.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Febrero, 2006

Dumio publica un especial sobre o Seminario

27 Febrero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Ninguén dixo nada →

O último número de Dumio sae a luz como cada último xoves de mes. O suplemento, dirixido por Gonzalo Varela, distribúese co xornal La Voz de Galicia de forma gratuita.

Na última edición, publicada hai uns días, analízase en profundidade o tema das vocacións sacerdotais e a vida nos seminarios diocesanos, con entrevistas a seminaristas maiores e menores. Os primeiros cursan Teoloxía en Santiago para se convertiren en sacerdotes, mentres que os máis novos fan a secundaria nun clima de convivencia, máis atentos ó futuro que se lles presenta e á súa vocación.

DumioEste último número incorpora a visión de Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol, así como un percorrido pola realidade dos nosos seminarios de Mondoñedo e Santiago, con opinións e reflexións de expertos.

Ademáis deste especial, Dumio segue a contar coas novas e artículos da man dos colaboradores habituais, cunha atención especial á cultura e á actualidade máis inmediata, con seccións como Faragullas, Galicia ou a súa sección de columnistas. Algún destes colaboradores integra tamén o equipo de Nova Fronteira.

A continuación, os artigos sobre o Día do Seminario, que xunto cos demáis, están dispoñibles (para os que non o poidan ver en papel o último xoves de mes) na web de La Voz de Galicia.

A FONDO

Deus é amor

27 Febrero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Benedicto XVI - O Vaticano, Novas e medios, Oración Xa van 1,046 comentarios →

Antonio BasantaFai unhas semanas foi publicada a primeira Carta Encíclica do papa Benedicto XVI, “Deus caritas est”, “Deus é amor”. Unha frase tomada da primeira carta de san Xoán (4, 16) e que representa unha das afirmacións máis logradas que sobre Deus aparece na Biblia.
Penso que vale a pena, aínda que só sexa como sinxela presentación que anime a unha lectura máis pausada e meditada do texto, entresacar de forma resumida algunhas das afirmacións máis importantes. Para elo tratarei de presentala en “dezaseis” puntos ou items, en sintonía co número ordinal do pontificado do papa Benedicto:

  1. A palabra “amor” é unha das máis utilizadas e das que máis se abusa.
  2. O amor non se ten que deixar dominar polo instinto. Polo tanto precisa de purificación e maduración, e mesmo tamén de renuncia.
  3. O amor engloba a existencia enteira, en tódalas súas dimensións, mesmo tamén o tempo. O amor tende á eternidade.
  4. Quen quere dar amor ten que recibilo previamente como don. A fonte dese amor está en Xesucristo.
  5. A celebración da Eucaristía compromete no exercicio práctico do amor.
  6. O amor a Deus e ó próximo fúndense entre si: no máis humilde encontramos a Xesús e en Xesús encontramos a Deus.
  7. O amor a Deus e o amor ó próximo son inseparables, son un único mandamento.
  8. Toda a actividade da Igrexa ten que ser unha expresión do amor, que busca o ben do ser humano.
  9. A Igrexa non pode descoidar o servicio da Caridade, como tampouco a celebración dos Sacramentos e a predicación da Palabra.
  10. A Igrexa non pode substituír ó Estado no empeño dunha sociedade máis xusta. Pero tampouco pode quedar á marxe na loita pola xustiza.
  11. Xunto co exercicio da caridade por parte de cada cristián individualmente, a Igrexa non debe ser dispensada do exercicio da caridade como actividade organizada.
  12. Os seres humanos necesitan humanidade, atención cordial… Unha atención que sae do corazón.
  13. O cristián sabe que “Deus é amor”. Polo tanto a mellor defensa de Deus e do home consiste precisamente en vivir o amor.
  14. A pesar das incomprensións e confusións do mundo que nos rodea, os cristiáns cremos na bondade de Deus, en que é Pai e nos ama.
  15. O amor é unha luz. O amor é posible. Vivir o amor e levar a luz de Deus ó mundo é a invitación que o papa nos fai nesta Carta.
  16. Finalmente, a figura de María, a Nai do Señor, sobresae, non por poñerse ela mesma no centro, senón por poñer a Deus, a quen encontra na oración e no servicio ó próximo.

Vale a pena que tomemos nota, particularmente os que nos temos por cristiáns e valoramos o feito de crer, para non esquecer o esencial da nosa fe. É verdade que son cousas sabidas, e, ás veces, demasiado repetidas e predicadas. Sen embargo non está de máis retomar “o corazón da fe cristiá” para vivila e testemuñala máis autenticamente.
Como di san Paulo, “o amor non pasa nunca”, e con palabras de san Xoán da Cruz, “ó atardecer da vida, examinarannos de amor”.

