.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Enero, 2006

Los pilares de la tierra

27 Enero, 2006 Escrito por: Suso Arnau, estudiante de Telecomunicacións en Vigo Tema: Libros Xa van 3 comentarios →

Suso ArnauVelaquí un claro exemplo de que os mellores froitos da literatura non se obteñen por encargo. O autor desta obra, Ken Follet, prolífico (anque pouco regular) escritor de novelas de acción, foi a crear a súa peza máis coñecida precisamente por amor ó arte, e sobre un tema totalmente alleo ás súas habituais conspiracións de espías coas que agora imita Tom Clancy.
Ambientándose na Idade Media inglesa, Follet vainos contando historias cruzadas de personaxes que acabarán coincidindo, ó longo do tempo, en torno á construcción dunha catedral. Pouco a pouco, asistimos ó nacemento dunha cidade e dunha época, mentres contemplamos a vida durante unha idade mítica anque pouco coñecida.
Los pilares de la tierra, de Ken FolletA obra ofrece innumerábeis alicientes: a historia atrapa dende o primeiro momento, sumerxindo ó lector nas vivencias dos personaxes, inmersos en múltiples intrigas e dificultades, a través dunha ambientación concienciuda e rigorosa que evita esas idealizacións tan típicas na produción histórica “de ler e tirar”. As personaxes, anque algo novelescas, tamén presentan un carácter humano que dista moito dos heroes e heroínas perfectos que estamos afeitos a atopar por aí.
Non é un libro que vaia levantar paixóns polo seu estilo, pero tal vez si o faga pola mestría ca que está tecido o fío da historia. Tamén aporta unha visión particular sobre a Igrexa nos tempos medievais, mostrando con total certeza vicios e virtudes, alternando un ton de louvanza cando se refire á busca de xustiza con outro máis ben satírico ó mencionar o culto a reliquias de procedencia dubidosa, por exemplo.
En resumo, é unha novela feita para disfrutar cunha lectura lixeira pero sen desperdicio ningún.

|Los pilares de la tierra| Ken Follet |Plaza & Janés, entre outras, varias edicións e formatos|

Benedicto fala ó mundo do amor

26 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Benedicto XVI - O Vaticano, Novas e medios Xa van 2 comentarios →

Benedicto XVI, na audiencia xeral deste mércores

“Hoxe en día, o término amor ven de converterse nun dos máis usados, e nun dos máis incorrectamente usados”. Son palabras da primeira encíclica de Benedicto XVI, feita pública hoxe, festa da conversión de Pablo. Unha encíclica é unha carta do Papa a tódolos cristiáns, con recomendacións, pensamentos, posturas acerca de temas actuais e tamén sobre as escrituras ou misterios teolóxicos. É o documento público máis importante que o Papa pode dirixir á Igrexa. Xoan Pablo II publicou máis dunha ducia no transcurso do seu pontificado.
A publicación deste documento ven rodeada dun retraso por mor da traducción, que por outra parte fixo que fora máis esperada, e por unha polémica sobre os dereitos de autor.
Máis alá da anécdota, a publicación da encíclica ten unha ampla repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo. “Deus é amor” é comentada en diarios españois xeneralistas, que destacan as palabras do Sumo Pontífice, por exemplo no que respecta á caridade:


“Pese ós grandes avances realizados nos campos da ciencia e a tecnoloxía, cada día vemos cánto sufrimento hai no mundo pola pobreza espiritual e material. A nosa época obriga a estar preparados de novo para axudar ós nosos veciños necesitados”

Fai tamén unha reflexión sobre o significado do amor nunha parella:


“o [significado] do amor entre un home e unha muller no que alma e corpo se unen inseparablemente e os seres humanos perciben unha irresistible promesa de felicidade”

Para Benedicto XVI, a expresión máxima do amor é a “donación” de Xesús na cruz, a morte polos demáis:

