.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Arte’

Chega o advento

04 Diciembre, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte 1 persoa dixo algo→

Fai click para ampliar

“Mira: Mándoche diante o meu mensaxeiro, para que prepare o teu camiño. Unha voz clama no deserto: preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.

Presentouse Xoan no deserto bautizando: pregoando un bautismo de conversión, para lograr o perdón dos pecados.” Mc. 1,1-4.

Autor:
Xabier Cortada, Nado en Albany (Nova York) de pais cubanos é avogado e un home moi comprometido no traballo xudicial con xovenes e nenos en Miami Dade onde reside dende neno. Cortada pon o seu talento artístico ó servicio da creación de obras de forte contido social.

Reflexión:

Tere NécegaA obra que presentamos posúe unha gran forza, pola súa combinación de cores e a potencia do seu significado, amosa nunha ollada a vida e misión de Xoan Bautista, capaz de pregoar a súa boa nova despois de morto; todo o seu ser convértese na súa propia voz, esa que berra no deserto, esa que non pode calar nunca porque a denuncia do inxusto non debe calar. Porque nada, nin niguén pode calar a quen ten algo que dicir para o mundo.

As nosas, as miñas pregunta para este Nadal, tremendamente descafeinado, enormemente consumista, nun mundo cheo de inmensas diferencias, fames, guerras, maltratos:

  • Son consciente destas realidades que me envolven?
  • Cales son os desertos onde debe berrar hoxe a miña voz?
  • Como cristián/á a miña forma de vivir e actuar está de acordo co evanxeo?
  • É a miña unha actitude de denuncia, de compromiso concreto nestas datas para que algo mellore ou cambie?

Non é tarefa fácil, a algúns levoulles “a cabeza e maila vida”, por iso cada vez atopamos máis persoas que nin siquera queren celebrar o Nadal, non significa para eles nada de nada.

Invítote nos comentarios a facer a túa propia reflexión sobre o cadro, sobre o que está aquí escrito, sobre as tuas propias preguntas sobre o Nadal, pode que entre todos…

O noso monte Tabor

14 Marzo, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte 1 persoa dixo algo→

Fai click para ampliar

“ Seis días despois colleu Xesús a pedro Santiago e Xoan e subíu con eles sós ó coto dun monte. Alí transfigurouse na súa presencia. Os seus vestidos viráronse resplandecentes, brancos coma ningún batanero do mundo os podería branquexar.” (Mc. 9, 2-3)

Tere NécegaTamén nosoutros precisamos un Tabor nas nosas vidas; precisamos no medio de tanto traxín, de tanta tensión, de tanta dor e sofrimento verte resplandecer, porque si non te vemos…que será da nosa fe? Como manteremos a esperanza?, como dar o seguinte paso?

No medio da nosa vida precisamos unha transfiguración, a nosa, esa experiencia que nos cambie, que lle conceda sentido ó que vivimos, ó que facemos, ó que somos. Unha palabra, un encontro, unha experiencia e quedaremos transfigurados; precisamos de ti. E ti chegas transfigurando a nosa debilidade, a nosa torpeza, a nosa dubida; forza, esperanza, lume, alento…

E quixéramos quedar alí para sempre, sentir así sempre, facer tres tendas e quedar nesa “nube” que nos fai sentir tan ben…E de novo eres Ti quen nos envías transfigurados a transfigurar, como cables polos que pasa a corrente, como cauces dun río inmensamente caudaloso que non pode quedar estancado senon que debe seguir corrente abaixo regando e dando vida por donde pasa.

O Tabor invítanos á oración, a estar con El, a ver con outros ollos, a deixarnos iluminar por unha luz maior, tamén nos invita a iluminar con esa luz todo o que nos rodea.

  • Comentario artístico

Importante escultor nacido en Medellín no 1910 e falecido no 1976. Procede dunha familia de artistas en diversas ramas das artes.

