A granxa animal
Hai libros que se poden considerar ‘fáciles’, pero que encerran grandes pensamentos e boas ensinanzas. Tal é o caso de A granxa animal, de George Orwell. Consiste nun conto case infantil, nun relato sinxelo e ameno da revolución que un grupo de animais protagoniza na súa granxa, rebelándose contra os abusos do granxeiro. Baixo consignas de igualdade, emprenden unha serie de divertidas accións para facerse co control da granxa e acadar unha vida máis digna.
Sen embargo, a revolución non tardará en dexenerar, e os ideais que a orixinaran comezan a se disolver baixo a raposeira manipulación dos procos, que moi rápido souberan asumir o mando. As súas mensaxes vánse facendo cada vez máis autoritarias e a súa manipulación máis evidente, ata chegar ó fantástico (e tamén grotesco) final da novela.
A granxa animal é unha obra curta (son cen páxinas escasas en case tódalas edicións) pero intensa, capaz de facer rir ós nenos á vez que nos fai pensar ós adultos, os auténticos destinatarios, poñéndonos fronte a unha fábula aceda que ataca directamente calquer tipo de totalitarismo e berra polo compromiso e a liberdade.
En resumo, unha boa escolla para calqueira momento do ano, e quizáis propicias para comezar con bo pé o curso.Unha opción que contrasta á vez que convence e que non ha defraudar a ninguén.
(A granxa animal, de George Orwell. É apta para tódalas idades.Entre outras, está editada en galego por Ed.Positivas, que ó igual ca outras editorias preferiu traducir o orixinal Aminal Farm como A revolta dos animais.)



