Cóstame crelo
Hai moitas persoas que cando falan da xente nova, soen facelo dun xeito pobre: fálase do negativo, daquilo que molesta, do “desastrosa” que pode chegar a ser. Persoalmente non mo acabo de crer. Podo afirmar que hai casos, grupos e ata colectivos que encaixarían dentro dese grupo que nas enquisas veñen sinaladas como “politicamente incorrectos”; os estudios que acaban de sair ás rúas van nesa liña, pero cóstame crelo, polo menos nos xoves que coñezo eu.
É certo que a mocidade non acaba de situarse –nunca o fixo de todo- na sociedade, cultura, política, valores, igrexa,… que a rodean. É certo que ser xove significa facerse un oco no abano de opcións que hai no mundo. A política, o traballo, as intitucións, as grandes relixións,… non convencen, non enchen e hai que buscarse a vida. Non é fácil ser novo, sobre todo porque o mundo que recibimos non é perfecto, nin siquera o que nos deixan aqueles que dun xeito apoloxético, falan das “preocupantes características da mocidade actual”. Cando un bota un vistazo á realidade que recibe, ás veces, dá medo, e iso que só a acollemos. Ante isto hai moitas reaccións: eu coñezo xente que bebe a sorbos enormes a realidade, que quere vivir a tope, que non dubida en meterse en traballos, actividades, grupos que moven a outras persoas –non sempre da súa idade-, xente que gasta o seu tempo libre e incluso outro tempo que podería adicar a outras actividades; son tíos e tías totalmente normais, que viven, se divirten e disfrutan da vida como xente nova (non pensedes que falo de alieníxenas); non, son unha peña ben normal. Cando traballo con eles, é unha pasada: vense valores, pequenas opcións,… tamén incoherencias e incongruencias, pero é xente que vai intuindo o que quere, e parece que o que quere é deixar detrás deles un mundo algo distinto. Pode parecer idílico –non o é- coñezo tamén outra realidade ben distinta, e no só nos xoves, tamén nos adultos; por iso me resisto a demonizar ós xoves e ó seu compromiso. Vendo a moitos dos da miña xeración penso qué é o que nos diferencia? somos nós moi distintos en actitudes, opcións, en pringarse en distintas actividades e campos? É só a mocidade deste novo milenio a que vai ó seu e ós demais e todo o que os rodea non importa?
Sinceramente, sígueme costando crelo.
Gustarianos saber qué opinas ti, cómo te ves, cómo ves á xente que te rodea e á sociedade. Nesta Nova Fronteira quixeramos escoita-la túa voz, le-la túa opinión; seguro, que tes moito que dicir. Esperámo-la túa colaboración.




24 Abril, 2006 ás 22:10
“… no sé si el mundo está al revés o soy yo el que está cabeza abajo…”
Certamente as xeralizacións nunca foron boas, pero desgraciadamente tendemos a xeralizar todo o que nos rodea e meternos a todos no mesmo saco…
Non vou dicir que eu sexa alguén cunhas inquietudes moi pronunciadas… pero si con imquietudes. Inquedanzas que moita da xente que me rodea non entende, inquedanzas nas que eu me podo afogar pero nas que ti ao mellor nin pensas.
Cada un de nós vive as súas inquietudes como pode, pero no que a maior parte estamos dacordo, é en que todos temos un cachiño de mundo que cambiar… un cachiño de mundo para poñer ao noso parecer, pois din que na variedade está o gusto. Pero esto non só para a mocidade, pois non somos as balas perdidas desta sociedade…
5 Enero, 2007 ás 0:40
MOCEDADE E CRISIS DE VALORES
A pregunta sobre a mocedade e os valores é hoxe un tema de gran actualidade, tal vez porque nas novas xeneracións mostranse os primeiros froitos do que a nosa civilización planta e cultiva. Deste xeito analizar a crisis de valores morais da mocedade será, en gran parte analizar a crise de valores morais da nosa sociedade en xeral.
Sería necesario analizar que perspectivas ofrecen os empregos existentes para a construcción dunha vida digna. ¿qué facer da vida cando as portas da realización persoal, a través do traballo digno, se pechan ou son estreitas e pouco estimulantes? Non é difícil percibir a conexión que existe entre a frustración e a violencia, a delincuencia, o trafico e o consumo de drogas. O alonxamento das relacións do traballo productivo leva o non valorar o traballo das persoas, o custo da vida e os bens de consumo; implantar a “regra” da ganancia fácil.
Na medida en que se tenda a facer dos mozos só consumidores e non compañeiros da producción, seguiremos recollendo froitos de apatía e de rebeldía.
Podemos atopar un exemplo desto cando analizamos a fascinación da mocedade pola noite, unha tendencia que hoxe incluso se verifica nos pre-adolescentes. Pode notarse que a noite volvese para os mozos un espacio de liberdade e autonomía, con respeto ós adultos; un lugar de denuncia e rebeldía; expresión de moda, espacio de violencia invisible ós adultos; escape dun mundo alienado carente de proxectos persoais e sociais relevantes, é por conseguinte intento de fuxir dunha frustración constante; máscara que esconde o medo ó futuro a través dunha fuxida liberadora do presente.
Os periodistas informaron que no encontro do papa en Denver, mentras o papa condenaba as relacións sexuais fora do matrimonio, o uso das drogas etc. Os mozos rían e aplaudían.
O proceso formativo de valores morais, para que sexa evanxélicamente conducido e ó mesmo tempo inculturado, esixe certa consideración de cómo os mozos participan na creación de logros na vida social, é decir na producción é “consumo de servicios”, na “producción e consumo” de relacións, na producción e “consumo” de sentidos. Un proceso formativo debe ser necesariamente participativo, superando relacións simplemente institucionais, impositivas e autoritarias
A crise de valores morais da xuventude debe ser vista no contexto bíblico de “signo dos tempos”; provocadores non simplemente dunha acción misioneira, senón tamén dunha revisión interna, espiritual e organizacional da propia igrexa.
8 Mayo, 2007 ás 23:54
le norme sull agriturismo…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Cóstame crelo…