.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for Febrero, 2009

Un soplo de aire fresco…

26 Febrero, 2009 Escrito por: Redacción NF Tema: Caixón de sastre Xa van 3 comentarios →

O pasado luns 23, en pleno entroido, xuntábase na Casa de Exercicios de Santiago máis dun centenar de xoves, animadores, monitores,… de Galicia nun Encontro organizado pola Interdiocesana de Pastoral Xuvenil de Galicia.

O encontro estaba animado por Martín Valverde, a súa muller Elizabeth e Kiki, un músico arxentino que colabora con eles. Entre canción e canción, testemuños, xogos e moita música, foi pasando o día.

Esta experiencia foi semellante á vivida por quen se achegou ó Cine Salesianos en Vigo, ou ó Auditorio de Vimianzo, onde o cartel “Non hai entradas” tivo que ser colgado. Os concertos, longos e animados, foron un compartir música, vivencias, fe e sentimentos. Quen tamén puido compartir con eles todo iso, foron os presos do Centro Penitenciario de Teixeiro que tiveron a posibilidade de ver actuar a estes músicos, e incluso compartir con eles, xa que alí hai un grupo que anima as celebracións do cárcere, e que actuaron de “teloneros” de Martín Valverde e a súa banda.

Sen duda, foi un soplo de aire fresco

Martín Valverde en Galicia

07 Febrero, 2009 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Música Xa van 25 comentarios →

http://farm4.static.flickr.com/3385/3269428424_95e917ecf7_m.jpghttp://farm4.static.flickr.com/3453/3269428426_41460eeac2_m.jpg

A verdade é que non se ve moito o folleto informativo, polo que aquí vai o resto:

+ Concertos de Martín Valverde:
Venres, 20 febreiro: Cine Salesianos, de Vigo. 20.30 h.
Domingo, 22 febreiro: Auditorio de Vimianzo. 19.00 h.

As entradas pódense conseguir anticipadamente a través das Delegacións diocesanas de P. Xuvenil, na Librería “Egeria” de Santiago e na Librería Salesiana de Vigo.

+ Curso de Música: sábado, 21 febreiro no Centro Xoan Paulo II do Monte do Gozo en Santiago. 9.30 – 18.00 h.

+ Curso de formación para animadores, catequistas, xoves, monitores,…: 23 de febreiro, na Casa de Exercicios de Santiago. 10.30 – 19.30 h.

Para calquera consulta ou para apuntarse: dedinexmf@yahoo.es