.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Mayo, 2007

Oración de Taizé en Vilalba

14 Mayo, 2007 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Xa van 2 comentarios →

O próximo sábado día 19 ás 20.30h terá lugar na casa das Fillas de María Mediadora de Vilalba unha oración ao estilo de Taizé.

Está organizada por un grupo de xoves da diocese que teñen participado da experiencia desta comunidade ecuménica.

Todos aqueles que se queiran achegar, están invitados. Para máis información, podes mandar un e-mail a novafronteira@gmail.com indicando o teu nome e un número de teléfono.

¿Qué é Taizé?

Taizé é a localidade que á súa vez da nome a unha comunidade cristiá ecuménica, fundada en 1940 por Roger Schutz, coñecido como Irmán Roger.

Dende hai décadas, xóvenes de relixión cristiá e de todas as confesións (católica, luterana, ortodoxa…) danse cita nesta vila francesa, que acolle encontros internacionais todos os anos.

As oracións de Taizé son famosas polo seu estilo reposado, os seus cantos e sobre todo polo seu espírito ecuménico, é dicir, de unión de todos os cristiáns.

Podes coñecer máis sobre Taizé visitando a súa páxina web ou as esperiencias que rapaces da nosa diocese compartiron con nós tras un encontro promovido pola comunidade o ano pasado.

Música e testimonio

09 Mayo, 2007 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades, Música Xa van 6 comentarios →

Hai dúas semanas celebrouse en As Pontes o Festival da Canción Vocacional. Reproducimos a continuación unha crónica do que deu de si esa xornada festiva e musical:

Por decimosegundo ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita o sábado 21 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional.

O lema deste ano era: Colle o testigo!! En referencia a que a fe é algo que recibimos de tantos cristiáns que nos precederon, este ano recordamos de xeito especial a San Rosendo, e que, polo tanto, é algo que tamén debemos transmitir.

Ás dez da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes algo máis de 200 persoas.

Primeiro os rapaces, despois os maiores

Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría Xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar un pequeno concerto que nos ofreceron os irmáns Óscar e Javier Santiago Sanmartín, xa coñecidos por todos os asistentes.

No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación e un CD de Nico Montero, que era o artista invitado pero que a última hora non puido asistir. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes. O primeiro premio da categoría infantil foi para o grupo do Colexio Xesús Maestro de Ferrol, das Discípulas de Xesús, de Ferrol; e da categoría xuvenil levaron o primeiro premio o grupo “Tierra Prometida” de A Coruña.