Cando falamos dos xoves
Cando se fala dos xoves, sempre se provocan múltiples reacción e opinións encontradas: ou se está a favor de todo canto fan ou en contra dos mesmos. Sempre é así, pero quen di iso, quen opina? Normalmente, cando escoitamos estas voces, e buscámo-los rostros que as din, non son precisamente xoves; son persoas relacionadas con este mundo, pero persoas que peitean canas e tentan disimular algunhas arrugas.
Que din os xoves disto? Que opinan eles mesmos do que son e lles preocupa? Que teñen que decir a cantos os demonizan ou aplauden? Como se sitúan?
Este é o tema que plantexamos nesta entrega de Nova Fronteira. Queremos escoita-las voces máis xoves e que nos digan qué se lles pasa pola cabeza, qué é o que lles angustia e fai felices, que medos e inquedanzas hai neles… e que o fagan desde eles mesmos, tal e como son, coas súas luces e sombras, coas súas ambigüidades.



