Dumio publica un especial sobre o Seminario

O último número de Dumio sae a luz como cada último xoves de mes. O suplemento, dirixido por Gonzalo Varela, distribúese co xornal La Voz de Galicia de forma gratuita.
Na última edición, publicada hai uns días, analízase en profundidade o tema das vocacións sacerdotais e a vida nos seminarios diocesanos, con entrevistas a seminaristas maiores e menores. Os primeiros cursan Teoloxía en Santiago para se convertiren en sacerdotes, mentres que os máis novos fan a secundaria nun clima de convivencia, máis atentos ó futuro que se lles presenta e á súa vocación.
Este último número incorpora a visión de Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol, así como un percorrido pola realidade dos nosos seminarios de Mondoñedo e Santiago, con opinións e reflexións de expertos.
Ademáis deste especial, Dumio segue a contar coas novas e artículos da man dos colaboradores habituais, cunha atención especial á cultura e á actualidade máis inmediata, con seccións como Faragullas, Galicia ou a súa sección de columnistas. Algún destes colaboradores integra tamén o equipo de Nova Fronteira.
A continuación, os artigos sobre o Día do Seminario, que xunto cos demáis, están dispoñibles (para os que non o poidan ver en papel o último xoves de mes) na web de La Voz de Galicia.



