.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Campamento Diocesán’

Fotos do Campamento C

14 Agosto, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Campamento Diocesán Xa van 5 comentarios →

Fai click para ampliar

Gracias a Pilar Ramallal e David José Diaz acabamos de ampliar o noso apartado de fotos do Campamento Diocesán deste ano. O campamento C é o protagonista destas imaxes. Seguimos a esperar as vosas fotos ou textos en novafronteira@gmail.com

Fai click para ampliar

.:NF:. Fotos do Campamento (actualizadas)

Campamento

29 Julio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Campamento Diocesán, Crónica de actividades Xa van 4 comentarios →

Xa hai uns días que rematou o Campamento Diocesán deste ano. Unha actividade que require a experiencia acumulada e case un ano de traballo de decenas de monitores. Estudiantes, profesores, sacerdotes e traballadores de calqueira clase compoñen o equipo que fixo posible esta experiencia para máis de 150 nenos.

Aínda que o futuro é incerto, esperamos que o vindeiro ano haxa máis xogos, máis oración, más piscina… para todos aqueles nenos e xoves que queiran pasar uns días de verán distintos. De momento, aquí van as fotos:

Fai click para ampliar

Se tes fotos do campamento, ou queres compartir a túa experiencia en forma de texto, mándanos un correo a novafronteira@gmail.com . Boas vacacións!

.:NF:. Fotos do Campamento

Campamento C: O esencial é invisible ós ollos

29 Julio, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Campamento Diocesán Xa van 12 comentarios →

Tere NécegaNon se ve ben se non é co corazón…Así podemos resumir o que foron estes 10 días de campamento C. Era fácil, era xente coñecida, boa xente, diría que moi boa xente, ademáis rapaces con anos de experiencia como acampados, sabían o que había que facer sempre, son persoas responsable, alegre divertida…¡¡¡que máis podíamos pedir os monitores!!!
O campamento C foi un pouco distinto, deixamos atrás Lourenza (non sen certa morriña…) e pasamos 5 días en Mondoñedo: alí o campamento marchou moi ben, nós diciamos que era un campamento “para medrar”, e penso que o conseguimos…Penso que todos rematamos o campamento cunha riqueza dentro que nos vai axudar a medrar ó longo deste ano.
Aprendimos que non é fácil ser persoa pero que é unha viaxe apaixoante, aprendimos que non merece a pena a viaxe se con nós non viaxan aqueles que queremos: a familia, os amigos.
Aprendimos que é importante ser persoa para os demáis, porque o mundo no que vivimos con toda a súa fermosura tamén está cheo de traxedias que podemos e debemos remediar…Ou alomenos intentalo.
Aprendimos o importante que é “crear lazos”, e o importantes que son os ritos nas relacións entre a persoas, porque somente se pode amar aquilo que se “domestica”, e só se pode dar a vida por aquilo que se ama.
E todo isto fumos aprendendo nestes 10 días, da man dun neno doutro “planeta”, un rapaz alegre que descubríu na súa visita á terra que tiña unha responsabilidade á que debía atender, “era responsable da súa rosa”, e volveu ó seu planeta a coidar dela.
O Principiño, así se chamaba o neno, axudounos tamén a descubrir que Xesús de Nazaret foi unha persoa capaz de dar a vida polas suas “rosas” e tamén que nós somos parte desa gran roseira.
Non vos parece que son moitas as cousas que aprendimos? Que son moitas as cousas que nos van axudar a “medrar”?
E sabedes o mellor? Pois que todo isto fumos aprendoo ó longo dos días e no medio de todo iso, fumos andando de Lourenzá a Mondoñedo e de Mondoñedo a Lourenzá, fumos á piscina, e á praia, e tamén a Cerceda ó aquapark, fixemos talleres, xogamos moito e divertímonos moito…Cantos recordos, non?
Xa non sigo, realmente este foi para mín un campamento xenial e quero darvos as gracias a todos por facelo así. Foi moi bonito vervos disfrutar tanto nestes días.
Realmente pagou a pena o esforzo. O esencial é invisible, lembrades? Por iso irémolo descubrindo ó longo do tempo, pouco a pouco, en cada cousa, en cada persoa. Todo o que fumos aprendendo xuntos está dentro de nós porque non se ve ben se non é co corazón. Bicos a todos.

Aventura no mosteiro de Vilanova

29 Julio, 2006 Escrito por: Lucía Quelle, diplomada en Relacións Laboráis Tema: Campamento Diocesán, Crónica de actividades Ninguén dixo nada →

Hai uns días rematou o Campamento Diocesano de Lourenzá. Unha actividade promovida polo Colectivo Campamento Diocesano coa colaboración da Pastoral Xuvenil da diocese. Dez días de xogos, de diversión e de reflexión cristiá nos que nenos de 8 a 16 anos tiveron a ocasión de participar. Esta é a experiencia dunha das monitoras veteranas:

Lucía QuelleLevamos xa uns días escoitando as voces de nenos que nos contan historias entre as paredes do mosteiro e ata ao redor del. Son nenos felices, inda que algúns sempre padecen algún mimo… É realmente impresionante para os monitores que aquí nos atopamos sentir como algo máis dunha centena de nenos están ao teu redor e dos cales unha boa cantidade berran con forza o teu nome!

Entre sonidos de guitarras, xogos de controis, de pistas, estáticos, marchas, piscina, praia, excursións, comidas, ceas, merendas, duchas, e moitas máis actividades, sentes como realmente estás aquí por moitos motivos. Todo te apuxa a chegar ao fin dos 10 días de Campamento con nenos, desde o simple feito de arrincarlle un sorriso a un neno e de secarlle unha bágoa, como montar un xogo, servir unha comida, barrer un pasillo, …

Aquí todo nos serve. Sabemos que funcionamos como un puzzle, onde cada un dos que aquí nos atopamos temos algo que aportar, naide é imprescindible, pero todos somos necesarios. ¿Un campamento sen nenos? ¿Un campamento con monitores autosuficientes? ¿Un campamento como? Nós sabemos como, queremos o campamento que estamos tendo, non todo nos sae como agardabamos, unhas veces mellor e outras peor, pero mentres Quen nos move a estar aquí nos manteña cun espíritu vivo e con unha forza e unha ilusión rebosante, todo sairá xenial.