.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Oración’

O mundo lembra

27 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios, Oración Ninguén dixo nada →

Imaxe escollida pola ONU para o Día Internacional de conmemoración anual do Holocausto
Holocausto

Más que una pupila
que ve las dimensiones
y que registra lo que existe,
y que compara,
Dios es una ilimitada oreja
donde los vientos de plegarias
y los golpes del mar
contra las rígidas rompientes
se acumulan.

Dios no está sordo,
percibe el grito
de cada brizna pisoteada.
Pero su boca enmudeció.

Pupila que no registra ya, que no compara.

Una lágrima muy roja
cae sobre una montaña de cenizas.

Rodolfo Modern

Hoxe é o día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto

Todos a unha

19 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Ecumenismo, Oración Xa van 4 comentarios →

Todos en torno a CristoDende onte e ata o 25 estase a celebrar a Semana de oración pola unidade dos cristiáns, que este ano se inspira na frase do Evanxeo de Mateo «Onde dous ou tres se reúnen no meu nome, alí estou eu en medio deles” (Mt 18,20).
Esta festa celébrase no hemisferio norte entre a festa de San Pedro e a de San Pablo (no sur, por mor do ciclo das estacións, é en Pentecostés), e trátase dunha semana que enlaza co espíritu ecuménico da comunidade de Taizé, da que xa falamos nesta web hai uns días.
A nivel mundial, os cristiáns, sexan da confesión e rito que sexan, rezan unidos pola paz, pola unidade, e seguindo uns textos bíblicos que refiren a un deus común: Xesús de Nazaret.
Esta semana de oración está pensada como un octavario, cun programa que dá consellos, proporciona citas e temas cara os que encamiñar a oración nestes días en que, quizáis de maneira máis especial, cómpre esquecer as diferencias e mirar cara ós puntos de encontro dos cristiáns. Unha comisión ecuménica (a comisión de Dublín) preparou tamén unha guía de textos a maiores para profundizar.

Esta festa celébrase tras a mensaxe de Benedicto XVI pola paz e o entendemento, xa non entre as distintas confesións, senón pola boa convivencia entre os homes de calqueira condición, nun mundo xusto.
Hoxe mesmo, festa de San Enrique, patrón de Finlandia, Benedicto recibiu a unha delegación luterana. Tras a reunión, o sumo pontífice declarou que “estas visitas son a ocasión para un ulterior e fructífero traballo, e para profundizar no ‘ecumenismo espiritual’, que chama ós cristiáns divididos a apreciar o que xa os une.

Xustamente o Papa será o encargado de clausurar o próximo mércores a semana, coincidindo coa festa na que se celebra a conversión de San Pablo.

(Podes atopar abundante documentación en moitas webs, como esta, da Revista Ecclesia. Ademáis, a Comisión da CEE para as relacións coas demáis confesións preparou unha carta)

O mestre Teilhard

11 Enero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Oración, Vida e obra Xa van 4 comentarios →

José Ramón López OrozaQuizáis a moitos dos que estades a ler estas letras non vos sone de nada Teilhard de Chardin; o propósito de que fale del é dobre: por un lado seguir prestando a colaboración con esta fantástica páxina web, e en segundo lugar que coñezades, ainda que sexa someramente, a esta gran personalidade da Igrexa de principios do século XX e sobre o que estou a elaborar a tesiña.

Poderíamos dicir moitas cousas sobre el e sobre a súa obra, pero para que non se faga pesado direi só tres:

1º.- Situalo cronolóxicamente: naceu en Sarcenat, preto de Clermont Ferrand (Francia) en 1881, e morreu en New York no ano 1955. Ós 18 anos entra como novicio da Compañía de Xesús, intentando dar forma ás súas ideas. Viviu a dura experiencia da 1ª Guerra Mundial como camilleiro. Cursou estudios de Paleontoloxía e Xeología na Sorbona de París. Desenvolveu a súa carreira en Asia, descubriu o Home de Pekín, e foi en China onde escribiu a sua obra mestra, El Fenómeno Humano. Foi apartado a Estados Unidos e os seus escritos sempre foron perseguidos e repudiados pola Igrexa. Tamén hai que decir que foron os cristiáns os que se encargaron a partir da súa morte, de dar sentido e forma a estos escritos.

Teilhard de Chardin2º.- A súa fidelidade ós xesuitas e á Igrexa Universal a pesar de ser “perseguido” polas súas ideas. Nunca renunciou a elas, pero tampouco nunca renunciou e foi fiel ata a morte cara aquelas duas institucións que tanto amaba e ás que servía. Quizáis teñamos todos que aprender desta postura: ser críticos e fieis á vez.

3º.- En terceiro e último lugar direi que o pai Pierre sentiu cómo vibraba o universo ó seu arredor e descubriu que a vibración era armónica e que procedía dunha mesma fonte. A partir de aquí, non sen esquecerse da nada e reflexionar sobre ela, centrouse na sacralidade da materia para esculpir o universo como se dun poema plástico se tratara. Así é, a resposta á dúbida foi a ciencia, a resposta á ciencia foi a fe mística, e a resposta á mística foi a poesía. ¿Quen dá máis? Por menos de nada deu máis que todo. Omega, ese punto culminante cara o que todos tendemos, está cada vez máis preto.

Déixovos un pequeno agasallo da súa obra, para rezar, interiorizar ou simplemente admirar:

No te inquietes por las dificultades de la vida,
por sus altibajos, por sus decepciones,
por su porvenir más o menos sombrío.
QUIERE LO QUE DIOS QUIERE.
Vive feliz. Te lo suplico. Vive en paz.
Que nada te altere.
Haz que brote, y conserva siempre sobre tu rostro,
una dulce sonrisa, reflejo de la que el Señor
continuamente te dirige.
Cuando te sientas apesadumbrado, triste,
ADORA Y CONFÍA
Teilhard de Chardin