A Eucaristía e os xoves
*Por Ana Barro, pedagoga
“La misa no me dice nada”, “Me aburro cada vez más”, “Siempre se lee lo mismo”, “El cura es un pesado, no hace más que enrollarse y decir cosas que no hay quién las entienda”… son frases que están na boca dos xoves e que repiten ata a saciedade domingo tras domingo ó rematar as súas catequeses “obrigados” a celebrar co resto da comunidade parroquial a eucaristía dominical.
Nun primeiro momento podes chegar a pensar que isto non é máis que un rasgo do seu inconformismo xuvenil por ser algo “imposto” dende varios frentes (pais, animadores, sacerdotes…); pero… parámonos a pensar cal é a razón de fondo?, que é o que os leva a pensar e opinar asi?, son frases feitas que empregan como “muletilla”?, é isto síntoma de que algo está a pasar?…
Ben é certo que cando xurde este tema con eles, saen a colacción frases como “Por ir a misa no voy a ser mejor persona”, “Conozco a gente que no viene a misa y es muy buena persona”… que hai detrás destas afirmacións?, non será que nós, adultos, temos algo que ver no asunto?, como afrontamos o tema con eles: usamos a “sen razón”, o “si porque si”, para zanxalo nos momentos de crispación e debate, ou pola contra collemos o “touro polos cornos”?…
Por outra parte, temos unha actitude totalmente diferente cando se trata de eucaristías celebradas para eles como remate dunha xornada de convivencia: nestas ocasións “non se aburren” e chegan a participar activamente nelas… Entón, se segue a ser unha Eucaristía, que é o que a fai diferente?, por que non teñen os mesmos sentimentos ca na eucaristía dominical?, eles son os mesmos, que é o que cambia?
Isto no é maís que un entonar un “mea culpa” na parte que nos toca como adultos, porque, quen nalgún momento da súa vida non saíu da eucaristía con “cara de poucos amigos”?, quen non despotricou contra o sacerdote cando na homilía dixo cousas que non consideraba acertadas?… en definitiva, quen non pensou o mesmo ca os xoves (coa diferencia de que como adultos non chegamos a verbalizar tódolos nosos pensamentos)?…“Quen estea libre de culpa tire a primeira pedra” di o Señor.



