.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Botellón, nova forma de diversión?’

Dalle co botellón

30 Mayo, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Comments Off

José Ramón López OrozaQuixera achegarme a esta realidade non desde unha perspectiva negativa, para iso xa hai outros que o fan a diario e se adican a criticar sistemáticamente todo o relacionado coa “cultura” xuvenil. Máis ben quixera sacar en limpo unha cousa positiva dun fenómeno que en sí non o é de todo.Critícaselles ós xoves constantemente o individualismo galopante no que están inmersos, e o botellón é un dos fenómenos de colectividade máis chamativos. Xúntanse pandillas, xúntase megagrupos a falar, escoitar música e a beber (nalgúns botellóns son incluso sen alcol). Son manifestacións que demostran que os xoves están ávidos de atoparse, de disfrutar xuntos, de vivir a vida.
Todo isto lévame a plantexarme outras cuestións, ¿realmente dámoslles alternativas ós xoves para que cambien esta forma de encontro a redor do alcol, por outras máis saudables? ¿Que facemos na Igrexa, que somos todos, por ofrecer alternativas sociais chamativas para eles? ¿Que fai a sociedade en si? ¿Como nos posicionamos cada un dos cristiáns?
Se repensamos este fenómeno e sacamos as cousas positivas que del se desprende, podemos achegarnos, como Igrexa, a un colectivo (que pola nosa culpa) cada día se alonxa máis de nós.

Comentarios sobre o botellón

28 Mayo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Xa van 48 comentarios →

Neste último “a fondo” imos ensaiar unha maneira de comentar, para centralizar todos os comentarios sobre o mesmo tema. Se che apetece comentar calqueira dos artigos dos nosos colaboradores sobre o botellón, podes deixar o teu punto de vista nos comentarios desta entrada. Así, enriqueceremos o debate dende un único punto de encontro. As entradas publicadas sobre o novo a fondo: “botellón, nova forma de diversión?” son:


Antonio Valín - Un fenómeno que incomoda

Tere Nécega - O que me gusta e o que non, solucións?

Fran Dopico - ¿Que tipo de diversión buscamos?

Carmela Lamas - Detrás del ruido

José Ramón López Oroza - Dalle co botellón

Detrás del ruido

28 Mayo, 2006 Escrito por: Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Comments Off

Carmela LamasEl botellón parece haberse convertido en la mejor y casi única manera que tiene los jóvenes de “santificar” cualquier fiesta: el verano, el año nuevo, el final de los exámenes…

Pero, ¿Cuál es el principal problema del botellón? ¿El ruído? ¿Qué los jóvenes beban? ¿Que lo hagan en una plaza?… Muchos piensan que el botellón son sólo unos cuantos críos, irresponsables e irrespetuosos, que salen a beber a la calle con el único propósito de molestar. Es posible, pero hay algo más. Hay jóvenes que, desgraciadamente, no encuentran alternativas de ocio, que les falla la imaginación, o que no conocen el placer de beber solo aquello que te gusta, cuando apetece, cuando se puede y sin excederse. Hay chavales que simplemente buscan perderse en la masa, desaparecer… También hay quien quiere encontrar un espacio para hablar, para reír. A veces, únicamente, son niños o adolescentes que juegan a ser mayores agarrados a una botella de Kalimocho porque vieron en la tele que un macro- botellón es capaz de movilizar a más universitarios que el No a la guerra.

Por eso, me parece que lo más importante del botellón probablemente no sean el follón y la basura, ni siquiera buscar culpables si eso no vale para encontrar soluciones. Pienso que el principal problema es que detrás de todo este ruído hay un algo más, todos esos “algo más” de los que hablabamos antes, hay una cuestión de fondo…

¿Que tipo de diversión buscamos?

25 Mayo, 2006 Escrito por: Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Comments Off

Fran G. Dopico A cuestión do botellón pódese abordar dende moitos frentes. Poderíamos escoitar ós que o defenden como un lugar excepcional para atoparse cos amigos. Tamén poderíamos escoitar ós pais que se desentenden dos seus fillos ata unha hora concreta da madrugada na que deben volver á casa. Ou escoitar ós que non poden descansar ata esa mesma hora da madrugada porque debaixo da súa ventá está a ter lugar ese encontro entre amigos, celebrado a berro pelado. Ou podemos prestar atención ó servizo de limpeza municipal. Ou ós donos dos bares cercanos. Ou ós donos dos supermercados. Ou ás forzas de seguridade. Ou a calquera que atopemos por ahí, que seguro que ten unha opinión formada ó respecto. E seguro que todos teñen algo de razón, hai que recoñecelo, pero non en exclusiva.

A min o tema do botellón preocúpame na medida que me preocupa o estilo de diversión da xente nova, e cada día máis nova.

E volvemos a caer nas xeneralizacións. Pero partindo de que non son tódolos que están nin están tódolos que son, unha cousa é clara: a todo o mundo lle gustou sempre divertirse, pero a xente agora desfásase demasiado, penso eu. Nunca poderei acostumarme a atopar rapaces e rapazas de non máis de catorce anos borrachos e tirados nas aceras ou berrando abrazados como se fose a fin do mundo, e éme igual se están nunha praza pública celebrando un botellón ou se están saíndo da discoteca ou pub de turno.

