.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Novas e medios’

En As Pontes houbo música

29 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades, Música, Novas e medios Xa van 2 comentarios →

Fai click para ampliar

Xa pasou unha semana dende o Festival da Canción Vocacional de As Pontes. Hoxe ofrecémosvos as fotos e unha crónica aparecida en Dumio, que saiu o xoves pasado. Podemos completala nos comentarios.

¡Eh! Alguén te espera foi este ano o lema do xa tradicional Festival das Pontes. Por once ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita na Igrexa do Poblado, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional, coa colaboración da parroquia de Santa María de As Pontes.

Ás dez da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes preto de oitocentas persoas [Actualización; 20,06 do 30/04: Fran G. Dopico, responsable de Pastoral Vocacional, acláranos nos comentarios que os seus datos indican unnha participación aproximada de 300 persoas].

Pola mañá actuaron os grupos da categoría infantil, rematando coa celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría Xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar, nun conceto-testemuño, a actuación do cantautor Rogelio Cabado

No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes. O primeiro premio foi para o grupo que representaba ao Colexio O Pilar de Foz; o segundo foi para a Rondalla da Parroquia de San Bartolomeu de Cariño; e o terceiro premio foi para o grupo que representaba ao Colexio das Discípulas de Xesús de Ferrol.


.:NF:. Fotos do festival de As Pontes

Fai click para ampliar

A Pascua tamén se fai eco nos medios

28 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliar

Dumio, a publicación dirixida por Gonzalo Varela, ven de publicar unha nova edición na que trata a fondo o tema da Pascua. Son informacións que xa puidestes ler en NF cando se foron producindo, pero que agora Dumio recopilou para os lectores “de papel”. Así, todos os que non teñen doado acceso á web poden lelo en La Voz de Galicia.

Como sempre Dumio incorpora a carta do bispo, que se titula “Conciliar vida laboral y vida familiar”, e oturas seccións culturais e de opinión. Ademáis, incorpora unha información sobre os Scouts e a súa ultima xuntanza, así coma unha crónica sobre o festival da Canción Vocacional de As Pontes. A páxina web de Dumio está aloxada nos servidores de La Voz de Galicia.

.:Dumio:. A versión dixital da publicación mensual da diocese de Mondoñedo - Ferrol

Menos católicos e coa autoestima máis baixa

04 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Xa van 4 comentarios →

XovesPor primeira vez desde que se fan estudios estatísticos, menos da metade dos xoves españoles afirman ser católicos. O máis recente é o que hoxe fixo público a Fundación Santa María, recollendo 4000 entrevistas a xoves entre 15 e 24 anos. Juan González-Anleo, responsable da parte de relixión deste estudio, puxo o acento en que o alonxamento “acelerouse de forma sorprendente” respecto a 10 aos atrás cando o 77% se declaraba católico, e hoxe non chega ó 50%, un descenso de máis de 25 puntos”.

Se nos fixamos en cántos recoñecen ser parte activa da Igrexa, en 1994 eran dúas terceiras partes, no 1999 xa eran só a metade e en 2005 é un 29%. Inflúen nisto as “impopulares posturas da Igrexa” en torno ó aborto, o matrimonio homosexual, ou a súa inxerencia política.

Entre outras conclusións deste estudio de máis de 400 páxinas, atopamos a baixa autoestima da xuventude española, que se autoconsidera egoista, consumista e con pouco sentido do deber, debido entre outras causas á mala opinión que se verte sobre ela e á dificultade de emanciparse.

Os xoves españoles (ós que algún xornal calificou de “Jóvenes Aunque Sobradamente Pasotas”) móstranse “moi atados” ós seus pais, en grande medida pola dificultade para emanciparse e atopar unha vivenda. Son moi permisivos cos comportamentos privados (aborto, divorcio, eutanasia, adopción por parte de persoas homosexuais…) e menos cos delitos públicos.

En canto á confianza nos políticos, o 75% dos encuestados cre só buscan o seu propio interés e un 15% opina que traballan polo interés xeral. Segundo a autora dste capítulo do estudio, Maite Valls, un dos datos máis significativos é que o 46% dos xoves non se decantaría hoxe por un partido político se houbese eleccións.

“Os xóves de agora aman o luxo, teñen pésimos modais e desdeñan a autoridade. Mostran pouco respecto polos seus superiores e xa non se levantan cando alguén entra na casa[…] Prefiren insulsas conversacións ó exercicio, e están sempre dispostos a contradicir ós seus pais e a tiranizar ós seus mestres” Atribuido a Sócrates, século IV a.C.

