Benedicto fala ó mundo do amor

“Hoxe en día, o término amor ven de converterse nun dos máis usados, e nun dos máis incorrectamente usados”. Son palabras da primeira encíclica de Benedicto XVI, feita pública hoxe, festa da conversión de Pablo. Unha encíclica é unha carta do Papa a tódolos cristiáns, con recomendacións, pensamentos, posturas acerca de temas actuais e tamén sobre as escrituras ou misterios teolóxicos. É o documento público máis importante que o Papa pode dirixir á Igrexa. Xoan Pablo II publicou máis dunha ducia no transcurso do seu pontificado.
A publicación deste documento ven rodeada dun retraso por mor da traducción, que por outra parte fixo que fora máis esperada, e por unha polémica sobre os dereitos de autor.
Máis alá da anécdota, a publicación da encíclica ten unha ampla repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo. “Deus é amor” é comentada en diarios españois xeneralistas, que destacan as palabras do Sumo Pontífice, por exemplo no que respecta á caridade:
“Pese ós grandes avances realizados nos campos da ciencia e a tecnoloxía, cada día vemos cánto sufrimento hai no mundo pola pobreza espiritual e material. A nosa época obriga a estar preparados de novo para axudar ós nosos veciños necesitados”
Fai tamén unha reflexión sobre o significado do amor nunha parella:
“o [significado] do amor entre un home e unha muller no que alma e corpo se unen inseparablemente e os seres humanos perciben unha irresistible promesa de felicidade”
Para Benedicto XVI, a expresión máxima do amor é a “donación” de Xesús na cruz, a morte polos demáis:
«É alí, na cruz, onde pode contemplarse esta verdade. E a partires de alí débese definir agora qué é o amor. E, desde esa mirada, o cristián encontra a orientación do seu vivir e do seu amar»
A caridade debe ser entendida, segundo Benedicto, dende a individualidade, a parella, e tamén dende a Igrexa. Para que esta manteña a caridade cristiá, o Papa fala da necesidade de:
“…basearse na experiencia dun encontro persoal con Cristo, xa que o seu amor tocou o corazón do crente suscitando nel o amor polo próximo.
[...]debe ser independente de partidos e ideoloxías. O programa do cristián é un corazón que ve. Este corazón ve onde hai necesidade de amor e actúa en modo consecuente”.
Entre outros moitos consellos, o sucesor de Pedro propón a oración como elemento imprescindible no camiño cara a caridade ben entendida, e reflexiona sobre a súa utilidade:
“Quen reza non perde o seu tempo, incluso se a situación semella impulsar únicamente a acción, non pretende cambiar ou correxir os plans de Deus, senón que trata- baixo o exemplo de María e os Santos- de buscar en Deus a luz e a forza do amor que vence toda oscuridad e egoísmo presente no mundo”
Xa hai quen a valora (un bispo, por exemplo), e en NF tentaremos analizar e debatir sobre esta encíclica, da man dos nosos colaboradores.
Ata o de agora, miles de cristiáns de toda condición en todo o mundo comezan a ler as páxinas da encíclica. Páxinas do pensamento de Benedicto XVI, que fai público o seu primeiro gran documento para servir de guía, axuda, e orientación dos cristiáns do século XXI.
Descargar a encíclica “Deus caritas est” (castelán)| PDF | DOC (Word)|



