.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Marzo, 2006

Ah! Que dis? Que es cura? Bueno…

20 Marzo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: A Fondo, Sacerdotes de hoxe en día Ninguén dixo nada →

Antonio ValínÁs veces este é o comentario que escoito cando me presento nalgures e me preguntan en que traballo e cousas así. O que non ten desperdicio é a cara que se lle queda cando oen “son cura”.

Celebramos estes días na igrexa de España o Día do Seminario, unha xornada para que os cristiáns pensemos niso de ser cura e volvamos ós ollos ó Seminario. Este é o tema do que imos falar en Nova Fronteira.

Non me gustaría caer nos tópicos anque hai cousas que si hai que dicir: hai poucos curas, a idade media vaise disparando, coñecemos un grupo de xente nova con moita ilusión,… pero hai mogollón de parroquias sen cura, os seminarios teñen pouca xente, parece que iso de ser sacerdote non ten moito éxito. Por que? Que pasa? Seguro que non hai unha soa razón, e é difícil responder. Non se trata aquí diso, só de que pensemos qué é un cura, qué fai e cal é o seu papel na igrexa. Tamén podemos pensar: eu… por que non? (non é tan descabellado e dígoo por experiencia).

Moitas veces me preguntan qué é iso de ser cura, cómo vivimos, etc. Conto, máis ou menos, en que consiste a nosa vida, e gústame facelo poñendo exemplos, para non caer en frases moi ben artelladas sobre o sacerdote, difíciles de comprender para moitos. É por iso polo que vou ir mandando a NF, neste días, imaxes sobre qué é un cura. Aquí vai a primeira, xa me diredes que vos parece…

Fai click para ampliar

É unha pasada de foto, e creo que pode definir moi ben o que debe ser un cura:
mans cansadas no traballo polos demais,
mans que bendicen e acollen,
mans que perdoan a todos (sen xulgar),
mans que traballan fisicamente,
mans abertas,
mans que oran e buscan ó seu Deus,
mans arrugadas pola experiencia,
mans que acarician e transmiten,
mans de Deus,…

Sei que é o ideal, pero tamén sei que un cura que non teña estas mans, precisa seguir afondando no seu ser (e como dicía antes, seino por experiencia)

Achégase o tempo da Pascua

19 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Pascua Xove Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliarContan os maiores que hai tres días no ano importantísimos para todo crisitán, destacando sobre todos o da Resurrección de Xesús. É a culminación da Coresma, dentro do ano litúrxico, e prodúcese tras uns días intensos, coincidindo coa entrada de Xesús en Xerusalén, a súa última cea e momento de fundación da Eucaristía e a súa morte na cruz.

En toda a nosa diocese prepáranse celebracións especiais, así como no resto de España. Grandes procesións cargadas de devoción, misas especiais ás que chamamos “oficios”, e nalgúns casos reunións en diversas comunidades para vivir estes días máis intensamente.

En Mondoñedo, cada Semana Santa, un grupo de xoves xúntase para vivir a Pascua Xove. É a maneira que teñen de vivir de xeito máis moderno e dinámico uns días que axudan á reflexión e a atoparse con un mesmo e con Deus.

Detrás da Asociación Pascua Xove (que organiza este encontro xunto con Dedinex) están estudiantes universitarios, xoves traballadores e algún cura. Hai 16 anos xuntáronse porque necesitaban aire limpo, vivir a Semana Santa doutra maneira. Buscaban respostas a moitas preguntas, dende a fe, sen por iso deixar de ser eles mesmos. Moitos, tras uns anos na Pascua cada vez teñen máis preguntas, máis portas abertas… pero o que ningún destes rapaces pon en dúbida é que a vivencia verdadeira da morte e resurrección de Xesús produciu un cambio nas súas vidas.

Ó longo destes días iremos publicando algúns comentarios de participantes na Pascua, para a que xa está aberto o prazo de inscrición.