As súas esculturas relixiosas están cheas de frescura; nestas obras resalta unha extraordinaria calidade caracterizada pola homoxeneidade entre o artesán e o artista.

As súas obras amosan claros resultados expresionistas polo retorcemento, a dor e a tortura sobre todo os seus Cristos inertes e elásticos. Con gran sentido moderno na concepción e o movemento, no seu afán de desmaterialización abolíu a cruz en varios dos seus crucificados.

Este importante artista traballou coa honestidade e a sinxeleza que lle foron propias e alleo a toda propaganda.

Traducido e extractado dun comentario de Jorge Cárdenas. Web. www.marinvieco.org

  • Jorge Marín Vieco. Transfiguración, 1975. Bronce, 96 cm

As tentacións de Cristo

06 Marzo, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte 1 persoa dixo algo→

“Axiña o encaminóu o Espírito ó deserto, alí permaneceu corenta días, alí o tentou Satanás; vivía entre as feras e servíanno os anxos. Cando prenderon a Xoán marchou Xesús a Galilea a nunciar a Boa Nova de Deus dicindo: - o tempo está cumprido, e cehgou o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova.” (Mc. 1,12-15)

Guido Pellegrino Viaro (1897-1971)

Tere NécegaDe orixe italiano, foi o artista moderno mais importante do Paraná. Desenvolveu o seu traballo artístico praticamente todo no Brasil, país que amaba profundamente.Diseñador, pintor, grabador, escultor e buscador constante. Responsable de introducir a pintura moderna no Paraná.

Viaroademáis de gran artistia, foi tamén un gran educador; pioneiro na ensinanza da arte para nenos que deu lugar á creación do Centro Xuvenil de Artes Plásticas en Curitiba.

Reflexión

Non debes vivir obsesionado pola tentación e o pecado. Desde que Cristo venceu no deserto, na súa vida, na cruz, toda tentación está vencida, e ti podes dominala…Contando coa Gracia de Cristo. Ti só non podes. Por iso debes orar. Xesús incluíu esta petición non Noso Pai. Para vencer a tentación, non durmas como Pedro en Xetsemaní, reza coma Xesús, e escoita a Palabra: o que está escrito e o que o Espírito irá escribindo no teu corazón.

A tentación en sí mesma, non é mala, Xesús tamén a sufríu e a sentíu. Da tentación podes tirar moito proveito. Aprender a coñecerte mellor, a ser máis humilde, maís realista, a ter máis prudencia e máis paciencia, a purificarte e a medrar, a ser máis comprensivo e máis compasivo, a confiar menos en ti e máis en Deus, a facer máis oración.

Traducido de “Como quién alza a un niño”. Cuaresma y Pascua. 2006. Cáritas. Páxs. 37-38.

Tentación; Óleo sobre papel, 1965

Xesús e a curación de enfermos

04 Febrero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliar

“…Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle tódolos enfermos e endemoniados; a vila enteira se amoreou na porta. E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demonios. Pero ós demonios non os deixaba falar porque o coñecían ben…” (Mc 1, 32-34)

Tere NécegaRembrandt foi un interprete excepcional da natureza humana e un mestre da técnica pictórica e tamén do debuxo e o grabado. A súa obra influirá nos seus contemporáneos e tamén en moitos artistas posteriores.
Este grabado de Rembrandt é coñecido co nome de “A Estampa dos cen mil florins” en alusión ó seu prezo. Os especialistas considéranos o mellor grabado que saíu das manas do mestre. A gran cantidade de personaxes distribúense pola escea de xeito armonioso destacando a figura de Cristo. Posiblemente non haxa outro artista que poida igualar a Rembrandt no uso dos efectos do claroscuro.