Abúrrome en misa

24 Febrero, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, Abúrrome en misa 1 persoa dixo algo→

Antonio Valín“Joer! tengo que ir a misa… Bah! la pesada de mi madre, qué voces para que me levante para ir a la parroquia. Sí, y ella, nada; tendrá cara la tía…”

Isto escoitábao non hai moito, falando cun grupo de rapaces que veñen á catequese da parroquia. Podería poñer outras moitas frases, pero poden valer para centra-lo tema: Abúrrome na misa.

Pedímoslle ós nosos colaboradores que opinaran sobre esta frase e todo o que hai detrás. Seguro que máis dunha vez, fixemos o mesmo comentario ou escoitámolo moi cerca: os cristiáns xúntanse cada domingo a celebrar a eucaristía. Moita da xente que acude é bastante maior, tamén nenos, pero rapaces… vense menos. Os caretos dos que acudimos non teñen desperdicio… por que? É aburrida a misa?

Aquí tes distintas opinións sobre o tema. Seguro que ti tes algo que dicir, algunha experiencia que compartir,… É por iso, polo que lanzamos este tema; gustarianos que contára-la túa experiencia, cómo te sintes, e que o fixeras desde a sinceridade.

Nesta ocasión contamos cun colaborador máis, Carlos Nieto, que desde Madrid envía a súa aportación. Gracias pola mesma, igual que gracias a cantos estades a facer connosco Nova Fronteira. Queremos escoita-la túa voz, así pode que ir á misa non sexa un aburrimento…

De la misa al aburrimiento

24 Febrero, 2006 Escrito por: Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago Tema: Abúrrome en misa 1 persoa dixo algo→

Carmela LamasSi eres de los que, como yo, te has sonrojado un poco al leer el tema de esta nueva entrega de a fondo, que en cuanto has visto de lo que íbamos a hablar has empezado a pensar que esto puede ir un poco por ti… tampoco te preocupes demasiado, ocurre en las mejores familias… En la misa sólo se aburren los que van, y eso es un punto a nuestro favor. Creo que no pasa nada porque a veces no seas capaz de mantener el hilo, porque tu cabeza este más fuera que dentro de la iglesia, porque te suene a chino lo que se habla desde el altar… pero sólo a veces. El problema es cuando la Eucaristía deja de tener sentido, cuando empezamos a pensar que hay millones de cosas mejores que hacer un domingo por la mañana, cuando el aburrimiento nos aturde la cabeza, nos ciega, no nos deja ver más allá de las palabras adormecedoras de una homilía, nos impide encontrar el valor y la importancia a la celebración del domingo o hace que dejemos de ir.

Aquí se nos plantea un problema importante, el de tantos jóvenes que dejan de asistir a la Eucaristía por aburrimiento. Un recurso muy fácil en estos casos es echarle la culpa al sacerdote… que si las misas no son “dinámicas”, no las hacen participativas… pero el problema no es ese… Lo de ser o no ser un showman, va con el carácter de cada uno y en ocasiones puede ser un arma de doble filo… porque nos quedamos mirando al dedo, sin fijarnos en lo que nos está señalando que es lo realmente importante. Yo creo que el problema no es que todos los curas no sean de la escuela de Buenafuente o Cruz y raya, el problema es que muchas veces no somos capaces de ver más allá de ese dedo del que hablaba antes. Nos quedamos en el continente sin prestar atención al contenido. ¿Cómo nos puede importar la forma, con un fondo como el Evangelio?

No perdamos el hilo conductor

24 Febrero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Abúrrome en misa 1 persoa dixo algo→

Por Carlos Nieto, subdirector do Colexio Maior Diego de Covarrubias en Madrid

Un buen amigo me pregunta si me aburro en misa. La verdad es que no, tengo la suerte de ser feligrés de un sacerdote excelente que me deja “embobado” con sus homilías y de las que cada día aprendo más. Pero he de reconocer que esto no es la tónica general. Muchos sacerdotes son aburridos, monótonos y tienen un tono de vez que favorece poco la predicación o sencillamente no se preparan sus discursos. ¿Qué diríamos si un catedrático no se prepara sus clases? Creo que algo igual ocurre con los sacerdotes.