Conmemoración mundial da morte de Xoan Pablo II

03 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Benedicto XVI - O Vaticano, Novas e medios, Vida e obra Ninguén dixo nada →

O papa, nunha das súas imaxes públicas

Hai un ano, por estas datas, morría Xoan Pablo II. Ó cumplirse o primeiro aniversario da súa morte, véñense sucedendo misas e funerais na honra do anterior sumo pontífice por todo o mundo. En Polonia, centos de miles de persoas (segundo ACI Prensa) se congregaron do mesmo xeito que hai un ano ante a Campana de Sexismundo da catedral do Castelo de Wawel, que so resoa para marcar os acontecementos máis importantes do país.

En Wadowice, lugar de orixe de Carol Wojtila, o bispo auxiliar de Cracovia, Mons. Jozef Guzdek dixo estar esperanzado, de cara a unha rápida beatificación e incluso canonización. En Varsovia celebrouse un concerto polo Papa no que participou Plácido Domingo, interpretando o “Requiem” de Mozart.

Por todo o mundo se alabaron as virtudes do finado: sensibilidade ó diálogo relixioso, aposta pola paz ou pola dignidade e dereitos do ser humano. En Roma, Benedicto XVI oficiou unha misa multitudinaria polo seu antecesor ó frente da Igrexa, á que acudiron fieis de todo o mundo.

En Galicia, o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, afirmou que Xoan Pablo II deixou unha Igrexa “máis revitalizada e creíble”, e expresou o seu agradecemento polo seu traballo como “pastor fiel”.

A figura deste Papa lonxevo, que se resistiu a abandoar o seu posto aínda cando a forza física non o acompañaba, segue a estar moi presente na mente e nos corazóns de millóns de cristiáns. Lonxe dos sentimentos de nostalxia, os cristiáns ven nel hoxe, un ano despois, un motivo para a esperanza.

Dumio mira cara a familia

30 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Ninguén dixo nada →

Dumio, a publicación do Servicio de Comunicación da diocese que sae cada último xoves de mes con La Voz de Galicia, centra a súa atención na familia, á que lle dedica as súas páxinas centrais.

O suplemento, dirixido por Gonzalo Varela, fala do encontro das familias en Valencia, previsto para este verán, pero aporta testimonios moi próximos, como son os de Juan Basoa (Delegado Diocesano de Pastoral Familiar), ou Laura Escudero e Pedro Dopico, unha parella que prepara a súa voda.

Encuentro mundial de las familias
Entrevista: Juan Basoa Rodríguez, Delegado Diocesano de Pastoral Familiar
¡Por coherencia!

Ademáis, hai espacio para a habitual carta de Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo - Ferrol, ou as columnas dos habituais colaboradores de Dumio, así como a axenda cultural e diocesana máis cercana.

.:Dumio:. A versión dixital da publicación mensual da diocese de Mondoñedo - Ferrol

Primeira Carta Pastoral de Sánchez Monge

17 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Libros, Novas e medios 1 persoa dixo algo→

Fai click para ampliar

Manuel Sánchez Monge publica a súa primeira Carta Pastoral, co título “Familia cristiana, ¡educa en la fe!” (PDF) Este é o primeiro gran documento de Sánchez Monge dende que fora consagrado bispo o pasado mes de xullo. Ó longo das súas 64 páxinas trata de axudar ás familias cristiás “a descubrir a beleza do que significa formar un fogar cristián e transmitir e educar na fe”, segundo as súas propias palabras:


Non quero dar leccións a ninguén, pero estou convencido de que a familia é o sitio humano no que irrompe o Deus amigo da vida, que non vive só, senón que é comunidade de amor. Invítovos dun xeito especial a recuperar a confianza na vosa tarefa educativa, e, máis en concreto, na vosa capacidade para ser educadores da fe dos vosos fillos

.