(Arte e Historia, traducción)

Reflexión:

Contempla esa mano tendida de Jesús. Es su primer gesto silencioso y en él se evoca como en esbozo todo lo que ha venido a ser para la humanidad caída: una mano tendida que nos agarra para sacarnos de nuestra postración, para librarnos de nuestras fiebres, para conducirnos al servicio de nuestros hermanos más pequeños.
Entra en el ámbito de esa fuerza, déjate levantar por esa mano, agradece la fuerza y la liberación que te llegan a través de ella. Pregúntate por el potencial que hay en las tuyas: ¿Cómo fluye?, ¿hacia quienes?, ¿retienen o entregan?, ¿hunden o levantan?…

(Dolores Aleixandre RSCJ, Compañeros en el camino, pág. 130.)

Xesús curando ós enfermos, 1647-49 (Fai click na imaxe para ampliar) | Autor: Rembrandt | Museo Rijksmuseum | Grabado 27´8 x 38´8 cm.| Barroco Centroeuropeo|

San Juan de la Peña

23 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliar

“Camiñando pola ribeira do mar de Galilea viu a Simón e mais a Andrés, seu irmán, largando o aparello no mar; eran pescadores. Díxolles Xesús: -Vide comigo e fareivos pescadores de homes. E deixándo de contado o aparello, seguírono. Un pouco máis adiante viu a Santiago, fillo de Zebedeo e mais a Xoan, seu irmán; estaban arranxando o aparello no bote. E de seguida os chamou. Eles, deixando a seu pai, Zebedeo e mailos seus tripulantes no bote, seguírono.” (Mc 1, 16-20)

Tere NécegaO Claustro do mosteiro de San Juan de la Peña é unha das xoias do románica aragonés e español, e nel destaca o traballo no seus capiteis que datan dos séculos XII e XIII. Neles podemos atopar narracións do libro da Xénese, a infancia de Xesús e a súa vida pública.
Nos capiteis que temos a continuación podemos ver descrito con asombroso detalle o evanxeo que narra a chamada de Xesús a Pedro e Andrés, Xoan e Santiago. É un capitel dobre que comparte o mesmo ábaco, adornado con flores e motivos vexetais. A “adaptación ó marco” impón a súa lei ó artista, descoñecido, pero este é capaz de reflexar o texto con fidelidade e realizar unha talla precisa e fermosa pola súa concisión e sinxeleza. Están moi cuidados os detalles das barca, destacando a tablazón da quilla e a proa das mesmas.

Fai click para ampliar

No centro vemos a imaxe do capitel completo, na barca interior van tres apóstolos, e dous na exterior. Nas dúas un dos personaxes manexa un remo, e as ondas do mar están representa das dun xeito moi gráfico. Xesús camiña sobre a auga en Tiberíades, predica, bendice e chama ós seus seguidores: dereita Pedro e Andrés, esquerda Santiago e Xoan co seu pai Zebedeo –personaxe que leva un gorro.

A adoración do cordeiro

15 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte 1 persoa dixo algo→

Fai

“ Ó outro día estaba outra vez Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: Velaquí o Año de Deus. Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús.”

Tere NécegaO centro da escena está protagonizado polo Año sobre o altar. O sangue brota do seu peito e cae nun cáliz. Sobre él está o Espírito Santo. Varios anxos rodean ó Año cos instrumentos da paixón e incenso. Diante do grupo central hai unha fonte, a Fonte da Vida, da que mana a auga da vida Eterna; referencias unidas ó Bautismo e Eucaristia. A ambos lado da fonte grupos de persoas en actitude de adoración: profetas, apóstoles, patriarcas, papas, bispos. Na parte superior saindo do bosque dous grupos de santos mártires (levan a palma do martirio). Destaca na obra a súa estructura simétria e a meticulosidade descriptiva propias da pintura flamenca en xeral e de Jan Van Eyck en particular.
(Arte e Historia, traducción)

Adoración do cordeiro místico, 1425-29 (Fai click na imaxe para ampliar)
| Autor: Jan Van Eyck, pintura flamenca | Museo: Catedral de San Bavón | Oleo sobre tabla 137,7 x 242,3 cm.|

Reflexión
“Cando xa calou o canto dos anxos,
cando xa se foi a estrela do ceo,
cando os Magos xa voltaron ás súas terras,
e os pastores voltan ós seus rebaños,
entón comeza o programa do Nadal:
buscar ó que está perdido, curar ó ferido,
alimentar ó famento, liberar ó prisioneiro,
reconstruir as nacións,
conquerir a paz entre os irmáns,
encher de música o corazón”.

