.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Entrevistas NF’

“A xente nova segue a ter valores que os curas debemos axudar a manter”

07 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Curiosidades, Entrevistas NF, Novas e medios Xa van 3 comentarios →

Javier Arce é un cura novo. Tanto, que aínda non cumpriu un ano como sacerdote. Reclama, sen complexos, que os curas podan facer una vida completamente normal, o seu dereito a non ser “un bicho raro”, di. Xoga ó fútbol no equipo “Os Chispas”, que saltou ás páxinas dos xornais e ás pantallas da televisión nas últimas semanas. A súa participación no Champions Clerum, un torneo europeo de cregos futboleiros, é o motivo. Quedaron sextos, e viviron unha experiencia moi agradable en Zagreb, Croacia. Un exemplo, dende a diocese irmá de Ourense, de cómo se pode compatibilizar a xuventude coa entrega Deus, as botas de taco e unha vocación moderna

-Pertences ó equipo “Os Chispas” ¿Como nace a idea?, ¿por que ese nome?

“Os Chispas” nace das ganas dun grupo de curas e diáconos de facer algo de deporte e convivir xuntos. O nome ven da nosa terra, xa que ourense é coñecido por ser unha “terra da chispa”, polas profesións, como a de afiador, pero tamén por outros motivos, como a augarddente

-¿Coñecedes moitos equipos coma vós ou sodes un caso raro? ¿Cal é a vosa traxectoria?

De momento non sabemos da existencia de ningún. O que si sabemos é que noutras dioceses hai interés por formar máis equipos como o noso. A nosa traxectoria pódese resumir nunha frase de San Agustin: “a virtude está no medio”. O ano pasado quedamos na mitade da taboa. Este ano vamos por ese camiño, e no campeonato europeo de Zagreb quedamos sextos de entre 10 equipos.

-¿Qué opinan os rapaces das vosas parroquias sobre o voso equipo?

¿Os rapaces? Mostran bastante interés por saber cousas do equipo. Nalgunha ocasión viñeron a partidos a animarnos.

-¿Por que resulta tan raro un equipo de cregos? ¿Credes que se lle deu moita relevancia ó voso caso nos medios?

Tivemos moito eco e moita relevancia na prensa, pero hai que ter en conta que os medios, a maioria das veces, van buscando o morbo e a anécdota. Neste caso igual. Por fortuna, hai xornalistas que si realizan ben o seu traballo, sen pararse en tonterías.

-¿Como levades ver que, pese a que o fútbol é un deporte nacional de toda a vida, poucos curas tiñan un equipo como o voso hai anos?

Non é exactamente así. Nos seminarios o deporte sempre tivo moita importancia. Ademáis, existen bastantes exemplos de curas que teñen axudado a crear algun que outro clube. Moitos deles xogaron e xogan en equipos de pobos.

-¿Cal cres que é o papel de curas novos, como os que formades “Os Chispas”, na Igrexa, e de cara á xente nova?

Basicamente, asumir o papel de sacerdote, ser cura hoxe, que non é pouco. De feito é o máis importante, creo eu. O realmente vital é ser xente con ilusión, alegria e dispostos a servir sempre a Xesús, ó seu Evanxeo e á súa Igrexa. Debemos estar abertos e acoller a aquelas persoas que máis nos necesitan. Hoxe a xente nova segue tendo grandes valores que os curas novos deben axudar a coidar.

O fútbol como maneira de transmitir cercanía

-¿Pode ser o fútbol unha maneira de evanxelizar?

Non é unha maneira directa de evanxelizar, pero sí de mostrarlle ós demáis, sobre todo á xente nova, que os curas non somos “bichos raros”. Sabemos divertirnos e todavia hai xente nova que segue entregendo a sua vida a Deus escollendo o camiño do sacerdocio. Por aí din que “dificil é ser normais” sendo curas. Eu penso que os curas, coa nosa identidade propia, levamos unha vida do mais normal posible.

-¿Cres que debería haber máis iniciativas coma esta? ¿Algún exemplo?

Actividades podense realizar moitas, sobre todo coa xente nova e cos nenos: torneos, ligas, encontros… pero sempre dándolle un toque crisitián, porque oferta deportivas con outros matices xa existe.

-Seguro que un equipo de cregos pasa por moitos momentos cómicos. ¿Recordas algún?

Si, hai moitas. Unha das máis graciosas foi cando nos atopamos cun arbitro que non cría que foramos cregos. O seguinte domingo apareceu na parroquia, coa intención de comprobar que realmente eramos sacerdotes.