A carta está dispoñible na web da Diocese, ou ben pinchando aquí (PDF)

“A xente nova segue a ter valores que os curas debemos axudar a manter”

07 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Curiosidades, Entrevistas NF, Novas e medios Xa van 3 comentarios →

Javier Arce é un cura novo. Tanto, que aínda non cumpriu un ano como sacerdote. Reclama, sen complexos, que os curas podan facer una vida completamente normal, o seu dereito a non ser “un bicho raro”, di. Xoga ó fútbol no equipo “Os Chispas”, que saltou ás páxinas dos xornais e ás pantallas da televisión nas últimas semanas. A súa participación no Champions Clerum, un torneo europeo de cregos futboleiros, é o motivo. Quedaron sextos, e viviron unha experiencia moi agradable en Zagreb, Croacia. Un exemplo, dende a diocese irmá de Ourense, de cómo se pode compatibilizar a xuventude coa entrega Deus, as botas de taco e unha vocación moderna

-Pertences ó equipo “Os Chispas” ¿Como nace a idea?, ¿por que ese nome?

“Os Chispas” nace das ganas dun grupo de curas e diáconos de facer algo de deporte e convivir xuntos. O nome ven da nosa terra, xa que ourense é coñecido por ser unha “terra da chispa”, polas profesións, como a de afiador, pero tamén por outros motivos, como a augarddente

-¿Coñecedes moitos equipos coma vós ou sodes un caso raro? ¿Cal é a vosa traxectoria?

De momento non sabemos da existencia de ningún. O que si sabemos é que noutras dioceses hai interés por formar máis equipos como o noso. A nosa traxectoria pódese resumir nunha frase de San Agustin: “a virtude está no medio”. O ano pasado quedamos na mitade da taboa. Este ano vamos por ese camiño, e no campeonato europeo de Zagreb quedamos sextos de entre 10 equipos.

-¿Qué opinan os rapaces das vosas parroquias sobre o voso equipo?

¿Os rapaces? Mostran bastante interés por saber cousas do equipo. Nalgunha ocasión viñeron a partidos a animarnos.

-¿Por que resulta tan raro un equipo de cregos? ¿Credes que se lle deu moita relevancia ó voso caso nos medios?

Tivemos moito eco e moita relevancia na prensa, pero hai que ter en conta que os medios, a maioria das veces, van buscando o morbo e a anécdota. Neste caso igual. Por fortuna, hai xornalistas que si realizan ben o seu traballo, sen pararse en tonterías.

-¿Como levades ver que, pese a que o fútbol é un deporte nacional de toda a vida, poucos curas tiñan un equipo como o voso hai anos?

Non é exactamente así. Nos seminarios o deporte sempre tivo moita importancia. Ademáis, existen bastantes exemplos de curas que teñen axudado a crear algun que outro clube. Moitos deles xogaron e xogan en equipos de pobos.

-¿Cal cres que é o papel de curas novos, como os que formades “Os Chispas”, na Igrexa, e de cara á xente nova?

Basicamente, asumir o papel de sacerdote, ser cura hoxe, que non é pouco. De feito é o máis importante, creo eu. O realmente vital é ser xente con ilusión, alegria e dispostos a servir sempre a Xesús, ó seu Evanxeo e á súa Igrexa. Debemos estar abertos e acoller a aquelas persoas que máis nos necesitan. Hoxe a xente nova segue tendo grandes valores que os curas novos deben axudar a coidar.

O fútbol como maneira de transmitir cercanía

-¿Pode ser o fútbol unha maneira de evanxelizar?

Non é unha maneira directa de evanxelizar, pero sí de mostrarlle ós demáis, sobre todo á xente nova, que os curas non somos “bichos raros”. Sabemos divertirnos e todavia hai xente nova que segue entregendo a sua vida a Deus escollendo o camiño do sacerdocio. Por aí din que “dificil é ser normais” sendo curas. Eu penso que os curas, coa nosa identidade propia, levamos unha vida do mais normal posible.

-¿Cres que debería haber máis iniciativas coma esta? ¿Algún exemplo?

Actividades podense realizar moitas, sobre todo coa xente nova e cos nenos: torneos, ligas, encontros… pero sempre dándolle un toque crisitián, porque oferta deportivas con outros matices xa existe.

-Seguro que un equipo de cregos pasa por moitos momentos cómicos. ¿Recordas algún?

Si, hai moitas. Unha das máis graciosas foi cando nos atopamos cun arbitro que non cría que foramos cregos. O seguinte domingo apareceu na parroquia, coa intención de comprobar que realmente eramos sacerdotes.

Javi Arce, primeira foto, é o cuarto dos agachados (comezando pola esquerda)

Esta entrevista foi realizada especialmente para NF

.:NF:. Os Chispas, ou como os curas visten de curto
.: Blog “Os Chispas”:. Blog propio do equipo de fútbol “Os chispas”