Campamento C: O esencial é invisible ós ollos
Non se ve ben se non é co corazón…Así podemos resumir o que foron estes 10 días de campamento C. Era fácil, era xente coñecida, boa xente, diría que moi boa xente, ademáis rapaces con anos de experiencia como acampados, sabían o que había que facer sempre, son persoas responsable, alegre divertida…¡¡¡que máis podíamos pedir os monitores!!!
O campamento C foi un pouco distinto, deixamos atrás Lourenza (non sen certa morriña…) e pasamos 5 días en Mondoñedo: alí o campamento marchou moi ben, nós diciamos que era un campamento “para medrar”, e penso que o conseguimos…Penso que todos rematamos o campamento cunha riqueza dentro que nos vai axudar a medrar ó longo deste ano.
Aprendimos que non é fácil ser persoa pero que é unha viaxe apaixoante, aprendimos que non merece a pena a viaxe se con nós non viaxan aqueles que queremos: a familia, os amigos.
Aprendimos que é importante ser persoa para os demáis, porque o mundo no que vivimos con toda a súa fermosura tamén está cheo de traxedias que podemos e debemos remediar…Ou alomenos intentalo.
Aprendimos o importante que é “crear lazos”, e o importantes que son os ritos nas relacións entre a persoas, porque somente se pode amar aquilo que se “domestica”, e só se pode dar a vida por aquilo que se ama.
E todo isto fumos aprendendo nestes 10 días, da man dun neno doutro “planeta”, un rapaz alegre que descubríu na súa visita á terra que tiña unha responsabilidade á que debía atender, “era responsable da súa rosa”, e volveu ó seu planeta a coidar dela.
O Principiño, así se chamaba o neno, axudounos tamén a descubrir que Xesús de Nazaret foi unha persoa capaz de dar a vida polas suas “rosas” e tamén que nós somos parte desa gran roseira.
Non vos parece que son moitas as cousas que aprendimos? Que son moitas as cousas que nos van axudar a “medrar”?
E sabedes o mellor? Pois que todo isto fumos aprendoo ó longo dos días e no medio de todo iso, fumos andando de Lourenzá a Mondoñedo e de Mondoñedo a Lourenzá, fumos á piscina, e á praia, e tamén a Cerceda ó aquapark, fixemos talleres, xogamos moito e divertímonos moito…Cantos recordos, non?
Xa non sigo, realmente este foi para mín un campamento xenial e quero darvos as gracias a todos por facelo así. Foi moi bonito vervos disfrutar tanto nestes días.
Realmente pagou a pena o esforzo. O esencial é invisible, lembrades? Por iso irémolo descubrindo ó longo do tempo, pouco a pouco, en cada cousa, en cada persoa. Todo o que fumos aprendendo xuntos está dentro de nós porque non se ve ben se non é co corazón. Bicos a todos.



