Ser a voz da esperanza
Por decimoterceiro ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita o sábado 26 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional.
O lema deste ano era: Pon voz á esperanza!!, entendido como unha chamada que Deus nos fai a ser a súa voz, a pronunciar sempre unha palabra de esperanza cristiá, a anunciar incansablemente a Boa Nova da Salvación, tendo en conta a última encíclica de Benedicto XVI (Spe Salvi).
Ás dez e media da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes unas 250 persoas.
Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil e o grupo gañador da categoría xuvenil do ano pasado, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar o concerto que nos ofreceu Nico Montero, cantautor cristián coñecido en toda España.
No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación, un trofeo e un CD de Nico Montero. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes, e por colaboradores da Delegación de Pastoral Vocacional entendidos en música. O primeiro premio da categoría infantil foi para o grupo do Colexio Xesús Maestro de Ferrol, das Discípulas de Xesús, de Ferrol. Na categoría xuvenil os tres grupos participantes decidiron que as súas actuacións non entrasen en concurso, compartindo as súas cancións pero evitando competir entre eles.

Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría Xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar un pequeno concerto que nos ofreceron os irmáns Óscar e Javier Santiago Sanmartín, xa coñecidos por todos os asistentes.
Un ano máis por estas datas entre os temas de conversación aparece o do resultado do Festival de Eurovisión. Logo de visitar algunhas páxinas web que tratan sobre o mesmo e observando o eco nos noticiarios, eu sigo, un ano máis, convencido de que ó noso país non lle interesa gañar o dichoso festival… pero deixando a un lado a calidade da canción que nos representaba, a súa letra e o seu manifesto acento do sur peninsular… invítovos a que examinedes a canción de Finlandia, a gañadora do concurso.
Cojan lápiz y papel, apunten esta receta, de un plato que sabe a gloria y que huele a vida eterna:
Esta é unha desas cancións que levan comigo moito, moito tempo; fai creo que 20 anos asistín cun grupo de rapaces e rapazas a un encontro organizado en Silos por “Cristianos sin fronteras” era unha daquelas “Marcha de la alegría” que se facían a nivel nacional. Alí aprendín esta canción que deixou en mín un recordo imborrable. Desgraciadamente
NF vive unos días de agitación. La participación es notable, con numerosos comentarios. Unos son graciosos, otros usan el lenguaje de los sms, que a los no acostumbrados dificulta un poco la lectura, y otros hablan de experiencias y de sentimientos.