E ahí radica para min o máis importante da cuestión do botellón. En que se xeneraliza un tipo de diversión destructiva (contraposta á diversión constructiva). E haberá quen o defenda; pero bueno, sempre houbo xente pra todo.

Un fenómeno que incomoda

24 Mayo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Xa van 111 comentarios →

Antonio Valín

Hoxe preséntovos un novo “a fondo” sobre o que non teño unha clara opinión: o botellón. E iso que o vivo ben de cerca pois onde resido é frecuente, sobre todo agora que mellora o tempo. Sempre me deu respecto a mezcla xove-alcol, sobre todo se o xove é moi novo; pero creo que no tema do botellón hai moita hipocresía.

A xuventude sempre ten un punto de rachar co establecido, e creo que debe ser así. Son froito do que mamaron e os adultos transmiten. Preocupa o botellón, pero por qué? pola suciedade e ruido? polo lío e pelexas que poida provocar? pola cantidade de alcol “peléon” que corre? Dame a impresión de que cando nos queixamos do botellón é porque ataca, cuestiona ou incomoda a nosa forma de vida “politicamente correcta”, ou porque supón un coma etílico co que non contabamos e nos pon o corazón nun puño..

Teriamos que cuestionarnos por qué hai xoves que o fan, e que en último caso sempre hai algún adulto responsable: onde está? E creo que aquí non valen as desculpas.

Parécenos preocupante, pero ninguén fala da facilidade para acceder ó alcol (supermercados, bares,… que anque non permitan a venta,… xa sabemos todos o que pasa); se o fan sen que se vexa, non ocurre nada, pero que estean no meu portal, no xardín ó que dá o meu cuarto, na praza onde levo os nenos a xugar,… iso si que non.

Non sei cal sería a solución; desde logo prohibilo non, e lamentarse tontamente, tampouco. Pode que haxa que facer unha revisión de cómo educamos, pero sei que iso dá medo.

Un día, alguén me dixo que era fácil falar porque non teño fillos; pode ser, pero tamén é verdade que os fillos son persoas (corpo, sentimentos,razón, espírito,…) e polo tanto non son de xuguete; hai que estar con, dedicarlles tempo e corre-lo risco de deixar que medren, pataleen e sexan inconformistas co recibido. Desde logo, creo que aquilo de “los niños aprenden lo que viven” segue a ser unha realidade.

Sigo dicindo o mesmo, non teño clara a miña postura ó respecto. Penso que hai alternativas pero que as teñen que descubrir quen fai botellón: de pouco sirve darlle pan a quen non ten fame nin quere comer. Ós adultos, o que lles queda é acompañar e sobre todo, pensar e pensar en que hai detrás.

O que me gusta e o que non: solucións?

24 Mayo, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: A Fondo, Botellón, nova forma de diversión? Ninguén dixo nada →

    Tere NécegaRecomendacións prácticas fronte ó tema do botellón:

  • O primeiro que eu diría é que debemos facer unha “viaxe en Globo”, si, debemos elevarnos sobre o chan para poder ver este problema desde outra perspectiva…
  • O feito de mirar as cousas a ras do solo impide que descubramos o conxunto: un grupo grande ou non tan grande de rapaces e rapazas que queren divertirse.
  • Absterse de comentarios que xeneralicen. Somos moi dados a facelo e se o fan con nós…non nos gusta .
  • Non todos/as os xovenes beben ata tolear, non todos/as son uns porcos que non recollen, ou andan descontrolados, ou bourean sen deixar durmir ós veciños.
  • O que me gusta:

  • É unha forma diferente de expresión, un cauce novo de encontro entre os rapaces e rapazas.
  • Logo dicen que non teñen inxenio!!! Vaia si o teñen para o que lles interesa: organización, capacidade de convocatoria…
  • Que os rapaces e rapazas poidan disfrutar, xuntarse, coñecer outra xente etc, etc.
  • Que atopen espacios e lugares donde non os estafen, nin lles dean garrafón, nin os menosprecien pensando que son tontos.
  • Que si queren divertirse xuntos nun lugar ó aire libre poidan facelo, sin que haxa un reproche continuado sobre as cousas que fan e como as fan.
  • O que non me gusta:

  • Non me gusta que a actitude duns cantos xovenes descontrolados marquen a valoración que temos dos xovenes e do seu modo de divertirse.
  • Non me gusta que os encargados de lugares de copas den garrafón en lugar de bos productos, e que cobren como si os deran.
  • Non me gusta, nada, nada, nada, que cada vez máis xovenes pensen que hai que emborracharse ou consumir outras drogas para pasalo ben.
  • Non me gusta que nas tendas se lles venda alcohol ós menores impunemente.
  • Non me gusta que algúns rapaces maiores de 18 anos sexan tan irresponsables que vaian mercar bebidas alcohólicas para que logo as consuman menores.
  • Non me gusta que se moleste ós veciños e que logo deses encontros todo quede feito unha “merda”.
  • Algunha solución:

  • Pois eu sigo coa miña teima particular: educación, educación, educación.
  • Educación para TODOS E TODAS, XOVENES E MAIORES.
  • Educación para coñecer e vivir dereitos e deberes de todos/as.
  • Educación nos valores da convivencia e do respecto ós dereitos de todos/as.