Ademáis, Nova Fronteira estará alí, con crónicas e fotos en actualización constante para que, se non podes vir, podas seguir as actividades que se desenvolverán en Mondoñedo eses días.

.:NF:. Convocatoria da Pascua Xove

Para vir á Pascua só tes que mandar un correo electrónico a pascuaxove@gmail.com , indicando o teu nome completo, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto, idade, e parroquia á que pertences.

O noveno día

18 Marzo, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Cine Xa van 6 comentarios →

Fai click para ampliar

Antonio ValínA historia deste film lévanos á biografía do sacerdote luxemburgués Jean Bernard (Henri Kremer na película) prisioneiro dos nazis en Dachau desde maio de 1941 ata a liberación. Alí, permitíuselle abandona-la prisión nove días. A versión oficial era que saía para ir ó enterro da nai; a real era que a Gestapo ofreceulle a liberdade a cambio da traición: convencer ó bispo Phillipe de colaborar co nazismo. Bernard tivo nove días para decidir, se rompía cos seus principios, salvando a vida e a da súa familia, ou renunciar á liberdade para ser fiel ó ideal.

Aparece aquí a controvertida posición do Vaticano ante o Terceiro Reich. Tamén a do bispo titular de Luxemburgo, duro oponente do nazismo, que desde a fe e o patriotismo rechaza esta ideoloxía, autoconfinándose no pazo episcopal e protestando a diario pola situación.

Fai click para ampliarPor último, aparece a historia persoal do protagonista, un home moral e psicoloxicamente ferido polo campo de concentración, que ten que decidir cousas que o desbordan. Deixaranlle saborea-lo mel do cariño familiar para doblega-la súa vontade.

A película pon de manifesto a condición histórica da Igrexa, que ten que vivir no medio de contradiccións e complexidades. É unha historia dura, real, case brutal,… que se produce no máis íntimo dos seres humanos concretos: alí onde un se configura como persoa e crente.

Non é un film comercial; si é unha boa longametraxe para ver o que supón a opción de fe nun mundo sen fe.

Título orixinal: Der neunte tagDirector: Volker Schlöndorf │Alemania-Luxemburgo │ 2004Intérpretes: Ulrich Matthes, August Diehl, Hilmar Thate, Bibiana Beglau │Duración: 98 minutos│

Primeira Carta Pastoral de Sánchez Monge

17 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Libros, Novas e medios Xa van 2 comentarios →

Fai click para ampliar

Manuel Sánchez Monge publica a súa primeira Carta Pastoral, co título “Familia cristiana, ¡educa en la fe!” (PDF) Este é o primeiro gran documento de Sánchez Monge dende que fora consagrado bispo o pasado mes de xullo. Ó longo das súas 64 páxinas trata de axudar ás familias cristiás “a descubrir a beleza do que significa formar un fogar cristián e transmitir e educar na fe”, segundo as súas propias palabras:


Non quero dar leccións a ninguén, pero estou convencido de que a familia é o sitio humano no que irrompe o Deus amigo da vida, que non vive só, senón que é comunidade de amor. Invítovos dun xeito especial a recuperar a confianza na vosa tarefa educativa, e, máis en concreto, na vosa capacidade para ser educadores da fe dos vosos fillos

.

A carta está dispoñible na web da Diocese, ou ben pinchando aquí (PDF)

Una realidad que sonríe

16 Marzo, 2006 Escrito por: Álvaro Lamas, estudiante de Historia en Santiago Tema: Crónica de actividades Xa van 5 comentarios →

Álvaro Lamas, colaborador de NF y monitor del Colectivo Campamento Diocesano, relata de primera mano (ver foto) su experiencia en la I Xuntanza de Inverno

Fai click para ampliar

Álvaro LamasAl filo de las once y media de la mañana llegaban al seminario mindoniense los últimos rezagados. En la sala Crecente Vega, las guitarras arrancaban ya con los primeros acordes del “somos una familia”. La I Xuntanza de Inverno estaba comenzando.

