.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Diciembre, 2006

Qué é NF

31 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Ninguén dixo nada →

O noso nome di ben claro quén somos e o que pretendemos. Detrás desta páxina estamos un grupo de persoas, rapaces e rapazas, que nos situamos nunha fronteira: somos cristianos, xoves, persoas inquietas no medio desta sociedade, que queremos escoitar e facernos oir e, desde logo, persoas que temos moito que dicir.

Facemos isto desde unha clara opción cristiá, crendo que o evanxeo anunciado por Xesús sigue sendo válido. Pero ó mesmo tempo queremos escoitar voces moi plurais, daí que nos situemos na fronteira. Así, a nosa voz, a túa voz, a de calquera, pode sentirse, oirse e escoitarse.

Somos unha fronteira nova porque a maioría dos que estamos detrás desta inciativa somos xente nova. De tódolos xeitos, non queremos pecharnos só nun campo concreto: calquera que teña algo que dicir, compartir, opinar,… pode ter aquí o seu espazo. E isto queremos facelo tendo presente moitos aspectos nos que nos movemos: a arte, o cine, a literatura e música, as noticias máis actuais e os temas de reflexión, a nosa e a túa opinión,… A nosa páxina é un lugar de encontro de moitas voces; un lugar de encontro de materiais, inciativas, proxectos,… pero sobre de ilusións e inquedanzas.

Nova fronteira é o lugar de todos, o teu, o noso. Somos todos os que a facemos.

E-mail: novafronteira [arroba] gmail.com

En Nova Fronteira atoparás artigos de:

Antonio Valín, director da nosa páxina e membro da unidade pastoral de Vilalba. E-mail: valin.novafronteira [arroba] gmail.com

Álvaro Lamas, estudiante de Historia en Santiago e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Carlos Gómez Iglesias, rector do Seminario Menor de Mondoñedo.

Carmela Lamas, estudiante de Medicina en Santiago e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Concha Quintela, profesora de secundaria e membro do equipo de Pastoral Xuvenil de Mondoñedo-Ferrol.

Fran G. Dopico, vicerrector do Seminario Menor de Mondoñedo. fran.novafronteira [arroba] gmail.com

Javier Santiago, sacerdote diocesano e membro do equipo de Pastoral Xuvenil de Mondoñedo-Ferrol.

José Ramón López Oroza, sacerdote; cursa estudios de Teoloxía en Salamanca. joseramon.novafronteira [arroba] gmail.com

Lucía Quelle, diplomada en Relacións Laboráis e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Moncho Noche, profesor de secundaria e membro da Asociación Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol.

Raquel Barreira, profesora de Relixión e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Rubén Prieto, sacerdote diocesano, membro da unidade pastoral de Vilalba.

Suso Arnau, estudiante de Inxeñería de Telecomunicacións en Vigo e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Tere Nécega, profesora de secundaria e membro do Colectivo Campamento Diocesán.

Se queres contactar con calqueira persoa que firma en NF, mándanos un e-mail a novafronteira [arroba] gmail.com e trataremos de poñerte en comunicación o antes posible.

Non creo no Nadal

29 Diciembre, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Caixón de sastre Xa van 5 comentarios →

Antonio Valín

Encántame este tempo do ano, xa desde sempre. Teño un mogollón de recordos moi ledos e entrañables. Si, gústame, non o poido remediar, pero… non creo no Nadal, polo menos o que se nos quere vender.

Non creo que haxa que facer unhas determinadas cousas obrigatoriamente; tampouco creo que sexa necesario meternos na voráxine comercial destas datas. Non son un “purista” do nadal; nin creades que a miña radicalidade fai que sexa un tipo raro nestas festas.

Non, son do máis convencional, pero non creo nese Nadal. Gústame adorna-la casa, compartir festas e regalos, felicitar e incluso aproveito para estar coa xente que habitualmente non podo, pero cada vez resúltame máis complicado vivi-lo Nadal, e que outros me deixen vivilo como me gusta.

Desde hai algún tempo sóbranme cousas; cada vez máis gústame o esencial: recordar a quen quero e ós que non quero tanto; orar algo; fixarme na festa do Deus que se achega; valorar os encontros coas persoas, estar cerca, orar,… e iso prolongado no tempo.

O ambiente navideño parece que obriga, e iso ponme inquieto. Non creo que nestes días haxa que facer cousas especiais que non facemos nunca; tampouco creo que sexa obrigatorio estar alegre e facer oídos xordos ós problemas que nos envolven cada día.