Javi Arce, primeira foto, é o cuarto dos agachados (comezando pola esquerda)

Esta entrevista foi realizada especialmente para NF

.:NF:. Os Chispas, ou como os curas visten de curto
.: Blog “Os Chispas”:. Blog propio do equipo de fútbol “Os chispas”

“Vexo algunha xente moi comprometida, que dá sin recibir moito ou nada a cambio”

13 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Entrevistas NF, Internet Xa van 86 comentarios →

Rafa Sánchez-AgustinoRafa Sánchez-Agustino é un home curtido nunha e mil batallas. Malia que el mesmo é novo, leva traballando na Pastoral Xuvenil da súa diocese (Santiago) dende hai anos, e compaxina o seu compromiso cristián coa ensinanza e a afición á fotografía. Coas súas cámaras leva capturado moitos e moi bos momentos en convivencias, encontros, peregrinacións… Ademáis, este mestre dirixe o seu obxectivo cara a web de Pastoral Xuvenil de Santiago (como webmaster), que ven de cumprir un ano como punto de encontro e convocatoria na rede para centos de rapaces da súa diocese. Pode que algunha vez se lle velase un carrete, pero a súa crenza na actualidade e vixencia da mensaxe de Xesús non acostuma a sufrir desenfoques. Con amabilidade aceptou respostar ás preguntas de Nova Fronteira.

¿Cal é a túa experiencia como webmaster da páxina de Pastoral Xuvenil de Santiago? ¿Cres que se pode facer Pastoral Xuvenil desde a rede?

A experiencia é moi positiva. Case tódolos comentarios que recibín foron de ánimo para continuar e mellora-la páxina. Outros non entenderon moi ben a función que lle queriamos dar, pero penso que pouco a pouco ímonos amoldando todos.
Con respecto a segunda pregunta, penso que si. Non se trata de convocar a vivir o evanxeo a través do ordenador, pero como hoxe en día a mocidade está tan “tecnoloxizada” hai que chegar a través do seu medio. Por exemplo: moitas quedadas facémolas polo móbil.

¿A xuventude que está conectada é apática para este tipo de temas, ou é que hai moi poucas webs que respondan ás necesidades dos xoves? ¿Como valoras o panorama de webs de esta temática que existen hoxe en día?

Depende. Na nosa páxina web, que funciona moito coma un taboleiro de anuncios, é máis difícil ver directamente esa participación. Comprobámolo despois, cando a xente chega a unha convivencia, unha viaxe, unha reunión, e falan das fotos que están colgadas, das convocatorias próximas…
No tocante as demais páxinas web penso que estamos aínda un pouco verdes, e que temos que mellorar moito. Entendemos algo de contidos, pero o medio aínda non o dominamos o suficiente. A tecnoloxía está a ofrecer moitas posibilidades, pero require un esforzo grande de aprendizaxe. Noutros países lévannos algo de vantaxe.

Diversos estudios e o sentir mesmo da sociedade parecen transmitir unha falta de interese dos xoves polos temas espirituais e relixiosos. ¿Por que? ¿Cres que é adaptable a mensaxe de Xesús de Nazaret ós tempos que vivimos?

Na miña opinión estamos perdendo en cantidade, pero estamos gañando en calidade. Non me refiro a que os que están sexan mellores que os que estiveron, pero si que sinto un compromiso moi grande por parte dalgunhas persoas que están dando todo sen recibir moito ou nada a cambio. Isto último é unha das cousas que máis me gustan da mensaxe de Xesús, e vale para calquera tempo.

¿Cales son, desde o teu punto de vista, os obxectivos e retos que se lle presentan á Igrexa actual na súa relación cos xoves?

Non penso que se trate dun problema de modernidade. A Igrexa actual formámola todos: laicos e consagrados. Antes dicían: “son cousas de curas”, e temos que dicir: “son cousas de Deus, e Deus é cousa de todos”. Penso que compartindo responsabilidades, implicando ós xoves na tarefa de transmitir e vivi-lo evanxeo, sendo comprensivo nas formas de expresión… Ben sei que é difícil (eu son o primeiro en non amoldarme a certas cousas).

¿Dende a túa experiencia, virtual e de actividades pastorais, que che aporta e con qué te quedas despois de anos de convivencias e traballo con xente nova?

Durante moitos anos vivín moitas realidades pasando de ser participante a colaborador ou co-organizador de algunhas actividades. O que máis me enche é o servicio. Sinceramente, o pouco que fago, fágoo polo sentimento cristián que os meus pais e na miña parroquia fixeron xermolar en min e que me sae espontaneamente. Non fai falla que me pidan as cousas dúas veces. Déixome liar axiña (a maioría das veces) ou digo que non podo, pero son da opinión de que hai que ofrecerse.