Bo Nadal!
Bo Nadal! Que o neno Xesús encha de ledicia os nosos corazóns!
Bo Nadal! Que o neno Xesús encha de ledicia os nosos corazóns!

Como ves, cambiamos de deseño. Que che parece? Pronto cambiarán máis cousas, e voltaremos a retomar a actividade para que esta web sexa un verdadeiro punto de encontro xuvenil.
E ti, como vives o verán?
O noso nome di ben claro quén somos e o que pretendemos. Detrás desta páxina estamos un grupo de persoas, rapaces e rapazas, que nos situamos nunha fronteira: somos cristianos, xoves, persoas inquietas no medio desta sociedade, que queremos escoitar e facernos oir e, desde logo, persoas que temos moito que dicir.
Facemos isto desde unha clara opción cristiá, crendo que o evanxeo anunciado por Xesús sigue sendo válido. Pero ó mesmo tempo queremos escoitar voces moi plurais, daí que nos situemos na fronteira. Así, a nosa voz, a túa voz, a de calquera, pode sentirse, oirse e escoitarse.
Somos unha fronteira nova porque a maioría dos que estamos detrás desta inciativa somos xente nova. De tódolos xeitos, non queremos pecharnos só nun campo concreto: calquera que teña algo que dicir, compartir, opinar,… pode ter aquí o seu espazo. E isto queremos facelo tendo presente moitos aspectos nos que nos movemos: a arte, o cine, a literatura e música, as noticias máis actuais e os temas de reflexión, a nosa e a túa opinión,… A nosa páxina é un lugar de encontro de moitas voces; un lugar de encontro de materiais, inciativas, proxectos,… pero sobre de ilusións e inquedanzas.
Nova fronteira é o lugar de todos, o teu, o noso. Somos todos os que a facemos.
E-mail: novafronteira [arroba] gmail.com
En Nova Fronteira atoparás artigos de:
Antonio Valín, director da nosa páxina e membro da unidade pastoral de Vilalba. E-mail: valin.novafronteira [arroba] gmail.com
Álvaro Lamas, estudiante de Historia en Santiago e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Carlos Gómez Iglesias, rector do Seminario Menor de Mondoñedo.
Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Concha Quintela, profesora de secundaria e membro do equipo de Pastoral Xuvenil de Mondoñedo-Ferrol.
Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor de Mondoñedo. fran.novafronteira [arroba] gmail.com
Javier Santiago, sacerdote diocesano e membro do equipo de Pastoral Xuvenil de Mondoñedo-Ferrol.
José Ramón López Oroza, sacerdote; cursa estudios de Teoloxía en Salamanca. joseramon.novafronteira [arroba] gmail.com
Lucía Quelle, diplomada en Relacións Laboráis e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Moncho Noche, profesor de secundaria e membro da Asociación Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol.
Raquel Barreira, profesora de Relixión e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Rubén Prieto, sacerdote diocesano, membro da unidade pastoral de Vilalba.
Suso Arnau, estudiante de Inxeñería de Telecomunicacións en Vigo e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Tere Nécega, profesora de secundaria e membro do Colectivo Campamento Diocesán.
Se queres contactar con calqueira persoa que firma en NF, mándanos un e-mail a novafronteira [arroba] gmail.com e trataremos de poñerte en comunicación o antes posible.

O equipo que facemos Nova Fronteira queremos desexarvos que pasedes unhas boas festas, tentando recuperar o espírito de esperanza do Nadal, co neno Xesús recén nacido.
Para os estudiantes son largas (aínda que algo haberá que estudiar), pero nós seguimos por aquí, por se queredes pasar o Nadal connosco, ou polo menos, esbozar un sorriso. Bo Nadal!
Temos novidades nas nosas seccións web
Benvido a un lugar para o diálogo. Sacerdote directo ofréceche a posibilidade de comunicarte con sacerdotes novos da diocese, próximos a ti, para que lle plantexes as túas dúbidas. Sexas quén sexas, e de onde proveñas, os teus comentarios, as túas preguntas, serán atendidas polo noso equipo de “escoitadores”. Eles tentarán, a través do correo electrónico, dar algunha pista sobre o que se nos escapa, algunha pista sobre a maneira de nos acercar máis a Deus, sempre desde unha perspectiva cristiá. Non o dubides, escríbelles!
![]() |
fran.novafronteira [arroba] gmail.com |
![]() |
valin.novafronteira [arroba] gmail.com |
Se queres contactar con calqueira sacerdote que firme en NF e non tes o seu enderezo, mándanos un e-mail a novafronteira [arroba] gmail.com e trataremos de poñerte en comunicación o antes posible.
Cun pouco de retraso comezamos o curso en Nova Fronteira. Aquí seguimos, para seguir tratando temas nos ‘a fondo’, ir colgando as novas máis novas da diocese e tentando ser un punto de encontro para os xoves de Mondoñedo-Ferrol

