.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Malos tratos’

“Pocas veces pensamos en malos tratos cuando los educadores no ejercen su papel”

20 Enero, 2006 Escrito por: Concha Quintela, profesora de secundaria Tema: A Fondo, Malos tratos Xa van 3 comentarios →

Concha QuintelaCuando leemos, escuchamos o hablamos sobre malos tratos tenemos en mente agresiones físicas, psicológicas, verbales… pero pocas veces pensamos en malos tratos cuando vemos a padres, profesores, educadores… que no ejercen su papel; es decir, siguen la “filosofía del colegueo”: todos somos “colegas” y entre colegas todo vale. No existen las normas ni los límites porque son propios de seres autoritarios.
¿No es este un tipo, encubierto, de malos tratos? Los niños y los jóvenes crecen engañados por esos adultos porque cuando se enfrenten a la vida, más tarde o más temprano, lo van a hacer, se van a encontrar que no todo vale, que hay normas que deben respetar y límites que no deben cruzar. ¿A quien acudirán en esos momentos difíciles? ¿Dónde estarán esos adultos “colegas”?
Tal vez sea ofensivo comparar estos niños y jóvenes con las víctimas de los malos tratos, cuando muchas de ellas pierden su vida; pero, sinceramente ¿son bien tratados los niños a los que se les consiente todo? ¿No son en el fondo víctimas?

De Séneca ó mundo “de usar e tirar”

20 Enero, 2006 Escrito por: Carlos Gómez, rector do Seminario Menor de Mondoñedo Tema: A Fondo, Malos tratos Ninguén dixo nada →

Carlos Gómez IglesiasSeneca comenta que a gratificación inmediata das motivacións humanas é a consecuencia de buscar apoio no esquecemento do pasado, a despreocupación polo presente e o temor ó futuro.
Contan os sociólogos que a fraxilidade do momento actual está unida á indeferencia polo que xa foi e a desconfianza ante o que virá. Por tanto, o que para Séneca era desviación do camiño recto convírtese hoxe en norma que crea hábito. Caprichos do destino ou historias que se repiten no xénero humano?
A nosa época revélase, polo tanto, como inhóspita para a confianza, para a fe entre as persoas e con Deus. Esta inseguridade e incertidume, a falta de confianza polo senso vital, polas persoas, pola fe non nace hoxe no vacío. O desemprego estructural, a “flexibilidade, a convicción de que ninguén é irremplazable ou nin sequera necesario, as relacións sen fundamento, a acción sen reflexión, a valoración do estético sobre do ético… son todos factores que minan a autoestima personal e a confianza en calquer proxecto que vaia máis aló de mañá.
Debido a esta falta de confianza e seguridade a longo prazo a gratificación instantánea aparece seductoramente como unha estratexia razoable e ata razoada por moitos. Deste xeito a sociedade cre que é mellor evitar decepcións absténdose de crear hábitos e ligazóns ou establecer compromisos duradeiros. Así os obxectos disfrútanse sen demora, sen gusto e logo, paradóxicamente, ata se evitan. Somos deste xeito “adestrados” nun mundo entendido como contenedor cheo de obxectos non reutilizables, obxectos de usar e tirar.
Esta dinámica transfírese a alta velocidade de tal xeito que os vínculos entre as persoas, os grupos, os países vense como productos de consumo e non como algo a producir, conservar e alimentar, estando suxeitos ás mesmas reglas e criterios de evaluación que os demais obxectos de consumo.
Esta falta de confianza e inseguridade fai de nós seres que se rompen en fragmentos dividindo a vida en episodios inconexos, beneficiando unha esquizofrenia inconsciente que fai que o transitorio cobre ventaxa frente ó duradeiro.
Por todo isto hoxe máis que nunca compre que entendamos, celebremos e vivamos un novo tipo de relacións entre nós e eduquemos nunha pedagoxía da relación, dunha reinvención da excelencia da nosa fe en momentos e valores transmitidos desde a confianza na Rocha forte que os sostén.

Atallemos as causas, erradiquemos o problema

20 Enero, 2006 Escrito por: Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor Tema: A Fondo, Malos tratos Ninguén dixo nada →

Fran DopicoO dos malos tratos é un tema moi complexo e amplo. E nós caemos no perigo de amplialo máis. Non, non nos asustemos, non quero dicir que de repende nos levantemos e comecemos a golpes co próximo. Corremos o perigo de amplialo se non delimitamos ben de antemán ó que nos referimos. Persoalmente creo que é un erro meter no saco do maltrato, tanto físico como sicolóxico, todas aquelas actitudes ou accións que poidan causar dano. Existen moitos, demasiados, tipos de malos tratos; e cada un deles, ainda que con elementos comúns, merece un acercamento distinto.