(Howard Thurman)

O bautismo do Señor

08 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte Xa van 3 comentarios →

Adoración dos Magos

“Naquel tempo Xoan proclamaba: detrás míña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de postrarme para lle destar os mallós do seu calzado. Eu bautizo con auga, pero el hávos bautizar con Espírito Santo. E aconteceu por aqueles días que chegóu Xesús desde Nazarete de Galilea a Xoán bautizouno no Xordán. E de seguida, mentres saía sa auga, víu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo: Ti eres o meu fillo benquerido, o meu predilecto”. (Mc 1, 7-11.)

Tere NécegaEste cadro formaba, co da Anunciación, parte do corpo do retablo principal da igrexa do Colexio de Dña. María de Aragón en Madrid.
A composición está organizada por medio de dous triángulos invertidos que teñen como centro a pomba que representa ó Espírito Santo. O triángulo superior contén o que se denomina un “rompimento de Groria” moi característico do autor que está presidido pola figura brnaca de Deus Pai. O triangulo inferior recolle a escena principal con Xoan bautista de pe e Cristo de xeonllos sobre unha rocha.
A escena ten lugar de noite e as duas principais figuras están colocadas nun primeiro plano, eliminando o espacio ó seu redor, incluso o río Xordán é case imperceptible, como unha mancha.
O autor provoca coa colocación das figuras un “agobio espacial” que se ve máis acentuado pola oclocación dos anxos en torno a Xesús, suxtando a túnica vermella.
As figuras son xigantescas, e a luz aplícase mediante fortes “fogonazos”e os personaxes cambian constantemente de escala. Estilo peculiar do pintor que o fará célebre.
Fontes: (Comentario de artehistoira.com. Traducción)
O cadro: Bautismo de Cristo, 1597/1600 | El Greco| Museo del Prado. Óleo sobre lienzo.

  • Reflexión: Os títulos de Xesús.
  • Servo: Recolle unha fermosa e rica tradición profética. Cristo é o Servo de Iavé, totalmente entregado á vontade do Pai. E a vontade do pai é o servicio ós pobres e entrega a todos. Non veu para “ser servido se non para servir e dar a súa vida en rescate por moitos”. Ésta é tamén a misión que recibe do Espírito (Lc 4, 18).

    Año: O bautismo de Xesús representa un anticipo da experiencia pascual. Acentando o bautismo de penitencia predicado por Xoan achñegaso ó mundo da dor e do pecado e non dubida en cargar co él. Quere ser o “Año de Deus que quita o pecado do mundo”. Actitude de verdadeira compaixón e de entrega total.

    Unxido
    : É o título con que máis o coñecemos: Cristo, Mesías. No bautismo visibilízase o Espírito en forma de pomba, pero este non é máis ca un modo de “expresar o inexpresable”. Toda a forza de Deus, o Amor de Deus a luz de Deus, é dicir, todo o Espírito de Deus, irrumpe sobre Xesús, tomando posesión del. Unxido para defender, para liberar para curar.

    Fillo: Así o chama o Pai. É o título que mellor o define.É un eco da Palabra eterna: “Ti eres o meu fillo, eu enxendreite hoxe” (Sal 2,7). A actitude do Fillo non é somentes a de obedecer, a de cumprir a vontade do Pai, se non a de confiar, agradecer, a de vivir sempre mirando ó Pai.

    Fonte: (Estractado e traducido de Cadernos Cáritas, Advento e Nadal 2000. Páx. 185-86)