Si creo que este tempo é un tempo para pensar en Deus. Non me refiro a apampar mirando un nacemento (que moitas veces teñen pouco que ver coa realidade de Xosé, María e Xesús), nin os adornos,…

Si pensar que Deus me quere e que é tan carnal coma min. Que chorou, berreou e pataleou coma min. Que tivo unha nai e un pai cercanos e garimosos, que loitaron por el para sacalo adiante, ás veces con preocupacións (quen non?),…

Todo iso gústame pensalo porque no Evanxeo dise: “non vos asustedes (…) hoxe naceuvos un Salvador, o Mesías, o Señor”; hoxe, naceunos; hoxe, naceu tamén para min, e iso como non o pense moitas veces... Por iso, non creo no Nadal de caramelo, ventas e accións obrigadas … porque é Nadal.

Si creo no Nadal que vai ó corazón e me fai descubrir que estou vivo, que Deus está en min, que me quita os medos e que é tan carnal, que dá algo de medo, vértigo.

E isto, si que me fai estar ben, contento; neste nadal si creo.

Diñeiro, discoteca, condón, coches, moda e alcol

26 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Xa van 5 comentarios →

A semana pasada coñecimos outro estudio, dos moitos que se fan, sobre os gustos da xente nova. O que pensan, o que persiguen, con qué se identifican. O estudio, que podes descargar enteiriño aquí en pdf, foi encargado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción.

Fixéronse 1.200 entrevistas a domicilio, a xoves de entre 15 e 24 anos, e as conclusións son, entre outras, as seguintes:

  • Os iconos de identificación máis potentes son, por esta orde: o diñeiro, a discoteca, o preservativo, os coches, a moda e o alcol.
  • Nunha escala do 1 ó 10, o icono nazi ocupa o derradeiro lugar, o penúltimo o Parlamento, e os antepenúltimos os okupas e ultras de fútbol.
  • Sobre o futuro profesional, escollen con máis frecuencia da esperada a carreira de profesor, deportista e traballador de outros oficios en contraste cos tradicionais de xuiz, avogado ou militar.
  • As rapazas optan máis polas profesións docentes, de ciencoas humanas ou de acción social, e os rapaces prefiren profesións empresariais, non universitarias e de deportistas.
  • En canto ás drogas, o consumo iguálase por sexos, sendo a idade de repunte os 17 anos, aínda que ós 15 xa hai grandes cotas de consumidores, sobre todo de cannabis.
  • Consumen máis drogas os que se decantan diréctamente de dereitas ou esquerdas, así coma os ateos ou agnósticos.
  • Segundo outras enquisas, o consumo de cocaina duplicouse dende 1999 pola caida do seu prezo.

Estes son os datos, que podes ver resumidos en moitos medios de comunicación. Pero… ¿Qué pensas ti?

Comentar en NF

25 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Caixón de sastre Xa van 2 comentarios →

De boa educación é sacudir as areas dos zapatos antes de entrares na casa. Do mesmo xeito, en Nova Fronteira queremos animarte a que participes con nós de maneira educada e respetuosa. Con ese fin, e respectando tanto a liberdade para comentar como a de NF para fomentar o debate, vimos de decidir unhas normas básicas para que a conversación non perda nunca o seu carácter enriquecedor. Por iso, non aceptaremos comentarios ou enlaces como os seguintes:

  • Insultos ou ataques gratuitos, nin contra os colaboradores desta páxina nin contra outros comentaristas. Tampouco calqueira contido difamatorio ou contrario á lei. Todo se pode dicir con respecto, ata as discrepancias máis grandes. Esas sempre terán cabida; os berros, na eira.
  • As mensaxes de publicidade ou spam, así como os que revelen contido estrictamente privado e alleo sen consentimento (direccións de correo electrónico, teléfonos, direccións)
  • Os comentarios fora de tema ou repetitivos. É dicir, os que non teñan a máis mínima relación co tema proposto. Como todas as entradas de NF aceptan o teu punto de vista, todas teñen infinito espacio para seren comentadas. Se, polo contrario, tes algunha suxerencia sobre algún tema que non estea sendo tratado, podes utilizar o e-mail novafronteira [arroba] gmail.com. Está aberto ás túas propostas as 24 horas.

Aquí algúns que nunca borraremos salvo que incumplan as condicións anteriores:

  • Os comentarios que nos gusten, sexan políticamente incorrectos ou discrepen da maioría, sempre que se expresen con respecto e educación.
  • Os que se escriban na mesma entrada criticándoa ou diferindo do plantexamento, sempre que este se exprese con respecto e educación.
  • Os comentarios anónimos, sempre que non atenten contra a privacidade doutra persoa. Tamén estes deberanse escribir con respecto e educación.


