A canción polémica

Un ano máis por estas datas entre os temas de conversación aparece o do resultado do Festival de Eurovisión. Logo de visitar algunhas páxinas web que tratan sobre o mesmo e observando o eco nos noticiarios, eu sigo, un ano máis, convencido de que ó noso país non lle interesa gañar o dichoso festival… pero deixando a un lado a calidade da canción que nos representaba, a súa letra e o seu manifesto acento do sur peninsular… invítovos a que examinedes a canción de Finlandia, a gañadora do concurso.
Eu non entro na discusión do estilo musical, pero sí no contido da letra. Eu pregúntome si realmente somos conscientes das mensaxes e os contidos de moitas cancións de grupos e cantantes, en lingua extranxeira ou non, que a diario escoitamos.
Desta canción a min chámame a atención o seu carácter apocalíptico, fala de falsos profetas e de sinais como os que encontramos no Novo Testamento; pero as frases que máis resalto dela son “perdidos están los corderos sin la luz que los guía”, “para vencer los temores”, “desnuda ya tu alma”, “ahora elige” e “quien se atreve gana”, realmente para min significan unha invitación á reflexión dende a miña fe, cuestionarme o meu seguimento de Cristo, descubrir como na miña vida hai ás veces sombras e temores que debo vencer, para elo teño que espirme por dentro, teño que escoller, teño que atreverme… seguir á luz que me guía.
A letra da canción Hard Rock Hallalujah, aquí
Máis sobre o grupo Lordi
Máis sobre Eurovisión aquí, ou aqu.
Quixera achegarme a esta realidade non desde unha perspectiva negativa, para iso xa hai outros que o fan a diario e se adican a criticar sistemáticamente todo o relacionado coa “cultura” xuvenil. Máis ben quixera sacar en limpo unha cousa positiva dun fenómeno que en sí non o é de todo.Critícaselles ós xoves constantemente o individualismo galopante no que están inmersos, e o botellón é un dos fenómenos de colectividade máis chamativos. Xúntanse pandillas, xúntase megagrupos a falar, escoitar música e a beber (nalgúns botellóns son incluso sen alcol). Son manifestacións que demostran que os xoves están ávidos de atoparse, de disfrutar xuntos, de vivir a vida.
El botellón parece haberse convertido en la mejor y casi única manera que tiene los jóvenes de “santificar” cualquier fiesta: el verano, el año nuevo, el final de los exámenes…
A cuestión do botellón pódese abordar dende moitos frentes. Poderíamos escoitar ós que o defenden como un lugar excepcional para atoparse cos amigos. Tamén poderíamos escoitar ós pais que se desentenden dos seus fillos ata unha hora concreta da madrugada na que deben volver á casa. Ou escoitar ós que non poden descansar ata esa mesma hora da madrugada porque debaixo da súa ventá está a ter lugar ese encontro entre amigos, celebrado a berro pelado. Ou podemos prestar atención ó servizo de limpeza municipal. Ou ós donos dos bares cercanos. Ou ós donos dos supermercados. Ou ás forzas de seguridade. Ou a calquera que atopemos por ahí, que seguro que ten unha opinión formada ó respecto. E seguro que todos teñen algo de razón, hai que recoñecelo, pero non en exclusiva.
Recomendacións prácticas fronte ó tema do botellón:



