.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Cine’

Algo distinto, extraño

15 Noviembre, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Cine Xa van 2 comentarios →

Antonio ValínSeguro que cando míra-la cartelera dos cines, non imaxinas atoparte isto. E seguro, que se che din que a película é só con música e moito silencio, dis, comigo que non conten.

Pois esta película que se estrena nuns días en España, xa fixo percorrido por Alemania, Italia e México, sendo, curiosamente, éxito de taquilla.

De que vai isto? É unha película orixinal e ben arriscada, pois falamos de 2 horas e 40 minutos de silencio, onde se amosa a vida dos monxes cartuxos do mosteiro de Grande Chartreuse nos Alpes franceses.

El gran silencioNon ten diálogos, nin comentarios en off, ni entrevistas,… nada!!! só silencio, o son ambiental do mosteiro, a natureza que o rodea e, cando cadra, os cantos dos monxes en oración.

Faise un seguimento dos monxes, de distintas idades e procedencias, do que fan nas súas celdas, no traballo do campo, nos momentos en común…

Desde logo, a crítica que a precede di “sorprendente”. Os premios que a avalan (Gran Premio do Xurado do Festival de Sundance 06, ou o do Festival de Sao Paulo 06, entre outros) din que é algo novidoso, impactante e provocadora; vamos, parece que non deixa a ninguén impasible.

É unha boa oferta para ir ó cine? Non o sei, desde logo, por intentar que non sexa, e logo, falamos aquí dela. Que disfrutedes dese silencio.

Director: Philip Gröning | País: Francia, Alemania |Duración: 164’ | Documental | Data de estreno: 24 novembro

Un minuto de silencio

22 Octubre, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Cine 1 persoa dixo algo→

Un minuto de silencio

Antonio ValínErnesto é un obreiro arxentino casado e con dous fillos preadolescentes. É despedido da fábrica e todos quedan na rúa; así que coa axuda dun amigo -o Gordo- intálanse nunha casa ruinosa preto do vertedoiro da cidade. A situación é caótica, pero Ernesto axudado polo Gordo e un cura do lugar levan adiante iniciativas sociais naquel ambiente.

O argumento en si, non é nada chamativo, pero na película faise unha radiografía crítica da crise social, económica e moral que sufre Arxentina desde hai anos.
Temas como a unidade familiar, a responsabilidade dos pais na educación dos fillos, o valos da amistade e o traballo, o papel da Igrexa católica en ambientes de marxinación,… aparecen artellando un tapiz ben interesante que non deixa indiferente a quen se achega a unha sá para velo film.
Tal e como o plantexamos, pode parecer un enfoque demasiado serio, sen embargo o tono traxicómico e o bo facer dos actores, fan que sexa unha película interesante, representante do novo cine social que se está a facer: politicamente comprometido, pero nin ideolóxico nin partidista.
Para aqueles que lle guste a música e letras das cancións de Silvio Rodríguez están de noraboa: ó longo da película, una canción –Quédate- vai se-lo fío conductor que artelle os distintos elementos que aparecen.

O noveno día

18 Marzo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Cine Xa van 6 comentarios →

Fai click para ampliar

Antonio ValínA historia deste film lévanos á biografía do sacerdote luxemburgués Jean Bernard (Henri Kremer na película) prisioneiro dos nazis en Dachau desde maio de 1941 ata a liberación. Alí, permitíuselle abandona-la prisión nove días. A versión oficial era que saía para ir ó enterro da nai; a real era que a Gestapo ofreceulle a liberdade a cambio da traición: convencer ó bispo Phillipe de colaborar co nazismo. Bernard tivo nove días para decidir, se rompía cos seus principios, salvando a vida e a da súa familia, ou renunciar á liberdade para ser fiel ó ideal.

Aparece aquí a controvertida posición do Vaticano ante o Terceiro Reich. Tamén a do bispo titular de Luxemburgo, duro oponente do nazismo, que desde a fe e o patriotismo rechaza esta ideoloxía, autoconfinándose no pazo episcopal e protestando a diario pola situación.

Fai click para ampliarPor último, aparece a historia persoal do protagonista, un home moral e psicoloxicamente ferido polo campo de concentración, que ten que decidir cousas que o desbordan. Deixaranlle saborea-lo mel do cariño familiar para doblega-la súa vontade.

A película pon de manifesto a condición histórica da Igrexa, que ten que vivir no medio de contradiccións e complexidades. É unha historia dura, real, case brutal,… que se produce no máis íntimo dos seres humanos concretos: alí onde un se configura como persoa e crente.

Non é un film comercial; si é unha boa longametraxe para ver o que supón a opción de fe nun mundo sen fe.

Título orixinal: Der neunte tagDirector: Volker Schlöndorf │Alemania-Luxemburgo │ 2004Intérpretes: Ulrich Matthes, August Diehl, Hilmar Thate, Bibiana Beglau │Duración: 98 minutos│

O gran dictador

30 Enero, 2006 Escrito por: Raquel Barreira, profesora de Relixión Tema: Cine Xa van 226 comentarios →

Raquel BarreiraConsiderada como unha das mellores películas da historia, O gran dictador, do xenial Charles Chaplin, é tamén un canto á paz e á liberdade fronte ós totalitarismos de todo tipo.

