“Sede auga”, lema da Pascua Xove 2008
Pode que xa teñas visto este cartel na túa parroquia. O equipo que cada ano organiza a Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol xa está a traballar para facer da semana do ano máis importante para un cristián unha experiencia única.
O lema escollido este ano é “Sede auga”, nun cartel que combina un chisqueiro cunha chamarada líquida. Segundo a propia organización, “o chisqueiro é o símbolo do lume por excelencia, de gran simbolismo na nosa celebración. A auga recolle moita da base do cristianismo xa que por ela entramos no bautismo”.
A Pascua invita abertamente a tódolos rapaces e rapazas de 15 anos en adiante a pasar eses días en comunidade, reflexión e celebración. ¿Qué pode esperar da Pascua alguén que nunca fora? A organización responde: “Esperar, ó mellor espera pouco. Ademáis, hai moitos prexuizos. O que está claro é que alí vaise atopar co que non espera: unha forma de vivir os momentos mais importantes para un cristian dunha maneira xove, emocionante e que se entende”.
O prezo polo material, aloxamento e comida os catro días é de 45¤, con axudas dispoñibles en caso de necesidade.
As inscricións pódense mandar directamente a pascuaxove [arroba] gmail.com ou por correo postal a: Asociación Pascua Xove. Seminario Menor de Sta Catalina. Praza do seminario, s/n 27740 Mondoñedo (Lugo). Todas as inscricións deberán incluir: nome completo, data de nacemento, enderezo postal e electrónico, teléfono e parroquia. Os menores de 18 anos precisan, asimesmo, unha autorización paterna firmada.
Dúbidas ou suxerencias, no seguinte teléfono:636010678.
Descarga o cartel a tamaño completo | Descarga o tríptico | A Pascua outros anos



