De multiculturalidade, respecto, tolerancia e outras herbas
Moitas veces penso que estas son simplemente palabras coas que políticos, profesores, relixiosos de diferentes confesións, ou simplemente persoas de a pé, enchemos a nosa boca pero que logo é moi difícil poñer en práctica.
Cando vexo cousas como as que ocorreron con motivo das viñetas de Mahoma, ou as de agora coas palabras de Benedicto XVI, doume conta de todo o que queda por facer, de todo o que hai ainda que educar, (si, xa saíu a miña palabra máxica…).
Veredes, a mín non me gusta a palabra tolerancia, non me gusta cando se fala das persoas, e explicarei porque, tolerancia é algo así como que “eu permito que…” e eu non son quen para permitir ou non nada…Tolerancia colócame por encima, no plano superior, con capacidade para decidir sobre o outro…Decididamente, non me gusta. E non me gusta tampoco ese eufemismo que tanto se utiliza agora de Tolerancia Cero para evitar decir intolerancia que é o que queremos decir: E eu pregúntome porque non imos ser intolerantes con algunhas actitudes, algunhas formas de provocar, algunhas formas de pensar, que nos están ofendendo: podemos ser tolerantes con quenes se poñen ó volante logo de beber e beber?, podemos ser tolerantes con actitudes terroristas?, debemos ser tolerantes cos que exercen violencia sobre as mulleres?
Debemos ser tolerantes cos violadores, pederastas, etc, etc? Pois… cada cousa polo seu nome e polo que a mín respecta eu iso non o tolero, ou se queredes, son intolerante con todo iso. Pero intolerante non significa, violenta ou agresiva, simplemente significa que non quero unha sociedade que permita, tolere esas cousas, e significa un compromiso personal para educarme Y educar non xa na tolerancia…que me coloca por enriba se non no respecto.
En canto á multiculturalidade, é unha desas palabras que sonan ben, que quedan bonitas nos discursos, nos proxectos curriculares, nos programas electorais etc, pero é unha cousa realmente complicada, alomenos ó meu xuizo, eu sinceiramente non creo que esa multiculturalidade se poida dar, ou se dea nestes momentos porque a multiculturalidade supón a aceptación das diferencias, e para aceptar ó outro como é hai que coñecelo e respectalo no seu, e ese respecto debe ser recíproco. Pero cando chegas novo a un lugar, con costumes, credos, ideas, formas de vida diferentes intentas amoldarte ó novo pero tamén buscas entre os teus a protección e o reforzo das poucas cousas que te vencellan co que deixaches. Esquecer isto, que é básico, é botar por terra calquera intento de relación enriquecedora.
Pero a mín e remato, gustanme máis outras palabras, que tampouco son a solución pero que me axudan a entender e entenderte. Gustame a palabra ser humano, para descubrir un fondo común no noso camiñar, gustame a palabra igualdade para decirche que tes o mesmo dereito ca mín a ser respectado no teu, gustame a palabra respecto para decirche que quero escoitarte, entenderte e valorar o que me dices, e para todo aquilo no que non teñamos de acordo…pois gustanme duas palabras: dialogo para escoitarte e que me escoites e consenso porque hai que aprender a ceder en cousas para gañar ó ser humano. E a última palabra educación, si educación porque sen ela non hai nada.
Por todo isto, penso que non é bo rirse ou burlarse do que para outros é sagrado ou importante nas súas crenzas, ideas, etc; penso tamén que non podemos responder a esas ofensas con violencia de ningún xeito; aquela paráfrase de Ghandi á lei do Talión segue sendo hoxe máis verdade ca nunca “ollo por ollo…todos cegos”.




15 Noviembre, 2006 ás 18:20
Totalmente dacordo. A min pásame tamén un pouco eso, que hai palabras que -anque con un significao moi bon- teñen unha forma que da a entender o contrario.
A min, por exemplo, non me cadraba aquelo que se chamaba “todos contra la intolerancia” porque a palabra contra resultabame aquí algo violenta.
Por eso o que dí Tere me parece que está xenial….
