Abúrrome en misa
“Joer! tengo que ir a misa… Bah! la pesada de mi madre, qué voces para que me levante para ir a la parroquia. Sí, y ella, nada; tendrá cara la tía…”
Isto escoitábao non hai moito, falando cun grupo de rapaces que veñen á catequese da parroquia. Podería poñer outras moitas frases, pero poden valer para centra-lo tema: Abúrrome na misa.
Pedímoslle ós nosos colaboradores que opinaran sobre esta frase e todo o que hai detrás. Seguro que máis dunha vez, fixemos o mesmo comentario ou escoitámolo moi cerca: os cristiáns xúntanse cada domingo a celebrar a eucaristía. Moita da xente que acude é bastante maior, tamén nenos, pero rapaces… vense menos. Os caretos dos que acudimos non teñen desperdicio… por que? É aburrida a misa?
Aquí tes distintas opinións sobre o tema. Seguro que ti tes algo que dicir, algunha experiencia que compartir,… É por iso, polo que lanzamos este tema; gustarianos que contára-la túa experiencia, cómo te sintes, e que o fixeras desde a sinceridade.
Nesta ocasión contamos cun colaborador máis, Carlos Nieto, que desde Madrid envía a súa aportación. Gracias pola mesma, igual que gracias a cantos estades a facer connosco Nova Fronteira. Queremos escoita-la túa voz, así pode que ir á misa non sexa un aburrimento…



