.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Mayo, 2008

Qué fas no verán?

23 Mayo, 2008 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Xa van 29 comentarios →

The image “http://farm2.static.flickr.com/1328/1022785347_8ee763ff86.jpg?v=0” cannot be displayed, because it contains errors.

Dende a Delegación de Infancia e Xuventude chéganos algunhas das actividades que terán lugar na nosa diocese durante o verán:

  • Encontro Gran de Mostaza (nenos)

data: 14 xuño
lugar: casa diocesana de Miño
horario: 11.30 h. a 18.00 h. aprox.
destinatarios: nen@s ata 12 anos.
información: nas parroquias e na secretaría de Dedinex (As Pedreiras 6. 27800 Vilalba. 982510406)

  • Campamento diocesán

data: 11-20 xullo
lugar: mosteiro Vilanova de Lourenzá (Lugo)
destinatarios: nenos e nenas nacidos entre 1992-99
información: nas parroquias ou campadiocesano@hotmail.com

  • Encontro Gran de Mostaza (adultos)

data: 12-14 setembro
lugar: casa diocesana de Miño
destinatarios:
animadores xóvenes: chegarían o día 12 ás 21.00h. ata o domingo.
rapaces de 16-18 anos: só o día 13 neste horario: 10.30 ata 18.00 h. aprox.

Estás convidado!

Ven ó Campamento Diocesán!

21 Mayo, 2008 Escrito por: Redacción NF Tema: Caixón de sastre Xa van 28 comentarios →

É unha das actividades estrela de cada verán. O Campamento Diocesán da nosa diocese espera xa as inscricións de todos aqueles nenos e nenas nacidos entre 1992 e 1999. Este ano celebrarase no fermoso mosteiro de Lourenzá entre o 11 e o 20 de xullo. O prezo da actividade é de 100 euros e a data tope para preinscribirse remata o 16 de xuño.

Se estás preparado para vivir na natureza, facer moitos amigos e compartir unha experiencia distinta con Xesucristo, non o dubides. Este é o teu lugar.

Deixámosche o tríptico para te inscribir (.doc). Se tes dúbidas, podes escribir a campadiocesano@hotmail.com ou chamar ó 636010678. Se o precisas, tamén podes falar co teu párroco ou catequista para recabar máis información sobre o campamento. Esperamos verte en Lourenzá!

Descarga o tríptico con toda a información (.doc)

Ser a voz da esperanza

19 Mayo, 2008 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Crónica de actividades, Música Ninguén dixo nada →

The image “http://web.novafronteira.org/fran.gif” cannot be displayed, because it contains errors.Por decimoterceiro ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita o sábado 26 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional.

O lema deste ano era: Pon voz á esperanza!!, entendido como unha chamada que Deus nos fai a ser a súa voz, a pronunciar sempre unha palabra de esperanza cristiá, a anunciar incansablemente a Boa Nova da Salvación, tendo en conta a última encíclica de Benedicto XVI (Spe Salvi).

Ás dez e media da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes unas 250 persoas.

Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil e o grupo gañador da categoría xuvenil do ano pasado, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar o concerto que nos ofreceu Nico Montero, cantautor cristián coñecido en toda España.

No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación, un trofeo e un CD de Nico Montero. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes, e por colaboradores da Delegación de Pastoral Vocacional entendidos en música. O primeiro premio da categoría infantil foi para o grupo do Colexio Xesús Maestro de Ferrol, das Discípulas de Xesús, de Ferrol. Na categoría xuvenil os tres grupos participantes decidiron que as súas actuacións non entrasen en concurso, compartindo as súas cancións pero evitando competir entre eles.