«É alí, na cruz, onde pode contemplarse esta verdade. E a partires de alí débese definir agora qué é o amor. E, desde esa mirada, o cristián encontra a orientación do seu vivir e do seu amar»

A caridade debe ser entendida, segundo Benedicto, dende a individualidade, a parella, e tamén dende a Igrexa. Para que esta manteña a caridade cristiá, o Papa fala da necesidade de:


“…basearse na experiencia dun encontro persoal con Cristo, xa que o seu amor tocou o corazón do crente suscitando nel o amor polo próximo.
[...]debe ser independente de partidos e ideoloxías. O programa do cristián é un corazón que ve. Este corazón ve onde hai necesidade de amor e actúa en modo consecuente”.

Entre outros moitos consellos, o sucesor de Pedro propón a oración como elemento imprescindible no camiño cara a caridade ben entendida, e reflexiona sobre a súa utilidade:


“Quen reza non perde o seu tempo, incluso se a situación semella impulsar únicamente a acción, non pretende cambiar ou correxir os plans de Deus, senón que trata- baixo o exemplo de María e os Santos- de buscar en Deus a luz e a forza do amor que vence toda oscuridad e egoísmo presente no mundo”

Xa hai quen a valora (un bispo, por exemplo), e en NF tentaremos analizar e debatir sobre esta encíclica, da man dos nosos colaboradores.
Ata o de agora, miles de cristiáns de toda condición en todo o mundo comezan a ler as páxinas da encíclica. Páxinas do pensamento de Benedicto XVI, que fai público o seu primeiro gran documento para servir de guía, axuda, e orientación dos cristiáns do século XXI.

Descargar a encíclica “Deus caritas est” (castelán)| PDF | DOC (Word)|

O que eu creo

25 Enero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Libros 1 persoa dixo algo→

Despois dunha primeira aproximación á figura de Teilhard de Chardin, en NF ofrecémosvos unha segunda entrega, da man de José Ramón López, que está a realizar un traballo de investigación sobre a figura deste sacerdote e pensador.

José RamónDesde que estou inmiscuido no coñecemento de Teilhard de Chardin son moitos os descobrementos que del fun facendo, moito o que me foi enriquecendo, pero tamén tiven a oportunidade de escoitar diferentes críticas (desos que mal se chaman os “carcas”) por achegarme e estudiar a un autor que éstos tratan como heterodoxo, como contrario á ortodoxia eclesial ou lonxano a esta. Diría eu que ¡bendita heterodoxia! e ¡maldita ignorancia!

O que eu creoÓ longo da miña vida, e porque así mo ensinaron os meus pais, fun aprendendo que ante todo debemos de respectar as opinións dos demais e non falar sen antes coñecer iso do que se fala. Creo que con demasiada frecuencia falamos de temas descoñecidos e criticamos tamén o descoñecido (pero…as apariencias enganan) o cal resume un estilo de vida cheo de prexuizos e máis ben pobre. Criticamos ó veciño de enfronte porque tén estas ou aquelas pintas, criticamos a aquel que viste así ou asá, aquel outro parece que é dun ou doutro xeito, este é corto, aquel é un prepotente, este é do PSOE ou do PP… e tantos e tantos exemplos que poderíamos poñer e cos que seguro cada un, algunha vez, nos sentimos identificados. Isto vale para todo, tamén para o meu autor. Teilhard foi un home criticado, mal criticado, un home apartado do medio para evitar que molestara (e enviado nada menos que a China), un home envexado por moitos e crucificado por outros, un home que viviu a tortura de sentirse marxinado incluso polos máis cercanos a el dentro da Compañía de Xesús.

Hoxe quero presentarvos o seu pensamento. Evidentemente non podo facer aquí un resumo do que semellante personalidade escribiu e nos deixou como herdanza ó longo da súa vida, pero si quero recomendarvos unha lectura que vos axudará a coñecelo e a xulgalo con algún criterio máis e mellor. O libro está editado en Trotta e titúlase “Lo que yo creo”. Teilhard intenta dar resposta xa nesos anos ó que nos chamamos secularización e que él, cheo de orixinalidade como sempre o foi, denomina “relixión da terra”.

