.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Vida e obra’

Conmemoración mundial da morte de Xoan Pablo II

03 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Benedicto XVI - O Vaticano, Novas e medios, Vida e obra Ninguén dixo nada →

O papa, nunha das súas imaxes públicas

Hai un ano, por estas datas, morría Xoan Pablo II. Ó cumplirse o primeiro aniversario da súa morte, véñense sucedendo misas e funerais na honra do anterior sumo pontífice por todo o mundo. En Polonia, centos de miles de persoas (segundo ACI Prensa) se congregaron do mesmo xeito que hai un ano ante a Campana de Sexismundo da catedral do Castelo de Wawel, que so resoa para marcar os acontecementos máis importantes do país.

En Wadowice, lugar de orixe de Carol Wojtila, o bispo auxiliar de Cracovia, Mons. Jozef Guzdek dixo estar esperanzado, de cara a unha rápida beatificación e incluso canonización. En Varsovia celebrouse un concerto polo Papa no que participou Plácido Domingo, interpretando o “Requiem” de Mozart.

Por todo o mundo se alabaron as virtudes do finado: sensibilidade ó diálogo relixioso, aposta pola paz ou pola dignidade e dereitos do ser humano. En Roma, Benedicto XVI oficiou unha misa multitudinaria polo seu antecesor ó frente da Igrexa, á que acudiron fieis de todo o mundo.

En Galicia, o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, afirmou que Xoan Pablo II deixou unha Igrexa “máis revitalizada e creíble”, e expresou o seu agradecemento polo seu traballo como “pastor fiel”.

A figura deste Papa lonxevo, que se resistiu a abandoar o seu posto aínda cando a forza física non o acompañaba, segue a estar moi presente na mente e nos corazóns de millóns de cristiáns. Lonxe dos sentimentos de nostalxia, os cristiáns ven nel hoxe, un ano despois, un motivo para a esperanza.

O mestre Teilhard

11 Enero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Oración, Vida e obra Xa van 4 comentarios →

José Ramón López OrozaQuizáis a moitos dos que estades a ler estas letras non vos sone de nada Teilhard de Chardin; o propósito de que fale del é dobre: por un lado seguir prestando a colaboración con esta fantástica páxina web, e en segundo lugar que coñezades, ainda que sexa someramente, a esta gran personalidade da Igrexa de principios do século XX e sobre o que estou a elaborar a tesiña.

Poderíamos dicir moitas cousas sobre el e sobre a súa obra, pero para que non se faga pesado direi só tres:

1º.- Situalo cronolóxicamente: naceu en Sarcenat, preto de Clermont Ferrand (Francia) en 1881, e morreu en New York no ano 1955. Ós 18 anos entra como novicio da Compañía de Xesús, intentando dar forma ás súas ideas. Viviu a dura experiencia da 1ª Guerra Mundial como camilleiro. Cursou estudios de Paleontoloxía e Xeología na Sorbona de París. Desenvolveu a súa carreira en Asia, descubriu o Home de Pekín, e foi en China onde escribiu a sua obra mestra, El Fenómeno Humano. Foi apartado a Estados Unidos e os seus escritos sempre foron perseguidos e repudiados pola Igrexa. Tamén hai que decir que foron os cristiáns os que se encargaron a partir da súa morte, de dar sentido e forma a estos escritos.

Teilhard de Chardin2º.- A súa fidelidade ós xesuitas e á Igrexa Universal a pesar de ser “perseguido” polas súas ideas. Nunca renunciou a elas, pero tampouco nunca renunciou e foi fiel ata a morte cara aquelas duas institucións que tanto amaba e ás que servía. Quizáis teñamos todos que aprender desta postura: ser críticos e fieis á vez.

3º.- En terceiro e último lugar direi que o pai Pierre sentiu cómo vibraba o universo ó seu arredor e descubriu que a vibración era armónica e que procedía dunha mesma fonte. A partir de aquí, non sen esquecerse da nada e reflexionar sobre ela, centrouse na sacralidade da materia para esculpir o universo como se dun poema plástico se tratara. Así é, a resposta á dúbida foi a ciencia, a resposta á ciencia foi a fe mística, e a resposta á mística foi a poesía. ¿Quen dá máis? Por menos de nada deu máis que todo. Omega, ese punto culminante cara o que todos tendemos, está cada vez máis preto.

Déixovos un pequeno agasallo da súa obra, para rezar, interiorizar ou simplemente admirar:

No te inquietes por las dificultades de la vida,
por sus altibajos, por sus decepciones,
por su porvenir más o menos sombrío.
QUIERE LO QUE DIOS QUIERE.
Vive feliz. Te lo suplico. Vive en paz.
Que nada te altere.
Haz que brote, y conserva siempre sobre tu rostro,
una dulce sonrisa, reflejo de la que el Señor
continuamente te dirige.
Cuando te sientas apesadumbrado, triste,
ADORA Y CONFÍA
Teilhard de Chardin