As tentacións de Cristo

“Axiña o encaminóu o Espírito ó deserto, alí permaneceu corenta días, alí o tentou Satanás; vivía entre as feras e servíanno os anxos. Cando prenderon a Xoán marchou Xesús a Galilea a nunciar a Boa Nova de Deus dicindo: – o tempo está cumprido, e cehgou o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova.” (Mc. 1,12-15)
Guido Pellegrino Viaro (1897-1971)
De orixe italiano, foi o artista moderno mais importante do Paraná. Desenvolveu o seu traballo artístico praticamente todo no Brasil, país que amaba profundamente.Diseñador, pintor, grabador, escultor e buscador constante. Responsable de introducir a pintura moderna no Paraná.
Viaroademáis de gran artistia, foi tamén un gran educador; pioneiro na ensinanza da arte para nenos que deu lugar á creación do Centro Xuvenil de Artes Plásticas en Curitiba.
Reflexión
Non debes vivir obsesionado pola tentación e o pecado. Desde que Cristo venceu no deserto, na súa vida, na cruz, toda tentación está vencida, e ti podes dominala…Contando coa Gracia de Cristo. Ti só non podes. Por iso debes orar. Xesús incluíu esta petición non Noso Pai. Para vencer a tentación, non durmas como Pedro en Xetsemaní, reza coma Xesús, e escoita a Palabra: o que está escrito e o que o Espírito irá escribindo no teu corazón.
A tentación en sí mesma, non é mala, Xesús tamén a sufríu e a sentíu. Da tentación podes tirar moito proveito. Aprender a coñecerte mellor, a ser máis humilde, maís realista, a ter máis prudencia e máis paciencia, a purificarte e a medrar, a ser máis comprensivo e máis compasivo, a confiar menos en ti e máis en Deus, a facer máis oración.
Traducido de “Como quién alza a un niño”. Cuaresma y Pascua. 2006. Cáritas. Páxs. 37-38.
Tentación; Óleo sobre papel, 1965



