.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Sacerdotes de hoxe en día’

Definiendo al sacerdote…

26 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día Xa van 2 comentarios →

*Por Mª Cruz Bello Peón, catequista de la parroquia de Sta. María de Vilalba

Si de repente alguien me pidiera una definición rápida de lo que es un cura, mi respuesta sería: “un tipo al que le patinan las neuronas”. ¿Cómo sino es posible que en medio de la sociedad en la que vivimos haya gente que se comprometa de por vida a hacer un seguimiento absoluto y radical de Cristo? Y es que hoy por hoy, eso de la religión no mola, el compromiso es una palabreja anticuada que sólo aparece en los diccionarios y el darse a los demás…, bueno, hay que estar tarado para hacer eso, oye, o machacas al vecino o el vecino acaba machcándote a ti. Así está la cosa. ¿Exagero? No lo sé, tú piénsalo…

Desde luego, lo que sí tengo muy claro es que un cura es un tipo con un oído muy fino. Un día oyó una llamada y… ¡dijo sí!! y eso ya tiene mérito porque vivimos en un mundo con demasiados decibelios, o si lo prefieres llámale comodidades, pasotismo… y así es muy difícil oír algo. Tío, a lo mejor si bajáramos un poco el volumen, incluso tú podrías oír que te están llamando, ¿por qué no pruebas?

Lo flipante es, ¿sabes qué?, que se les ve inmensamente felices de ser lo que son, así que en realidad las neuronas no les deben de patinar tanto…

¿Como ser cura hoxe?

25 Marzo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día Xa van 2 comentarios →

Antonio ValínOs teólogos e os bispos, cando teñen que buscar rasgos que definan como ser cura no mundo de hoxe, fanse un lío terrible. Non é para menos. Hai temas dos que todos opinamos: fútbol, política, diagnósticos médicos… e tamén de relixión. E se toca falarmos dos curas, quen non ten algo que dicir? Todos, e de moi diferentes maneiras.

Non hai moito atopaba eu un texto que me fixo pensar moito, e que quero colga-lo na web. A frase final resume todo o texto: Valor, señor cura! valor!

É un pouco esaxerado pero, de xeito simpático, amosa as nosas actitudes. É verdade que fai falta valor para ser cura (como para calquera vocación cristiá ou simplemente, para ser home/muller no mundo que nos toca), pero o que hai que ter claro é: non hai que contentar a ninguén, só hai que ser fiel á chamada, traballar a tope e listo!

Fai click para ampliarSi predica más de diez minutos…¡no acaba nunca!
Si habla de la contemplación de Dios… ¡está en las nubes!
Si aborda los problemas sociales…¡gira a la izquierda!
Si va a trabajar a la fábrica…¡es que no tiene nada que hacer!
Si se queda en la parroquia…¡está cortado del mundo!
Si casa y bautiza a todo el mundo… ¡vende los sacramentos como en rebajas!
Si se vuelve más exigente…¡quiere una Iglesia de «puros»!
Si se queda en la casa abadía…¡no ve a nadie!
Si hace visitas… ¡no está nunca en casa!
Si tiene éxito con los niños…¡tiene una religión de crío!
Si visita a los enfermos…¡tiene tiempo para perderlo y pasa al margen de los problemas de su tiempo!
Si hace obras en la iglesia…¡tira el dinero por la ventana!
Si no hace nada…¡es un abandonado!
Si colabora con el consejo parroquial… ¡se deja llevar como un borrego!
Si no tiene consejo parroquial…¡es demasiado individualista!
Si sonríe fácilmente…¡se muestra demasiado familiar!
Si, distraído o preocupado, no ha visto a alguien… ¡es un distante!
Si es joven… ¡no tiene experiencia!
Si es mayor… ¡debería jubilarse!
¡Valor, señor Cura!

Uns intereses que non son os da sociedade

22 Marzo, 2006 Escrito por: Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día Xa van 9 comentarios →

Fran G. Dopico¿Que é ser cura? ¿Para que sirve un cura? Vaia pregunta! Sobre isto hai moitas teorías e moito escrito. Baixando á realidade, o caso máis cercano e que mellor coñezo de cura son eu mesmo. E, sen querer poñerme como exemplo de nada, por iso mismo eu son o cura sobre o que mellor podo opinar (e criticar sen medo a ofender a ninguén).

Intentar ser un bo cura non é fácil (selo xa debe ser megadifícil, se algunha vez o consigo xa vos contarei); do mesmo xeito que tampouco é fácil ser un bo cristián. As cousas boas da vida non son doadas. Pero a cuestión non é se é fácil ou non; porque todas as “dificultades” que conleva perden importancia ó comprobar como a propia vida serve a un fin máis importante que ela mesma.

Persoalmente o típico chiste de que os curas vivimos ben, traballamos media hora, un día á semana e encima bebendo viño, a mín séntame como un tiro. É certo que somos uns privilexiados, pero non porque non fagamos nada, senón porque facemos o que queremos, o que nos gusta.

Hai quen di que perdemos o tempo, pero eu creo que pasar dúas horas falando cunha persoa que non ten quen a escoite sexa perder o tempo, do mesmo xeito que pasar a mañá de visitas a tres ou catro anciáns non o é, ou empregar a fin de semana con rapaces de excursión. O tempo que paso rezando, aparentemente perdido, non é tal… Unha palabra de ánimo e un sorriso non é gastar saliva. En definitiva, o que move a un cura non son os intereses da sociedade. O que xustifica a miña actividade non son uns obxetivos nin criterios de empresa, senón só a fidelidade ó Evanxeo (e moi pouca xente pode presumir disto).

