabras de Benedicto XVI, doume conta de todo o que queda por facer, de todo o que hai ainda que educar, (si, xa saíu a miña palabra máxica…).

Veredes, a mín non me gusta a palabra tolerancia, non me gusta cando se fala das persoas, e explicarei porque, tolerancia é algo así como que “eu permito que…” e eu non son quen para permitir ou non nada…Tolerancia colócame por encima, no plano superior, con capacidade para decidir sobre o outro…Decididamente, non me gusta. E non me gusta tampoco ese eufemismo que tanto se utiliza agora de Tolerancia Cero para evitar decir intolerancia que é o que queremos decir: E eu pregúntome porque non imos ser intolerantes con algunhas actitudes, algunhas formas de provocar, algunhas formas de pensar, que nos están ofendendo: podemos ser tolerantes con quenes se poñen ó volante logo de beber e beber?, podemos ser tolerantes con actitudes terroristas?, debemos ser tolerantes cos que exercen violencia sobre as mulleres?

Debemos ser tolerantes cos violadores, pederastas, etc, etc? Pois… cada cousa polo seu nome e polo que a mín respecta eu iso non o tolero, ou se queredes, son intolerante con todo iso. Pero intolerante non significa, violenta ou agresiva, simplemente significa que non quero unha sociedade que permita, tolere esas cousas, e significa un compromiso personal para educarme Y educar non xa na tolerancia…que me coloca por enriba se non no respecto.

En canto á multiculturalidade, é unha desas palabras que sonan ben, que quedan bonitas nos discursos, nos proxectos curriculares, nos programas electorais etc, pero é unha cousa realmente complicada, alomenos ó meu xuizo, eu sinceiramente non creo que esa multiculturalidade se poida dar, ou se dea nestes momentos porque a multiculturalidade supón a aceptación das diferencias, e para aceptar ó outro como é hai que coñecelo e respectalo no seu, e ese respecto debe ser recíproco. Pero cando chegas novo a un lugar, con costumes, credos, ideas, formas de vida diferentes intentas amoldarte ó novo pero tamén buscas entre os teus a protección e o reforzo das poucas cousas que te vencellan co que deixaches. Esquecer isto, que é básico, é botar por terra calquera intento de relación enriquecedora.

Pero a mín e remato, gustanme máis outras palabras, que tampouco son a solución pero que me axudan a entender e entenderte. Gustame a palabra ser humano, para descubrir un fondo común no noso camiñar, gustame a palabra igualdade para decirche que tes o mesmo dereito ca mín a ser respectado no teu, gustame a palabra respecto para decirche que quero escoitarte, entenderte e valorar o que me dices, e para todo aquilo no que non teñamos de acordo…pois gustanme duas palabras: dialogo para escoitarte e que me escoites e consenso porque hai que aprender a ceder en cousas para gañar ó ser humano. E a última palabra educación, si educación porque sen ela non hai nada.

Por todo isto, penso que non é bo rirse ou burlarse do que para outros é sagrado ou importante nas súas crenzas, ideas, etc; penso tamén que non podemos responder a esas ofensas con violencia de ningún xeito; aquela paráfrase de Ghandi á lei do Talión segue sendo hoxe máis verdade ca nunca “ollo por ollo…todos cegos”.

Oriente e occidente

01 Noviembre, 2006 Escrito por: Moncho Noche, profesor de secundaria Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos 1 persoa dixo algo→

Moncho NocheÉ incuestionable o feito de que nos medios de comunicación, ao longo destes últimos anos, o tema do conflito ou choque de civilizacións para caracterizar ás relacións Occidente – Oriente está facendo correr ríos de tinta.

Dunha banda preséntase a Occidente como o símbolo da democracia e do diálogo, mentres que Oriente representaría o terrorismo, sempre co adxectivo de”islámico”e a intolerancia.

Oriente e occidentePenso que a división, na realidade, non está nin moito menos tan clara. Considerar ao mundo musulmán como terrorista e violento é unha redución ridícula e perigosa, posto que contribúe a xerar nos “occidentais” unha especie de paranoia colectiva ante os membros dunha relixión que está tan dividida en grupos enfrontados coma calquera outra.

Por outra parte, nese Occidente espállase como efecto dese medo a idea de que é preciso reducir as liberdades civís para asegurar a seguridade, o cal leva aos gobernos a establecer medidas tan discutibles e antidemocráticas coma o control das chamadas telefónicas dos cidadáns, polémica medida plantexada recentemente nos Estados Unidos.