Pero no podemos perder en ningún caso el hilo conductor de la eucaristía, que no es otro que el momento en que se nos da a todos el pan y el vino hecho carne y sangre, verdadera comida y verdadera bebida. “Haced esto en memoria mía” (Lc. 22,19)
Con estas palabras Jesús instituye este sacramento y se nos da a los demás en un ejercicio supremo de amor y de caridad con todos los que somos y los que fueron y serán peregrinos por esta vida.

Debemos pues vivir la misa como cristianos, debemos dejar a un lado el que a veces sea un poco aburrida y ver que es un momento en el que Dios, que no es otra cosa que Amor, se nos da a todos nosotros.

Non me extraña; ¿ou si?

24 Febrero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Abúrrome en misa 1 persoa dixo algo→

José RamónUnha das excusas máis recurrentes na actualidade para explicar a ausencia nos oficios eucarísticos é o de mentar o aburridos que son estos encontros. Non deixa de ser certa esta afirmación, porque eu tamén me teño aburrido e me sego a aburrir algunhas veces, e a outra moitísima xente pásalle o mesmo, incluso a moitos/as de misa diaria lles resulta máis productivo o rezo do rosario ou dalgunhas oracións que atender ó que no Banquete Eucarístico se está a dicir e vivir; pero non por certa deixa de ser sorprendente esta afirmación.

Cando un se aburre cos seus amigos propón novas formas de divertirse, de pasalo ben, de disfrutar dos ratos que pasan xuntos…; cando a un non lle gusta o cine busca a diversión e o entretemento nas discotecas, ou noutras formas diversas, cando un non se divirte na misa, simplemente non vai, etc. Pero… ¿A misa é un divertimiento ou tén que ser algo máis ca iso? Quizáis estamos a buscar un circo, un teatro, un concerto…, pero non nos decatamos que estamos nun acto religioso que non tén que ver con esto directamente ainda que sí o poda incluir como “signum” (calquera cousa que evoca ou representa a idea de outra) que nos leva a Deus. A misa é encontro de acción de gracias a Deus no medio dunha comunidade e mediante uns signos. Eu pregúntome, si os signos que se empregan na Eucaristía non os entende case ninguén, ¿por que nos empeñamos en seguir empregándoos? ¿Se un día non sabemos que significa unha sinal de tráfico, non estaremos a correr o risco de ter un accidente?

Abogo por realizar un esforzo entre todos para facer destos encontros con Deus, encontros alegres, entendibles, que digan algo para a vida, que nos den vida. Abogo por mollarnos, a solución non está en cambiar ou fuxir (como nos divertimentos) senón que está en implicarse para que sexan como “eu” (calquera de nós) creo que deben de ser, como Deus me pide a min que sexan. Sinceramente penso que se facemos un esforzo e somos libres, podermos recuperar a verdadeira importancia da Eucaristía.

Cando celebrar non é celebrar

24 Febrero, 2006 Escrito por: Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor Tema: Abúrrome en misa Xa van 4 comentarios →

Fran Dopico“Abúrrome na Misa” eu considéroa unha frase polisémica, xa que cos mesmos termos se expresan dúas realidades moi relacionadas unha coa outra pero moi distintas, unha referida á forma e outra ó contido da mesma celebración. Explícame, para o cal ídesme permitir “traducir” a frase a outros termos (coa traizón que toda tradución supón):

  • “A Misa é unha celebración aburrida e pouco participativa”.
  • “A Misa é unha celebración que non me di nada para a miña vida”

A frase “abúrrome na Misa” escoitámoslla maioritariamente á xente nova pola prudencia ou o respeto da xente maior, non porque esta última non se aburra. Permitídeme xeneralizar para expresar mellor o que quero dicir.

Haberá quen diga “pois vale, ¿e que? á Misa non se vai a divertirse nen a pasalo ben” e non lle falta razón; pero o problema, e ahí creo que se debería centrar o debate (neste foro e en toda a Igrexa), non está en que a alguén a Misa lle pareza unha celebración aburrida (forma), senón en que lle resulta aburrida porque non a vive, porque realmente non é celebrar nada (contido).

Neste sentido os curas temos unha gran parte de culpa; moitas veces preparamos celebracións especiais, adaptamos cousas, intentamos innovar (dentro do pouco que a liturxia permite innovar), e ata nos sentimos orgullosos se nos resulta unha celebración “vistosa” e entretida; pero poucas veces, e agora falo da miña culpa persoal, imos ó importante e nos preguntamos se realmente os que participaron celebraron alí a súa fe, se VIVIRON a celebración.