.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Abril, 2007

¡Resucitou!

08 Abril, 2007 Escrito por: Redacción NF Tema: Pascua Xove Xa van 461 comentarios →

Feliz Pascua de Resurrección a todos. En todas as parroquias da diocese (e do mundo), ven de se celebrar a Resurrección de Xesucristo, a razón de ser da Igrexa e de millóns de persoas en todo o mundo, o motor silencioso-ás veces estrondoso- que impulsa miles de proyectos, a esperanza para todos os que van máis alá.

En Mondoñedo, un grupo de rapaces celebrou a Pascua Xove, que este ano cumpliu 17 anos. Volvemos contar nesta ocasión con invitados da diocese de Oviedo, ademáis dos rapaces e rapazas de Mondoñedo-Ferrol que non quixeron deixar escapar este xeito único de pasar a Semana Santa. Agora chega o momento de emprender de novo camiño, pero cunha forza nova. Xa nada é igual.

Ti: ¿Como pasaches a Semana Santa?