É un tema complexo, onde os conceptos aparecen cheos de trampas; o espazo desta colaboración non dá para máis, pero gostaríame lanzar a seguinte pregunta ¿A quen beneficia este clima de inseguridade no chamado mundo occidental?

Non da puntada sen fío

30 Octubre, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos Xa van 5 comentarios →

José Ramón López OrozaLin con moita atención o discurso do Papa Bieito XVI en Ratisbona e a súa publicación coas notas correspondentes (máis actual), na que explica con detalle o que quixo dicir.

Baixo o meu humilde punto de vista é un bo discurso no seu conxunto, e a súa mensaxe, ainda que expresada con termos complexos, encerra unha verdade clara da que todos, en maior ou menor medida, falamos ou discutimos algunha vez: non hai ningunha contradicción entre razón e fe senón que máis ben a fe necesita da razón e a razón necesita da fe. Esta é a base da súa lección maxistral, e é certo, xa que sabemos perfectamente que unha razón soa sen trascendencia acaba convertíndose nunca ameaza que ten derivacións funestas: totalitarismos, apoderarse dela, etc. Por todo elo a cuestión de Deus tén unha dimensión pública e como tal ten cabida no fío universitario (onde el aportou dita reflexión)

A MecaPara dicir e aclarar que a razón e a fe se precisan o Papa emprega a famosa cita de Manuel II o emperador Bizantino. É evidente que o Papa empregou esa cita e non outra, é evidente tamén que quixo que fose así (non foi un descuido e sabía as repercusións que podía traer), o que me sorprende sobre maneira é que podendo utilizar moitas outras fose esa a que iluminase o que desexaba decir.

É discutible, pero non xustifica as reaccións fundamentalistas de moitos musulmáns que non entenden a súa propia relixión, que a malinterpretan, e que a simplifican ata extremos alarmantes deixándose levar por líderes ainda máis radicales. Non é un bo musulmán quen emprega a violencia; non é un bo musulmán quen non critica con dureza reaccións extremas dos seus propios compañeiros de crenza. Quizáis sexan estas cousas, entre outras, nas que deberíamos parecernos os crentes das tres grandes relixións monoteístas: búsqueda da paz, crítica da violencia en calquera dos seus extremos, búsqueda de unidade e non da división constante.

Nestos días déronse pasos neste sentido desde o mundo musulmán, onde unha serie de importantes intelectuais e líderes relixiosos de tódalas partes do mundo quixeron xustificar as palabras do Papa e quixeron achegar posturas cos cristiáns (a carta está publicada aquí).

Ese é o camiño que nos ilusiona ós amantes da paz.

De novo, en casa…

24 Octubre, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, A voltas co entendemento entre credos Xa van 4 comentarios →

Antonio ValínA verdade é que nunca nos fomos, pero si hai que recoñecer que estivemos moi liados noutras cousas, e ata agora, non puidemos retoma-lo traballo da nosa páxina; pero por fin, xa estamos de novo na casa, e con moitas e renovados pulos.
Nesta ocasión, gustarianos dar máis cancha a cantos nos seguides. Ás veces, estamos envoltos en polémicas, temas, e discusións que están na rúa, que tamén nos fectan a nós, e que sería moi bo compartir aquilo que pensamos e sentimos.
É por iso, polo que, neste comezo de curso, queremos pedi-la túa opinión sobre un tema que deu bastante que falar neste tempo, e seguirá no mes que vén ante a iaxe do papa a Turquía. Como podes intuir, o tema que propoñemos a comentario, é o discurso do Papa Benedicto XVI na universidade en Ratisbona, e as múltiples reaccións que este provocou.
O Papa recibe a líderes musulmánsFoi sorprendente a maraña de reaccións ante esas palabras pronunciadas polo papa, tanto no mundo musulmán coma no católico, e incluso, en ambientes lonxanos a esta realidade. Que hai detrás? que quixo decir? por que esas reaccións?,… son cuestións que están no fondo do sucedido, e tamén, en moitas das nosas conversas.
Queremos que nos digas cal é a túa opinión, que significado cres que ten, que entramado pode haber debaixo de tanta visceralidade,… Non é un mal tema para empezar.
Ah! e recorda que Nova Fronteira facémola entre todos: os teus comentarios, fotos, actividades, suxestións,… calquera cousa que penses sexa interesante compartila,… aquí te-lo teu espacio.
Por fin, xa está, de novo… na casa.