No que se refire ós malos tratos físicos á parella, só pode ser motivo de debate o seu análise, o estudio das súas causas, as medidas a tomar, …, pero non a condena do feito, que creo que é unánime (ata os maltratadores, a lo menos a maioría, recoñecen que actuaron sen ser donos dos seus actos, por diversas causas, e de maneira irracional). Non hai defensa ou argumentación lóxica posible.

Para atallar o problema dos malos tratos deberíamos ir ás súas causas, tema sobre o cal nin os expertos se poñen dacordo. Pero unha cousa si é clara: a solución pasa pola formación das persoas no sentido máis amplo. A maioría, se non a totalidade, dos maltratadores son persoas cunha sicoloxía débil, con baixa autoestima ou con algún outro problema síquico, que recurren á violencia como escapatoria “fácil” ante as dificultades ou contratempos.

Quero rematar recomendándovos unha páxina web, Malos Tratos.com. Aquí atopareces artigos, datos e materiais para abordar este tema máis en profundidade.

Educar para non maltratar

20 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: A Fondo, Malos tratos Ninguén dixo nada →

Tere NécegaSon moitas as noticias, moitas as mulleres, nenos e nenas, anciáns e tamén algúns varóns que sofren esta lacra terrible. É tan terrible, está tantas veces na prensa, nos telediarios que parece que xa forma parte da estructura da sociedade na que vivimos, coma se fora un prezo a pagar polo stress, a tensión, os problemas personais.
Pero a mín cando penso nisto, tantas mulleres, tantos nenos e nenas sufrindo, tanta dor tanta tristura, tanto desprezo…Instintivamente penso no moito que queda por facer e sobre todo no que para mín é a aunténtica solución ó problema: A educación, sí ben sei que esta realidade que nos ocupa ten moitas frontes de actuación unhas máis inmediatas e outras a máis longo prazo, ben sei que mentras o longo prazo non chega sofren e morren mulleres, nenos e nenas; pero, ó que vou, educar para non maltratar, é para mín o talón de Aquiles desta lacra tremenda e dolorosa.
Educar, para que a igualdade non sexa unha palabra linda que empregar nos grandes acontecementos.
Educar para que o respecto ás diferencias se constrúa sobre a base do coñecemento do outro e da liberdade de cada persoa.
Educar para que a violencia verbal ou física non sexa o noso idioma máis universal.
Educar para aprender a vivir, e a con-vivir.
Educar para recoñecer no outro a un ser humano e non un obxecto de “usar e tirar”.
Educar para que ademáis do “yo, mi, me, conmigo” aprendamos a utilizar o “tú, ti, te, contigo”
Educar no valor do esforzo e do coñecemento personal, para aprender a afrontar os problemas desde o dialogo, desde a escoita.
Educar para que a miña vida, non se desentenda dos problemas, das dores, dos agobios do mundo que sofre.
Educar para que o meu corazón non quede frío ante a dureza da realidade que observo.
Educar para a compaixón, o compromiso, a solidariedade o amor a tenrura.
Educar, educar, educar…
E mentras les isto e oes tantas veces a palabra educar…non penses en educar ós nenos e nenas pequenos que están na escola, ou ós xoves do “botellón”, ou ós que están no cárcere por maltratadores, non, pensa en ti e en min, pensa nos que te rodean, amigos, pais, avós. educar…
Si, educar, e non deixar de apostar por educar, educar a tempo e a destempo, sempre, en cada ocasión. Educar sen desánimo, sen descanso, sen ceder ante a realidade abrumadora, ante a indiferencia de moitos. Educar, educar, educar. Porque a vida non é unha carreira de 100 metros lisos, a vida, dure o que dure, sempre é unha carreira de fondo, sempre.

Porque dentro de cada muller, neno, nena, anciá maltratados, que sofren hai un ser humano por recuperar, ó que hai que curar, cuidar, protexer e devolverlle a dignidade rota.
Porque dentro de cada maltratador, hai tamén un ser humano, irrecoñecible, desestructurado, corrompido, soberbio, vengativo, deshumanizado, desmoronado, violento, desfigurado, roto…Que hai que recuperar, se é posible.

Educar porque cada un deses seres humanos que sofren o maltrato verbal, ou físico son ademáis Fillos de Deus.
Educar para recuperar a eses Fillos doloridos polo sofremento, polas vexacións, polo insulto e o desprezo constante para que se sintan compadecidos, amados e acollidos, para que se sintan Seres Humanos e Fillos nos brazos dun Deus que os ama.
Educar tamén, para recuperar ó Fillo Desfigurado que hai en cada maltratador, para reconstruir nel a imaxe e a semellanza rota pola violencia.