A película estreouse en Estados Unidos en 1940, en medio de fortes presións e críticas. Chaplin tivo moitos problemas para facela, xa que os Estados Unidos eran neutrais naquel momento na guerra que asolaba Europa, pero axiña se convertiu nun gran éxito de público. Conta a historia dun barbeiro xudío que combatiu co exército de Tomania na primeira guerra mundial, e que volve á casa anos despois da fin do conflicto. Amnésico, non recorda practicamente nada do que aconteceu durante eses anos, e non coñece a situación política do país, no que Hynkel, un dictador fascista e racista, chegou ó poder e iniciou a persecución do pobo xudeu, a quen considera responsable da situación de crise que vive Tomania.
Fai click para ampliarChaplin utiliza a figura de Hitler para realizar unha brillante parodia de todas e cada unha das ideas políticas, culturais, sociais e económicas nas que se sustentaba o réxime nazi, desde a superioridade da raza aria á sumisión incondicional do individuo ao Estado, pasando polo antisemitismo.

Na época na que se rodou e se estreou O gran dictador o mundo non sabía do xenocidio que os nazis estaban levando a cabo co pobo xudeu. Tralo descubrimento de todo ese horror, Chaplin afirmou: “Se tivera coñecemento dos horrores dos campos de concentración non podería rodar a película, non podería burlarme da demencia homicida dos nazis; pero estaba decidido a ridiculizar a súa absurda mística en relación cunha raza de sangue puro.”

O gran dictador é unha película atemporal, que non perde vixencia co paso dos anos, unha mensaxe de esperanza e confianza na paz, na xustiza e na liberdade, que ten aínda máis forza se pensamos que foi escrita e rodada uns meses antes do inicio da segunda guerra mundial. A mensaxe do filme, clara e contundente, é suliñada por Chaplin no mítico discurso final: “Temos que axudarnos uns a outros, os seres humanos somos así. Queremos facer felices ós demais, non facelos desgraciados. (…) Neste mundo hai sitio para todo o mundo. O camiño da vida pode ser libre e fermoso, pero perdémolo. A codicia envelenou as almas, levantou barreiras de odio, empuxounos cara á miseria e as matanzas. (…) O odio dos homes pasará e caerán os dictadores e o poder que tomaron ó pobo seralle reintegrado ó pobo e así, mentres o home exista, a liberdade non desaparecerá.”

|Título orixinal: The Great Dictator| Dirección, producción e guión: Charles Chaplin|1940, EUA| Reparto: Charles Chaplin (barbeiro xudeu e Hynkel), Paulette Godard (Hannah), Jack Oakie (Benzino Napoloni)|

.:Cine:. Moladeé, un canto contra a ablación

17 Enero, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Cine Xa van 3 comentarios →

Antonio ValinUn tema de rabiosa actualidade segue a ser o da ablación feminina que aínda perdura en moitas culturas, sobre todo do mundo africano. A loita contra ela e a defensa das mulleres converteuse nun dos obxectivos de moitos organismos e movementos internacionais que defenden os dereitos da muller no mundo.
Este é o tema que presenta esta película do veterano escritor e xornalista senegalés Ousmane Sembene; con ela gañou o Premio “Una cierta mirada” no Festival de Cannes 2004.
Moladeé, significa protección en varios idiomas africanos. Será a palabra empregada por Collé, segunda esposa dun comerciante que vive nunha pequena aldea de Burkina Faso, cando se dirixa ó espírito dos seus ancestros. O feito sucede cando Collé acolle na súa casa a catro nenas que non queren “ser cortadas” e fuxen da cirimonia de ablación. Esta acollida vai desencadea-las críticas furiosas do sector máis puritano da poboación, así como vai facer emerxe-la rebeldía de tantas mulleres oprimidas.
O tono do film é claramente denunciatorio, duro coa visión da vida, dos costumes e da fe que teñen pouco aprecio á vida humana, palpable no aspecto da ablación e poligamia. Ás veces, chega a ser duro nas súas esceas, pero Sembene procura empregar un sobrio realismo, incluso con pinceladas de humor , algunhas cercanas ó absurdo.
É unha película ben interesante, que nos achega a unha realidade lonxana para a nosa cultura occidental, que denuncia e nos fai pensar sen caer na rápida crítica emanada das nosas tripas senón pensada desde a igualdade, a protección e valoración do ser humano, sexa quen sexa.

Fai click para ampliar|Dirección e guión: Ousmane Sembene| 2004, Drama |117 min | Música: Boncana Maïga | Data de estreno: 18/03/05|

Nota: Dentro duns días trataremos o tema dos malos tratos en NF, un asunto ante o que todos temos opinión. Estade atentos!
Ademáis, buscamos un colaborador para facer reseñas de películas de cine. Se estás interesado, non dubides en nos escribir