Alcanzamos as 1000 visitas
NF chegou ás 1000 visitas en dez días. Así o confirma o noso contador, que tamén nos informa de que recibimos algunha visita do estranxeiro (Francia, Italia, México). Claro que iso non quere dicir que 1000 persoas distintas viran a web, senón que www.novafronteira.org mostrouse 1000 veces nos ordenadores dos nosos visitantes.
Ademáis, estamos recibindo mostras de apoio de moitas partes da diocese, e de fora dela, polo que queremos dar as gracias a todo o mundo que se interesa por este novo proxecto.
Tamén é de sinalar que algunhas webs nos incluiron na súa sección de enlaces, e mesmo nos recomendan. A todos eles, moitas gracias.
Por último, queremos invitarvos a que comentedes sen medo e con respeto no noso blog, en aquelas entradas que vos chamen a atención. Ademáis, se queredes colaborar ou información máis personalizada, non dubidedes en nos escribir. Saudos de todo o equipo de novafronteira.