¿Ves algo que se repita nos últimos tres puntos? Diso se trata. NF facémolo entre todos e o debate é unha das nosas razóns de ser. Coidémolo.

Bo Nadal

24 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Caixón de sastre, sobre a web Xa van 5 comentarios →

O equipo que facemos Nova Fronteira queremos desexarvos que pasedes unhas boas festas, tentando recuperar o espírito de esperanza do Nadal, co neno Xesús recén nacido.

Para os estudiantes son largas (aínda que algo haberá que estudiar), pero nós seguimos por aquí, por se queredes pasar o Nadal connosco, ou polo menos, esbozar un sorriso. Bo Nadal!

Unha experiencia de crecemento

23 Diciembre, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Caixón de sastre 1 persoa dixo algo→

Non todo o mundo vive o Nadal como a maioría de nós ou dos nosos amigos. Para moitas persoas dos cinco continentes, o Nadal non rompe a rutina na pobreza e a enfermidade. Pero moita xente, relixiosos, consagrados, viven con eles unhas festas distintas, tentando transmitir a esperanza do Neno recén nacido. Esta é a experiencia dun dos nosos máis asiduos colaboradores, durante dous periodos (Semana Santa e verán) que nos países desenvolvidos son análogos, por vacacionais, ós días que agora vivimos.

Jose Ramon LopezHai veces na vida que se ofrecen oportunidades que despois de vistas e experimentadas un dase conta que son postas ‘a pelo’ por Deus mesmo. É iso de ler a historia persoal de cada un a partires das experiencias da vida, das boas e das malas e observar que Deus estaba detráis amparándoas e iluminándoas.

Durante a Semana Santa deste ano e despois no mes de Xullo durante máis tempo, tiven a ocasión de convivir cos franciscanos da comunidade de Tánxer (Marrocos).

Ofrecéuseme vivir con eles unha Semana Santa nun pais musulmán que me pareceu moi rico e interesante, e despois durante o verán colaborar noutros campos máis amplos da pastoral que se levan a cabo alí.

Nunha primeira toma de contacto coñecín a moitas persoas que me foron introducindo noutras dimensións dentro do abano de actividades que se fan polas distintas comunidades relixiosas que traballan alí. Foi así como me acabei centrando en colaborar coas Misioneiras da Caridade (as da Madre Teresa de Calcuta).

Elas realizan un traballo ímprobo a favor das nais solteiras e dos nenos desas e doutras mulleres que son rexeitadas e afastadas do ámbito familiar. Ó mesmo tempo desempeñan unha laboura de coidado e educación dos nenos, e non tan nenos, que están abandoados nas rúas da cidade; tamén de persoas maiores, anciáns, que non teñen onde vivir nin morrer con dignidade.

Non podo pasar sen dicir que todo isto marca a un corazón mínimamente sensible, que é unha experiencia que fai relativizar problemas, situacións, crises, e outras circunstancias da vida ás que con demasiada frecuencia lles damos un valor central.

O ver a vida e a morte tan de preto e vividas con tanta naturalidade non deixan impasible a ninguén. A vida dun recén nado e a súa fraxilidade, e a morte no outro lado da porta; a vida dunhas nais que se sinten persoas de novo, e a morte da ancián que exhala o seu derradeiro alento. Aínda agora preséntanseme frescas as imaxes de toda esta xente e sobre todo a cara alegre dunhas relixiosas que entregan a vida ( e ata se xogan a mesma vida en moitos momentos) por aqueles que son a imaxe máis clarividente de Deus mesmo.

Só desexo que esta experiencia (que espero repetir próximamente) me axude a saber entregarme de igual xeito por aqueles que me precisan no aquí e no agora.

 

Os medios cambian, a esencia permanece

19 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Novas e medios Xa van 2 comentarios →

Os medios de Diocese cambian. E moito. A páxina web oficial acaba de estrear nova imaxe, e incorpora novidades, como son a escoita do último programa O Espello, presentado pola xornalista Pilar Lourido, que trata temas da actualidade diocesana.

Ademáis, a web diocesana segue a contar coas seccións habituais, como son Documentos do bispo ou publicacións.

Dentro da web da diocese alóxase unha remozada sección adicada ó Ano de San Rosendo que Monoñedo-Ferrol en colaboración co Bispado de Ourense desenvolven xa.