O Festival da canción vocacional de As Pontes xa está aquí. En dous días, decenas de grupos parroquiais ou grupos creados “ex profeso” competirán nunha xornada de festa cantando temas que xiren en torno ó lema “Eh! Alguén te espera”.
O ano pasado non houbo concurso, ó se cumpliren dez anos dende que esta iniciativa botou a andar. Este ano, e xa co formato habitual, centos de persoas se congregarán na igrexa do poboado. Como sempre, haberá dúas categorías, infantil e xuvenil, como explican as bases. As cancións do primeiro grupo interpretaranse pola mañá, mentres que as dos participantes de 14 anos en adiante resoarán na igrexa tralo xantar. O xurado do festival está constituido por un representante de cada grupo que deberá valorar as cancións dos seus compañeiros.
Ademáis, haberá unha eucaristía compartida e un concerto-testimonio para rematar a xornada.
Este festival, xunto con outros como o de Ourense, é unha mostra de evanxelización dende a música, e de cómo se pode pasar unha xornada festiva, coñecer xente de moitos lugares e compartir a fe en comunidade.
A continuación, o horario do festival, que nos pasa a Delegación de Pastoral Vocacional:
10,00.- Chegada e acollida
10,30.- Saudo. Oración
(mentras reúnense os representantes dos grupos para sorteo e indicacións)
11,30.- Actuacións sección infantil
12,30.- Ensaio cantos
13,00.- Celebración
14,00.- Xantar
16,30.- Actuacións sección xuvenil
18.30.- Descanso. Merenda
19,00.- Concerto –Testemuño (Rogelio Cabado)
20,00.- Entrega de premios e diplomas ós participantes. Despedida
Cóntannos dende a delegación que o bispo, Manuel Sánchez Monge, achegarase ó festival nalgún momento do día, para ver a marcha da actividade e falar cos participantes.
Dende NF tentaremos estar presentes, e contárvolo para que o que non poida ir si estea dalgunha maneira no festival. Que gane o mellor!
.:NF:. As Pontes 96; un canto á vida
.:NF:.Eh! alguén te espera
.:NF:. Bases do Festival da canción vocacional (inscrición xa pechada)
.:NF:.As Pontes, igrexa xove que comparte a súa fe