Contando os días para a Pascua
Contamos os días. A próxima semana celébrase, un ano máis, a Pascua Xove en Mondoñedo, unha das grandes actividades do ano na Pastoral Xuvenil da diocese, que leva máis de 15 anos facendo vivir á xente nova as festas máis importante dun xeito diferente.
Uns días para compartir, orar e reflexionar nun ambiente privilexiado (o Seminario Menor) e nun clima de tranquilidade.
Máis dunha docena de persoas traballaron, durante todo o ano, para facer realidade unha Pascua nova e atractiva, pero sobre todo productiva.
Podes ver aquí as cousas que se fixeron o ano pasado, que fomos contando en NF.




29 Marzo, 2007 ás 2:04
[…] Pascua Xove […]
29 Marzo, 2007 ás 10:40
Este é o segundo comentario que envío, espero que si apareza ou tiro co ordenata. Pode que alguén que lea isto lle poida parecer esaxerado e “normal” (qué vai dicir este); eu quero decilo. Estou vencellado á Pascua Xove de Mondoñedo desde o inicio: ó principio era dos que a preparaban a fondo; agora, por outras 23 pascuas nas parroquias non podo facelo, pero si sigo vencellado. Tento pasar estes días de Semana santa desde óptica cristiá, disfruto a tope coas celebracións e cousas que organizamos nas parroquias, vivindo a Pascua coa xente de cada día das comunidades; en Mondoñedo, as horas que estou, gozo “a lo bestia”. Só quero dar gracias por esta experiencia de tantos anos; alí verémonos e alí disfrutaremos. Boa Pascua
30 Marzo, 2007 ás 18:52
E momento para acercarse a Xesús máis que nunca. A Salvación (na morte e Resurrección) é motivo de celebración.
Ojalá este ano sea capaz de celebralo como merece, ainda que non sea na Pascua Xove. Que vaia mui ben, e efectivamente, BOA PASCUA a todos.