Cambiemos de aires
Para variar un pouco nas nosas leituras, de cando en vez convén submerxirse no mundo da poesia, que nos permite desfrutar de pezas curtas, intensas e de gran beleza. Unha boa maneira é acudir á obra de Mario Benedetti, por exemplo con unha antoloxia dos seus mellores poemas.
A sua poesia mistura a perfeizón formal dunhas veces co rexistro máis coloquial de outras, alternando tamén medidas da tradición con outras novidosas para acadar sempre un resultado de grande fermosura. Non pensedes que se precisa ser un entendido para desfrutar con ela.
Esa é, precisamente, parte da sua xenialidade: sinxelos ou non, todos os seus poemas entran na nosa mente e nos resultan agradábeis, mesmo non sabendo dicer por que. Tal era o seu empeño en que isto acontecese que chegou a compor alguns para que fosen cantados e asi se divulgasen mellor.
No que se refere á temática, aparte de apareceren os pensamentos habituais na poesia intimista (o amor, a soidade etc) tamén aparece como constante a realidade social que o envolve nos distintos momentos da sua vida e que sempre se sentiu levado a contar.
Deste xeito, o conxunto da sua obra pinta un cadro que mistura a situación de América latina no século pasado coa sua percepción dos sentimentos máis profundos dos ser humano. Os temas de reflexión, polo tanto, son múltiples.
Resumindo, unha boa maneira de cambiar de leituras e mesmo de se iniciar no mundo abraiante da poesia.
Antología poética, de Mario Benedetti | Existen varias e pódense considerar válidas case todas. Especialmente ampla a de Alianza Editorial, que presenta unha recopilación de poemas feita polo propio autor con prólogo de J.M. Caballero Bonald. | Prezo: 7 euros.