Un cura pode servir para moito e pode non servir para nada. Todo depende de quén responda; pero eu espero que a miña vida e o que fago e digo sempre sirva a alguén para sentirse máis cerca de Deus. Se non é así, polo menos ó final de cada día durmo tranquilo porque sei que fixen todo o que estaba na miña man, aínda tendo presentes os meus erros, que soen ser moitos.

Haberá quen pense que esa é unha vida perdida, absurda, alá el.

Ser crego, un compromiso

20 Marzo, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día 1 persoa dixo algo→

José Ramón López OrozaA pregunta de qué é ser crego xa ma fixen un montón de veces, cada día me fago este plantexamento, en cada momento da vida, en cada momento de oración. Só podo dicir que non é doado, porque non hai cousa doada en ningún compromiso cristián, porque comprometerse nunha opción esíxeche moito, non só dar o paso, sobre todo trae detráis unha carga de responsabilidade e de coherencia que chega a pesar moito.

É como estar constantemente no ollo do furacán, porque para min, crego, falar non debe de ser por quedar ben, ou por dicir cousas bonitas, ou para facer plantexamentos teolóxicos profundos, senón que a predicación leva consigo una “carga” na vida: cumprir, ou polo menos tentalo, iso do que falas e predicas. Paréceme un dos grandes retos dos que temos ese privilexio de predicar: facer vida as fermosas palabras que pronunciamos.

Pero ser crego non é só iso: tamén é entrega, mirar para o evanxeo, pechar os ollos ou abrilos ben, e plasmar na vida o que alí ven… Para min ser crego é estar preto dos pobres, tamén dos ricos, é ter unha palabra de denuncia ante as inxustizas do mundo e da Igrexa, é estar atento ó que o outro che pida, é paz e tranquilidade, e calmar corazóns abatidos e perdidos, é compaña e afectividade, é estar coa xente non rehuíla, e sobre todo, ser crego para min, hoxe, é un reto, o reto máis grande da miña existencia.

¿Qué es un cura?

20 Marzo, 2006 Escrito por: Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día 1 persoa dixo algo→

Carmela LamasLo que significa realmente ser cura es algo que no puedo ni abarcar con la imaginación. Sé que es una vocación, un compromiso, una esperanza… Pero sé también que son ganas de “complicarse la vida”, de dejarlo todo para, según lo que esta sociedad piensa, no ganar nada o casi nada; de abandonar demasiadas cosas por una batalla que muchos consideran perdida.

Los sacerdotes son gente corriente, pero también gente especial. Dios los llama, como a todos, les ofrece un proyecto cuyo éxito está garantizado, porque Él está detrás; pero hay que ser valientes, hay que confiar… y confían, y se dejan guiar… Se embarcan en la aventura de darse a los demás, de llevar a todos la Buena Noticia, de enseñarnos ese guión para la vida que recoge el Evangelio, de hacer presente a Cristo en la Eucaristía… Se deciden a sacrificarse por este sueño; sí, sacrificarse, porque los caminos de Dios no son como los nuestros… dejan su vida para el otro, para el que lo necesita, para escuchar, para ayudar, para apoyar, para acercarnos a Dios, para hablarnos de Él sin que sea necesario pronunciar una palabra.

Ah! Que dis? Que es cura? Bueno…

20 Marzo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día Ninguén dixo nada →

Antonio ValínÁs veces este é o comentario que escoito cando me presento nalgures e me preguntan en que traballo e cousas así. O que non ten desperdicio é a cara que se lle queda cando oen “son cura”.

Celebramos estes días na igrexa de España o Día do Seminario, unha xornada para que os cristiáns pensemos niso de ser cura e volvamos ós ollos ó Seminario. Este é o tema do que imos falar en Nova Fronteira.

Non me gustaría caer nos tópicos anque hai cousas que si hai que dicir: hai poucos curas, a idade media vaise disparando, coñecemos un grupo de xente nova con moita ilusión,… pero hai mogollón de parroquias sen cura, os seminarios teñen pouca xente, parece que iso de ser sacerdote non ten moito éxito. Por que? Que pasa? Seguro que non hai unha soa razón, e é difícil responder. Non se trata aquí diso, só de que pensemos qué é un cura, qué fai e cal é o seu papel na igrexa. Tamén podemos pensar: eu… por que non? (non é tan descabellado e dígoo por experiencia).

Moitas veces me preguntan qué é iso de ser cura, cómo vivimos, etc. Conto, máis ou menos, en que consiste a nosa vida, e gústame facelo poñendo exemplos, para non caer en frases moi ben artelladas sobre o sacerdote, difíciles de comprender para moitos. É por iso polo que vou ir mandando a NF, neste días, imaxes sobre qué é un cura. Aquí vai a primeira, xa me diredes que vos parece…

Fai click para ampliar

É unha pasada de foto, e creo que pode definir moi ben o que debe ser un cura:
mans cansadas no traballo polos demais,
mans que bendicen e acollen,
mans que perdoan a todos (sen xulgar),
mans que traballan fisicamente,
mans abertas,
mans que oran e buscan ó seu Deus,
mans arrugadas pola experiencia,
mans que acarician e transmiten,
mans de Deus,…

Sei que é o ideal, pero tamén sei que un cura que non teña estas mans, precisa seguir afondando no seu ser (e como dicía antes, seino por experiencia)