Lonxe dos grandes titulares que a prensa utilizaba fai unhas semanas, o Informe Xóvenes 2005 da Fundación Santa María, e as súas anteriores edicións, ofrécennos unhos suxerentes datos de fronte ó tema que nos ocupa.
A comparación do nivel asociativo dos xoves españois ó longo dos últimos 20 anos marca unha relativa estabilidade, aínda que con una clara tendencia á baixa nos últimos anos. No ano 2005 non chega ó 20% a porcentaxe de xoves que pertencen a algunha asociación, dos que algúns (o 5% do total de xoves) pertencen a máis dunha. Ademais, a comparación con datos dos países europeos manifesta claramente un menor nivel asociativo na xuventude española. A pouco que ollemos ós datos evidenciamos unha peculiaridade significativa: a correlación practicamente negativa entre as asociacións que máis aparecen nos medios de comunicación (feministas, antiglobalización) e as que máis adeptos reunen entre os xoves: asociacións culturais, educativas, deportivas….
Outro dato curioso é o nivel de confianza dos xoves nas disntintas axencias asociativas, motivación importante de cara a unha posible inserción asociativa, nas institucións e movimentos sociais. Así, das institucións, só 5 das 16 propostas ós xoves aproban no grao de confianza depositado nelas; as organizacións de voluntariado (69% do total de xoves), o sistema de ensino (60%), a Seguridade Social (54%), a policia (51%) e a Unión Europea (50%). Perden a confianza depositada polos xoves as multinacionais, a OTAN e a Igrexa. Este desplome dos niveis de confianza non ten parangón nos anteriores estudios da Fundación Santa María.
Nunha época marcada pola desilusión e o pasotismo de fronte ás institucións vivimos un momento no que a fuxida por parte dos xoves acelérase considerablemente. O gris panorama descrito no caso das institucións repítese ó adentrármonos no terreo dos movimentos sociais, pese a que moitos deles correponden a organizacións de voluntariado, grupo que maior grao de confianza recolecta desde o 1999. Sen embargo, a pesar de que o voluntariado en xeral é a parte do Titanic asociativo que todavía non se afundiu, os datos comparados cos do 1999 amosan claramente a premonición dun lento afundimento.
A falta de implicación xuvenil demóstrase máis na participación real nos distintos grupos que na mera aprobación dos mesmos. Deste xeito, o incremento dos xoves que afirman non pertencer a ningún tipo de asociación é o máximo rexistrado nos últimos 15 anos sen comparación: si en 1989 un 74% dos xoves declaraban non pertencer a ningún movimento ou asociación e en 1999 descendía ata o 70%, en tan só seis anos as cifras aumentan ata o 80,9%. A maior perda porcentual de asociados ou participantes experimentana as asociacións deportivas (6,4% menos que no 1999), as asociacións xuvenís (3,4%%), educativas, artísticas e culturales (1,5%) e relixiosas (1%). Sen embargo, aumenta a participación, aínda que minimamente, en sindicatos, asociacións de dereitos humanos e partidos políticos.
Un dato a salientar é que a motivación altruista para asociarse está máis presente nos agnósticos e nos católicos practicantes. Neste sentido, aínda que en moi lixeiro descenso desde 1984, os xoves comprometidos seriamente en grupos e movementos relixiosos representan un 4,1% do total de xoves españois. A pesar de non recibir subvencións de ningún tipo por parte do estado, governos autónomos ou municipais, ese 4,1%, ó que teriamos que engadir milleiros de xoves que traballan en grupos benéficos e ONG de orixe ou inspiración relixiosa, compite moi ventaxosamente co número de afiliados reais doutros sectores xuvenís. Son en total uns 250.000 xoves; o mellor activo e un dos recursos máis poderosos e de futuro da Igrexa en España.
Por último, non podemos esquecer que lonxe dos números están as persoas que cualitativamente non se poden cuantificar pero sí acompañar e axudar a xestionar positivamente un patrimonio humano, relixioso e espiritual do que somos devedores e transmisores.