Non digo nada máis, só que disfrutedes desta lectura e que vos enriquezades coas aportacións dunha das mentes máis privilexiadas do século XX.

Celébrase a primeira convivencia vocacional simultanea para nenos de entre dez e trece anos

24 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades Xa van 2 comentarios →

Fai click para ampliar

O pasado sábado rapaces de entre dez e trece anos participaron nunha convivencia organizada pola Delegación de Pastoral Vocacional de Mondoñedo – Ferrol. Era a primeira que se realizaba para esta franxa de idade, e celebrouse de forma simultánea en Ferrol (no colexio Discípulas de Xesús) e en Mondoñedo (no Seminario Menor), cunha temática común, e con notable éxito, segundo os responsables da actividade.
Dende as once da mañá, e tras coñecer ós que ían ser os seus compañeiros durante toda a xornada, os nenos traballaron a partires dunha montaxe titulada “O Pais dos Pozos”. Rubén Prieto, un dos responsables da actividade, explica que entre os obxectivos desta montaxe está “tentar que os rapaces descubran a realidade dificil de recoñecer, que Deus está dentro de nós e ten algo que dicirnos“.
Despois de reflexionar sobre estes temas, todos os participantes compartiron un xantar e un xogo, a modo de despedida.
Na convivencia de Mondoñedo os rapaces e rapazas asistentes completaron a xornada coa oportunidade de coñecer o Seminario por dentro, e comprobar de primeira man como é a vida dos seminaristas menores.
En canto á asistencia, “non foi moi elevada en numero pero si en calidade, sobre todo tendo en conta o desenvolvemento da convivencia e o compromiso dos asistentes por repetir, acompañados de amigos”, segundo Rubén Prieto.
Dende a Delegación de Pastoral Vocacional mostrouse o agradecemento a tódalas parroquias que participaron e ós curas que animaron ós rapaces a participar, e invítanos a seguir mantendo esta actividade, xa que “é moi positiva para os rapaces”, en palabras dun sacerdote participante.

Fai click para ampliar

As fotos da convivencia de Mondoñedo pódelas atopar na nosa sección fotos, ou pinchando aquí

La 5ª estación

23 Enero, 2006 Escrito por: Javier Santiago, sacerdote diocesano Tema: Música Xa van 2 comentarios →

Javier SantiagoLa 5ª estación é un grupo de música pop-rock que nace en Madrid con ganas de ser distinto no universo musical que coñecen. A finais do 2001 graban a súa primeira maqueta con Ángel Reyero (guitarra rítmica), Pablo Domínguez (guitarra) e Natalia Jiménez (voz); pero onde realmente comezarán a súa subida ó éxito será en México, pois é alí onde cobrarán cada vez máis fama co seu primeiro disco “Primera Toma” (2002). O contacto con este país e coa realidade latinoamericana deixará a súa impronta e de aí nacerá un novo proxecto musical máis maduro e co que voltarán á nosa península no 2004. En México acadaron o Disco de Ouro polas ventas desta gravación neste país. A última producción que temos no mercado de La 5ª Estación é “Acústico” (2005), recopilatorio dos seus éxitos.