17 Noviembre, 2006 ás 0:19
Pois eu vou a comezar do reves, falando do termo multiculturalidade para pasar ó termo tolerancia. A primeira palabra é unha verba que se utiliza moito nestes ultimos anos, sobre todo cando nos estamos a facer cada vez mais conscientes que,non apoiar este feito,é de xente racista e retraída. Ese é un problema, pois como o “socialmente correcto” é admitir que apoiamos todo o que no canto do social sexa positivo, disfrazamos o que realmente sentimos e dicimos cousas das que descoñecemos o seu significado e a sua trama persoal. Eu vexo moi dificil este feito porque, ainda que a maioría de nos o apoiemos, case ninguen o leva a practica. Chega o momento e moitos de nos pois desprestixiamos, sentimos recelo, medo ou desconfianza ante unha persoa xitana, unha persoa rumana, unha persoa senegalesa, etc. É certo que hai culturas que como xa levan moito tempo arraigadas entre nós as vemos como familiares e o contacto e o roce é o que vai facendo a confianza, pero moitas veces, xa non somos nos os que mostramos o recelo, son eles e elas mesmas. A etnia xitana é a primeira que admite que son dunha cultura diferente, e, como ben sabemos todos… “dous non discuten se un non quere”… o cal levado a este contexto…, “non hai multiculturalidade se un non quere”. Para levar a cabo a multiculturalidade que, en sí, o feito non existe, senon que o que hai son as relacións entre persoas de diferntes culturas, temos que ser tolerantes, e eu non estou de acordo co que di Tere no canto de que ás veces, ser ou non ser tolerante pode chegar a definirse como “dicir que eu non tolero e por iso son superior, mais que, por riba de, con poder sobre”. Hai xente que pode abusar de dicir que é tolerante ou que non o é e acompañalo de certo aire de prepotencia, e iso pode facer ver que esa persoa utiliza o termo para desprestixiar. Nembargantes, eu penso que iso é según a utilización de cada un. Eu interpreto que podo ser tolerante con persoas doutras culturas e ser intolerante ante unha persoa maltratadora, e non por iso me estou considerando superior a esa persoa. Está claro que os meus valores en aspectos humanisticos son superiores e teñen máis corpo que unha persoa mentalmente desestructurada que maltrata, viola ou corrompe a outros, pero non por elo penso que eu esté impoñendo algo. É certo que eu estou explicando, clarificando, expresando o que é bo e o que non é bo para min con ese termo, e nalgún caso, e seguindo o exemplo da persoa maltratadora, o que é bo ou malo para a sociedade e para o trato coas persoas.
Os termos son moi ambiguos dependendo do contexto e dependendo cómo os utilicemos, ou iso creo.
Apertas!
5 Enero, 2007 ás 0:19
El orgullo religioso
Muchas veces se hablo del orgullo farisaico o de la “justicia” de los fariseos. Jesús hablo de ellos considerándolos “sepulcros blanqueados por fuera”.
Los reproches que Jesús hace a los fariseos son de índole muy distinta (Mt 23; 1-13. 16-22. 29-36). Imponen a la gente cargas muy pesadas pero ellos ni siquiera las mueven con el dedo (meñique) (vv 2-4.13). Quieren que se les respete, ambicionan puestos de honor, y que la gente les salude y les conceda los tratamientos correspondientes; pero con ello convierten la gloria de Dios en su propia gloria (vv 5-12). Jesús les reprocha el que, con conciencia escrupulosa, dan el diezmo de todas las plantas, incluso de las que no sirven más que para condimento, y en cambio no hacen caso de los grandes mandamientos de Dios, de la misericordia y de la fidelidad (Mt 23,23).
En opinión de Jesús, esta seguridad de sí mismo destruye toda la vida. El hombre que piensa demasiado bien acerca de sí mismo, no toma ya en serio a Dios. Puesto que está seguro del juicio positivo de Dios acerca de su vida, lo único que se pregunta es cómo piensan acerca de el los hombres. Toda su piedad está orientada exclusivamente a que los demás le consideren una persona piadosa. Así que su piedad se convierte en hipocresía (Mt 6, 1-8). De la misma manera el hombre que piensa bien de si mismo, no toma en serio al hermano. Se considera a sí mismo mejor que el y desprecia al hermano (Lc 15,25-32; 7,39).
Las numerosas palabras de juicio que leemos en los evangelios van dirigidas, casi sin excepción, no contra los que cometen adulterio, engañaban etc., sino contra los que condenaban enérgicamente el adulterio y expulsaban de la comunidad a los mentirosos y engañadores. “¡Raza de víboras!” en (Mt12,34; 23,33). No se llama así a los pecadores sino a las personas piadosas. Y en (Lc 18, 9-14), quien agrada a Dios no es el fervoroso fariseo, sino el publicano. ¿Por qué? Porque las personas piadosas con su teología y su piedad, se han separado de Dios. Pues una piedad que conduce a la insolencia y a la seguridad de si mismo, es algo que casi no tiene esperanza.
José Carlos Enríquez Díaz
8 Mayo, 2007 ás 2:00
testo the killers…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » De multiculturalidade…