Bruno e os malos tratos
Bruno é un rapaz inquedo, o que lle gusta ser influinte entre os seus amigos. A pesares dos riscos que, ainda sen ser capaz de concretar, intuía; decidiu alardear da súa pretendida independencia diante deles acendendo un pitillo dun paquete que, con aires de suficiencia, sacou do bolsillo do pantalón. O paquete colleullo ó seu pai cando o tirou baleiro e, nel, foi metendo pouco e pouco, os que lle puido ir birlando sen que se dese conta.
Aínda que este feito lle supuxo inquedanza e algún risco, máis fascinación sentíu ante o canuto dunhas herbas aromáticas que se puxo a liar un dos seus amigos, quen con sonriso de arrogancia e superioridade, díxolle:
-Isto sí que mola, tío. ¡Algún día terás que probalo!.
-Se che dou o paquete de pitillos que levo no bolsillo, dasme un dos teus?- díxolle Bruno.
-¡Que dis tio!. Como moito, unha calada… se te atreves.
-¿E se che dou tamén a calculadora?- engadíu Bruno.
-¿Para qué preciso eu unha calculadora, se da escola paso?. Douche duas caladas e, máis adiante, ó mellor, véndochos.
Non puiden escoitar o tempo suficiente para saber cómo acabou a cousa pero, para min que Bruno, con tan só doce anos, anda medido en malos tratos.