Hay una niña sola en su habitación
Jugando con el aire y su imaginación
No comparte tesoros ni tampoco secretos
Su universo es grande más que el mundo entero
Ella ríe sin saber por qué, ella habla si saber por qué
Ella mira a su alrededor y no ve más que dolor
Niña que va a ser de ti sin sueños que cumplir
Con tu vida, no querrás seguir…
Niña que va a ser de ti sin sueños que cumplir
Con tu vida, no querrás seguir…

(Seguir lendo a letra de Niña)

Sobre Niña, unha das cancións do seu último disco, a primeira vez que a escoitas imaxinas con facilidade a situación dunha nena que vive rodeada de problemas. É doado ter esta impresión non só pola música senón tamén pola expresividade da intérprete. Tendo en conta que este grupo coñece a realidade latinoamericana, a miña imaxinación transpórtame a realidades concretas de marxinación… pero é a miña intuición. Realmente non sei qué historia hai detrás desta letra, pero si traduce unha situación de soedade, de medo, de tristura, de ganas de fuxir da realidade. ¿Cantos nenos e nenas no mundo non viven nesta situación extrema a causa da guerra, da explotación infantil, do maltrato familiar…? Escoitando esta canción venme á memoria un documental que gravei hai unhas semanas do programa “Documentos TV” que leva o título de “De guerra y niños”, podía poñerse esta canción como fondo ante as imaxes de dor, sufrimento e abandono que vin nos ollos daqueles nenos e nenas.

Título da canción: Niña| Grupo: La quinta estación | Album: Acústico (2004)| Páxina oficial do grupo|

Ampliamos sección, coa vosa axuda

23 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Ninguén dixo nada →

Estreamos sección recursos en Nova Fronteira. De momento ten moi pouca cousa, pero a nosa intención é ofrecer un espacio de descarga para profesionais da ensinanza de relixión, catequistas, educadores… ou mesmo material para a reflexión ou oración propia.
Dende aquí facemos un chamamento a todos os amigos desta páxina, para colaborar e que esta sección se convirta nun lugar de material compartido. Se tes presentacións, guías, material de oración, xogos educativos… en definitiva, recursos educativos e de sensibilidade cristiá, non dubides en mandárnolo ó noso e-mail. Deberás indicar a autoría, os teus datos, e unha breve descripción (unha ou dúas liñas, co tema e tipo de recurso).
Esperamos as vosas aportacións, para que NF sexa tamén unha grande posta en común útil para todos os nosos visitantes

San Juan de la Peña

23 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliar

“Camiñando pola ribeira do mar de Galilea viu a Simón e mais a Andrés, seu irmán, largando o aparello no mar; eran pescadores. Díxolles Xesús: -Vide comigo e fareivos pescadores de homes. E deixándo de contado o aparello, seguírono. Un pouco máis adiante viu a Santiago, fillo de Zebedeo e mais a Xoan, seu irmán; estaban arranxando o aparello no bote. E de seguida os chamou. Eles, deixando a seu pai, Zebedeo e mailos seus tripulantes no bote, seguírono.” (Mc 1, 16-20)

Tere NécegaO Claustro do mosteiro de San Juan de la Peña é unha das xoias do románica aragonés e español, e nel destaca o traballo no seus capiteis que datan dos séculos XII e XIII. Neles podemos atopar narracións do libro da Xénese, a infancia de Xesús e a súa vida pública.
Nos capiteis que temos a continuación podemos ver descrito con asombroso detalle o evanxeo que narra a chamada de Xesús a Pedro e Andrés, Xoan e Santiago. É un capitel dobre que comparte o mesmo ábaco, adornado con flores e motivos vexetais. A “adaptación ó marco” impón a súa lei ó artista, descoñecido, pero este é capaz de reflexar o texto con fidelidade e realizar unha talla precisa e fermosa pola súa concisión e sinxeleza. Están moi cuidados os detalles das barca, destacando a tablazón da quilla e a proa das mesmas.

Fai click para ampliar

No centro vemos a imaxe do capitel completo, na barca interior van tres apóstolos, e dous na exterior. Nas dúas un dos personaxes manexa un remo, e as ondas do mar están representa das dun xeito moi gráfico. Xesús camiña sobre a auga en Tiberíades, predica, bendice e chama ós seus seguidores: dereita Pedro e Andrés, esquerda Santiago e Xoan co seu pai Zebedeo –personaxe que leva un gorro.