Nomeamentos diocesanos
Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo – Ferrol, ven de facer os seus primeiros nomeamentos nesta semana, que afectan á organización da diocese. Renóvase o Consello de Consultores, algunhas delegacións e a dirección dos seminarios, maior e menor, que contarán con dous novos rectores.
Segundo o Servicio Diocesano de Comunicación, os nomeamentos son os seguintes:
- Antonio Rodríguez Basanta, novo Vicario Xeral, en substitución de Félix Villares
- Félix Villares, delegado de Patrimonio e membro do Colexio de Consultores
- Gonzalo Varela, rector do Seminario Maior, en substitución de Segundo Pérez. Antonio Valín será o novo Director Espiritual, en substitución de Leocadio Posada
- Segundo Pérez, encargado das relacións do Cabildo co mundo da Cultura, novo coengo
- Cárlos Gómez Iglesias, novo rector do Seminario Menor de Mondoñedo, en subsitución de Félix Villares
- Carlos Miranda Trevín, novo Secretario Diocesano de Pastoral. Elimínanse as vicarías territoriais
- O colexio de consultores quedaría conformado por: Félix Villares Mouteira, Antonio Rodríguez Basanta, José Bello Lagüela, Segundo L. Pérez López, Rafael Lombardero García, Ramón Otero Couso, Juan Carlos Rodríguez Alvarez, Alfonso Gil Montalvo e José Antonio Llenderrozos López
- Os novos delegados diocesanos son: José Velo Nieto, Misións; José Manuel Carballo Ferreiro, Catequese; José Manuel Quintana Amado e María Luisa Castro Mirás, de ensinanza; Félix Villares Mouteira, Patrimonio; e Carlos Gómez Iglesias, Beca Parroquial.
Para os estudiantes, o mes de xuño é sagrado. Acábase un camiño iniciado en setembro ou outubro. Selectividade, exames finais, os últimos coletazos dun curso académico que nos fai saber que somos un ano máis vellos.