Mientras padres, abuelos y demás familia se reunían con los representantes de Pastoral Familiar; niños y monitores del CCD nos poníamos nuestra mejor “ropa de verano”, instalábamos en “chip campamento” y nos disponíamos a pasarlo bomba con un juego por toda la casa.

Al mediodía, nos reunimos todos en la capilla para celebrar, para celebrar que teníamos algo que agradecer, algo que pedir… algo que celebrar. Una misa en la que, seguro, nadie se aburrió.

Después de recuperar fuerzas y tras el café de rigor –para los adultos— y mil y una patadas a la pelota para los más pequeños (¡y no tan pequeños!). Nos reunimos todos para seguir con la fiesta.

El farfán nos sirvió para reírnos hasta llorar, conocernos un poco más y descubrir en padres, niños y monitores habilidades que desconocíamos. Entre pruebas, bailes y preguntas descabelladas la jornada fue llegando a su fin; los acordes en la guitarra de la canción que nos había servido de lema, nos indicaban que el momento de la despedida se acercaba y las sonrisas en los rostros de todos, nos obligan a intentarlo de nuevo el año próximo.

Dos días intensos de preparación, alguno más de trabajo previo y la satisfacción del objetivo cumplido. Todas nuestras incertidumbres chocaron con la Realidad, que nos volvió a sonreír. Concluyo del mismo modo que lo hacía la encuesta repartida el pasado sábado: GRACIÑAS E ATA O ANO QUE VEN!!!

Unha xuntanza que fortalece unha gran familia

16 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades 1 persoa dixo algo→

A continuación, unha das crónicas da I Xuntanza de inverno do CCD, pola monitora Cristina Piñeiroa García

Fai click para ampliar

O bo pouco dura e o certo é que á I Xuntanza de Inverno do Colectivo Campamento Diocesano así lle aconteceu. Era a primeira vez que se consumaba un proxecto que rondaba na cabeza de moitos desde anos anteriores e a pesar da ilusión que se puxo para sacalo adiante, tamén era moita a agonía de saber cal ía se-la resposta dos nenos e das súas familias, que ó fin eran os verdadeiros protagonistas do citado encontro. Pero o certo é que as expectativas cumpríronse con éxito e iso aínda nos fai sentir máis orgullosos de que o traballo realizado mereceu a pena.

Te-la oportunidade de compartir un día con persoas coas cales conviviches na época estival e poder coñece-las súas familias e que estas, á súa vez, coñezan de preto ó Colectivo Campamento Diocesano, ó cal cada verán encomendan ós seus fillos, supón unha experiencia de enriquecemento persoal mutuo. Polo tanto, cada un de nós contribuimos a formar esta gran familia que somos. Só decir que isto anímanos a seguir traballando para mellora-lo presente en vindeiras tempadas.

Celébrase a I Xuntanza de inverno do CCD

16 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades Ninguén dixo nada →

Fai click para ampliar

O pasado sábado, tras moito tempo de preparación, o Colectivo Campamento Diocesán celebraba a súa I Xuntanza de inverno, con notable éxito de paricipación. Algo a priori extraño, tendo en conta que a principal actividade deste colectivo diocesano é o campamento que se realiza en Lourenzá cada mes de xullo. Trátase dunha nova iniciativa, levada a cabo polos monitores do CCD, para non perder o contacto cos nenos, pero tamén cos pais. Unha nova proposta para a evanxelización, onde tamén participaron outras delegacións de pastoral.

Reflexionando sobre a familia como asunto central, houbo tempo tamén para os xogos dos máis pequenos, para que os pais se coñeceran, e por suposto para a oración, cunha eucaristía presidida polo consiliario do colectivo, Antonio Valín. En NF ofrecémosche as fotos e algunhas crónicas do que alí aconteceu

.:NF:. Fotos da I Xuntanza de inverno do CCD

Fai click para ampliar